11/11/16

Ler conta moito e actividades infantís: de 14 a 18 de novembro 2016

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-24837.pdf
Todas as sesións se celebrarán ás 18:30 agás a actividade OBRADOIRO DE ENCADERNACIÓN “Scrapbooking” que terá un horario de 17:30 a 19:30!!!

Biblioteca Pública Municipal “Mª José Ruso”. Dorneda
Luns 14 de novembro
Para nenas-os de 1 a 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638)
CONTACONTOS: Charo Pita
TÍTULO: “Contos de ida e volta”

Biblioteca Pública Municipal “Manuel María”. Oleiros
Martes 15 de novembro
Para nenas-os de 3 a 10 anos
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULO: “Contos para cambiar o conto: contos de igualdade”

Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 16 de novembro
Para nenas-os maiores de 8 anos
(imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338)      
MONITORADO: Virginia Romera, escritora e Patricia Saavedra, ilustradora
ACTIVIDADE: Taller de conto “Creo a miña propia aventura abisal” e presentación do libro “Mundo abisal”

Biblioteca Central “Rialeda”. Perillo
Xoves 17 de novembro
Para nenas-os de 5 a 10 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511)      
MONITORADO: Mirari Urruzola
ACTIVIDADE: “Obradoiro de ilustración Ñam!”

Biblioteca Pública Municipal “Xograr Mendiño”. Lorbé
Xoves 17 de novembro
Para nenas-os maiores de 7 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 618 201)      
MONITORADO: Sonia Ojea
ACTIVIDADE: “Obradoiro de encadernación “Scrapbooking”

Biblioteca Pública Municipal “Ánxel Fole”. Nós
Venres 18 de novembro
Para nenas-os de 5 a 10 anos
CONTACONTOS: Compañía Trinke Trinke
TÍTULO: “Viaxe a África”

Algúns destes actos están incluídos no programa
http://rbgalicia.xunta.es/ler-conta-moito/da Rede de Bibliotecas de Galicia

Recomendacións en Radioleiros: 11 novembro 2016

http://www.ipernity.com/doc/284673/43830542/in/album/863040
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=&q=pantufla+celia+concha+blanco&branch_group_limit=- Infantil (menos de 6 anos):

A pantufla de Celia, de Concha Blanco e ilustrado por Dani Padrón
Hércules de Edicións

No andel dunha tenda vive unha pantufla con forma de vaca. Celia namórase dela e quere comprala mais hai un problema: a pantufla ten parella e véndense por xunto. Será Celia capaz de dar cunha solución?


http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1217965&query_desc=kw%2Cwrdl%3A%20huida%20en%20francia%20soma- Mozos/as e adultos/as:

Huida en Francia: un relato novelado, de Soma Morgenstern
Pre-Textos

A anexión de Austria por Alemaña (1938) fai que Soma Morgenstern (Galitzia Oriental, 1890-Nova York, 1976) fuxa a París. Tempo despois é internado en varios campos franceses e logra chegar a Nova York a través de Casabranca e Lisboa.

Un relato autobiográfico, humano e político dunha experiencia traumática que o acompañaría toda a súa vida.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas

10/11/16

As Bibliotecas Municipais de Oleiros, premiadas un ano máis na Campaña de animación á lectura María Moliner

http://www.mecd.gob.es/cultura-mecd/dms/mecd/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/general/cultura/202093/ficha/202093-2016/Anexo-I.pdf
O proxecto de promoción da lectura titulado “De libros e ilusións” foi un dos seleccionados polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e a FEMP na Campaña de animación á lectura María Moliner dirixida a bibliotecas de concellos de menos de 50.000 habitantes. 

Neste proxecto descríbense as actividades de fomento da lectura realizadas ao longo deste ano nas bibliotecas oleirenses. Para esta escolla tívose en conta a claridade e o interese do proxecto, a boa planificación, a viabilidade, a orixinalidade, así como a eficiencia no traballo bibliotecario, a integración social na comunidade e a inmersión nas novas tecnoloxías. 

De todo o Estado Español presentáronse 605 proxectos, dos que foron seleccionados os 300 mellores, nos que hai 22 de bibliotecas de Galicia e entre elas, un ano máis, está o noso. O premio será un lote de 150 libros infantís e xuvenís.


