29/4/16

Hora do conto: de 4 a 6 de maio

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-23314.pdf
Todas as sesións celebraránse ás 18:30
Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 4 de maio
Para nenas-os de 1 a 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338)
CONTACONTOS: Pavís Pavós
TÍTULO: “Palma repalma”

Biblioteca Central “Rialeda”. Perillo
Xoves 5 de maio
Para nenas-os de 5 a 10 anos
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULO: “Atopando soños: contos para homenaxear as Letras Galegas”

Biblioteca Pública Municipal “Mª José Trincado”. Mera
Venres 6 de maio
Para nenas-os de 1 a 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507)
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULO: “O cuco cuqueiro”

Máis información das nosas actividades, programas, documentación, publicacións, etc., na nosa web http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas, o blog das Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros http://bibliotecasoleiros.blogspot.com e en twitter @bibloleiros

Tertulia literaria en Rialeda: 4 maio 2016 (Grupo B)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-23862.pdfNa Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comentario de obras poéticas de Manuel María, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2016.

Nesta sesión contaremos coa presenza da profesora e catedrática de lingua e literatura galega Rosa García Vilariño.
Documentación
Obras de Manuel María nas bibliotecas da RBG

A seguinte obra programada é "Un paraíso inalcanzable" de John Mortimer.

Tertulia literaria en Santa Cruz: 2 maio 2016

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.elcultural.es/noticias/letras/Yann-Martel-Nunca-pense-que-La-vida-de-Pi-iba-a-llegar-tan-lejos/4115Na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"
Hora: 18 a 20 h.

Comentario da obra "La vida de Pi" de Yann Martel.

A seguinte obra programada é "Salir a robar caballos" de Per Petterson.

Recomendacións en Radioleiros: 29 abril 2016

http://www.ipernity.com/doc/284673/41833850/in/album/863040
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=809144- Infantil (de 6 anos en adiante):

Un barco no ceo, de Quentin Blake
Kalandraka

Un proxecto colectivo entre Blake e varios milleiros de nenos sobre a discriminación, o traballo infantil, a contaminación, a pobreza, etc. nunha experiencia no que o ilustrador, debuxante e escritor británico demostra de novo o seu talento. Gran valor estético e de contido.

- Mozos/as e adultos/as:

http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=ti&q=biblioteca+verano&idx=au%2Cwrdl&q=bremer&idx=kw&q=&do=Busqueda&limit-yr=&limit=&limit=&multibranchlimit=&sort_by=relevanceUna biblioteca de verano, de Mary Ann Clark Bremer
Periférica

Unha muller norteamericana debe reconstruir unha biblioteca francesa tras a II Guerra Mundial. O seu amor polos libros xunto coa experiencia humana, lévanos por un relato autobiográfico e social da Europa daquel tempo. Pequenos textos que conforman unha obra de alta calidade da man de Rabelais, Rimbaud e outros escritores e escritoras.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

26/4/16

27 abril 2016: Presentación do libro "Una casa en Amargura" de Elisa Vázquez de Gey

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122559&name=DLFE-23466.pdf
Ás 19 h.

Encontro literario coa escritora Elisa Vázquez de Gey, que presentará o seu libro "Una casa en Amargura". Tamén intervirá a xornalista Cecilia Monllor.

"La Habana, 1882. Unha muller, convertida en escrava, loita por recuperar as súas raíces perdidas.
A moza Dulce emprende a busca das dúas fillas roubadas a Misterio, a súa serventa e antiga escrava, co obxectivo de levar a cabo a última vontade desta antes de morrer. "

Co fondo da Habana colonial, a obra achéganos ao sistema escravista, ás relacións sociais que del se desprenden e coñecer a introdución de galegos en condicións de escravos.

Entrada libre ata completar aforo.

Tertulia literaria en Rialeda: 27 abril 2016 (Grupo A)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-23833.pdfNa Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19 h.

Comentario de "La buena reputación" de Ignacio Martínez de Pisón.
Documentación

A seguinte proposta consistirá na entrega de obras poéticas de Manuel María, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2016.