7/11/16

Presentación do libro “A violencia dun sorriso” por Implicadas no Desenvolvemento: 9 de novembro en Rialeda


 http://www.implicadas.net/
Na  Biblioteca Central Rialeda en Perillo, o  mércores 9 de novembro, ás 20 h., Implicadas no Desenvolvemento presentará a obra “A violencia dun sorriso”.
Unha antoloxía de poemas da autora támil Thamizhachi Tangapandian,
publicada nunha edición bilingüe támil-galego, na que tamén figuran poesías de autoras galegas.
O grupo teatral A Panadaría presentará un recital inspirado nos poemas presentes neste libro.

T. Sumathy coñecida no mundo literario como Thamizhachi Thangapandian é licenciada en filoloxía inglesa con especialidade en literatura inglesa polo Thiagarajar Arts College de Madurai, en Támil Nadu, un estado da India no que viven máis de sesenta millóns de persoas. Entre o 1996 e o 2008 traballou como docente no Queen Mary’s college de Chennai. Como investigadora, en 2004, recibiu unha bolsa do AIC (Australia India Council) e doutorouse pola University of Madras en 2010.
Ademais de ser unha poeta de gran recoñecemento en lingua támil, as súas áreas de interese inclúen as literaturas poscoloniais, en particular de Sri Lanka e de Australia; literaturas da diáspora (en concreto da diáspora támil de Sri Lanka), a tradución crítica e as artes escénicas (o teatro támil). Publicou unhas doce obras en támil e unha en inglés. Neste momento dedícase á escrita e á interpretación.
A autora támil non é só unha das voces máis prestixiosas da escrita poética en lingua támil,

http://www.thamizhachithangapandian.com/
senón tamén unha traballadora incansable a prol da palabra das mulleres. Thamizhachi ten colaborado con Implicadas nos seus programas de cooperación ao desenvolvemento en Támil Nadu.

Implicadas no Desenvolvemento traballa desde hai 18 anos a prol da erradicación da pobreza nas comunidades máis afectadas por ela e, máis en concreto, co grupo das mulleres a través da eliminación das estruturas de opresión Norte ‐ Sur e de xénero e a contribución a unha vida digna para todas as persoas nun exercicio de co-responsabilidade entre Galicia e as sociedades civís do Sur.
Implicadas entende a cooperación ao desenvolvemento como un intercambio coas comunidades coas que traballa, que enriquece as dúas partes e que pretende, desde a igualdade e o entendemento, conseguir un cambio a nivel global nos ámbitos do xénero, a sanidade, a educación, os dereitos humanos, a economía e todos os factores que compoñen o desenvolvemento humano perdurable. Por este motivo, traballan na procura dunha conciencia social critica materializada na implicación da sociedade coas problemáticas identificadas pola organización.

Tertulia literaria en Rialeda: 9 novembro 2016 (Grupo A)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-25111.pdfBiblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
17,30 a 19,30 h.

Comentario de "Tantos días felices" de Laurie Colwin
Documentación

A seguinte obra programada é "Adiós, Hemingway" de Leonardo Padura

Ler conta moito e actividades infantís: de 9 a 11 de novembro 2016

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-24837.pdf
Todas as sesións se celebrarán ás 18:30 agás a actividade OBRADOIRO DE ENCADERNACIÓN “Scrapbooking” que terá un horario de 17:30 a 19:30!!!
Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 9 de novembro
Para nenas-os maiores de 7 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338)
MONITORADO: Sonia Ojea
ACTIVIDADE: “Obradoiro de encadernación “Scrapbooking”

Biblioteca Central “Rialeda”. Perillo
Xoves 10 de novembro
Para nenas-os de 1 a 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511)
CONTACONTOS: Charo Pita
TÍTULO: “Conto, reconto e tiro unha historia”

Biblioteca Pública Municipal “Mª José Trincado”. Mera
Venres 11 de novembro
Para nenas-os de 1 a 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507)
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “Que é iso?”

Algúns destes actos están incluídos no programa
http://rbgalicia.xunta.es/ler-conta-moito/da Rede de Bibliotecas de Galicia
Máis información das nosas actividades, programas, documentación, publicacións, etc., na nosa web http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas, o blog das Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros e en twitter @bibloleiros

Tertulia literaria en Santa Cruz: 7 novembro 2016

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.librosdelasteroide.com/-mortimer-johnNa Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"
Hora: 18 a 19,30 h.

Comentario de "Un paraíso inalcanzable" de John Mortimer

A seguinte obra programada é "El lector" de Bernhard Schlink