- Xuvenil:
"O único que queda é o amor" de Agustín Fernández Paz. Ilustracións de Pablo Auladell, en Xerais.
Premio Nacional de literatura infantil e xuvenil no ano 2008
Debido a que o 12 de xullo nos deixou o querido escritor Agustín Fernández Paz desexamos volver a recomendar unha obra del, que xa hai anos presentaramos neste espazo.
Agustín Fernández Paz foi un dos escritores máis recoñecidos da literatura galega, máis lidos e máis estimados polos lectores e lectoras e que deixa unha obra literaria fundamental. Podemos dicir que foi unha das persoas máis importantes da cultura galega da actualidade e un dos mellores escritores universais de literatura infantil e xuvenil destes últimos anos, e que esta calidade literaria tamén vai unida a unha gran calidade humana.
Un referente ético para todos/as, unha persoa que sempre defendeu a lingua galega, fomentou a lectura e destacou o seu compromiso polo ensino público.
"O único que queda e ó amor" é un libro de relatos, que fala de amor e de lectura, onde os personaxes se namoran e descobren que o amor é un sentimento poderosísimo, capaz de transformalos por enteiro e facerlles a vida doutro xeito. Mais tamén experimentan as amarguras do desamor, da ausencia ou dos amores rotos. O amor en todas as súas variantes: desde o primeiro amor adolescente ata o que se mantén máis alá da morte. Aínda sabendo isto, as persoas sempre buscamos na nosa vida ese sentimento tan necesario como o aire que respiramos.
Esta obra fala do amor e desamor. Fala de todas as facetas do amor, pero predomina o desamor. Segundo di o autor, predomina o desamor porque é algo que acontece sempre. O desamor chega cando quedamos baleiros de amor por culpa do azar, dunha decisión ou da morte. Aínda que parece o amor o tema principal da obra, o autor quería que fose a lectura e a importancia dos libros en nós.
Agustín é un home que amou a literatura e o cine e que cría que as palabras posúen a forza necesaria para cambiar o mundo e pensaba que os libros son imprescindibles para axudarnos a soñar e vivir. Este libro é unha homenaxe do autor á lectura e á excelencia da escritura di que "as nosas primeiras lecturas deixan nas persoas un pouso que dura para toda a vida". O autor cita a Balzac, que dicía “nunha hora de amor hai unha vida enteira”.
Unha obra excelente, un libro importante que permite anchear os límites da nosa narrativa, tanto para desfrutar coa súa lectura, como para coñecer novos autores ou autoras e novas obras.
Recomendámolo para adolescentes, a partir de 12 anos aproximadamente, pero tamén para mozos/as e adultos/as. Unha delicia a súa lectura.
E na vida o único que queda é o amor.
Prezado Agustín, sempre te teremos nos nosos corazóns.

- Mozas-os e adultas-os:
"O último día de Terranova" de Manuel Rivas, editado por Xerais.
Outro dos escritores fundamentais da literatura galega actual é Manuel Rivas e como aínda non recomendaramos a súa obra "O último día de Terranova" non queríamos deixar de facelo para animar a súa lectura nestes meses de verán.
O último día de Terranova fálanos da libraría Terranova que está a punto de pechar a causa

da cobiza de especuladores inmobiliarios. Estamos no ano 2014. A libraría ten máis de sesenta anos de existencia e sempre foi un territorio de liberdade durante o franquismo, un refuxio para disidentes, perseguidos, libros descoñecidos ou prohibidos. Primeiro rexentárona Amaro e Comba, despois Eliseo e actualmente Vicenzo Fontana, quen coñeceu en Madrid a Garúa, unha moza arxentina, coa que regresa a Terranova e que transformará a vida da libraría en tempos da Transición democrática. Cando se pon en marcha o proceso de desafiuzamento e tenta facer fronte á especulación, revive a súa historia e a da libraría.
Coa sensibilidade que caracteriza a este autor, creou un texto fermoso e conmovedor co que tamén nos suxire outras obras literarias ás que nos podemos achegar.
Na Primeira Gala do Libro Galego, que tivo lugar o 14 de maio deste ano, organizada polas Asociacións de Escritores, de Libreiros e de Editores de Galicia, recibiu o premio á mellor obra de narrativa “pola súa complexa arquitectura, esixente, que recoñece o labor de libreiras e libreiros a través dun percorrido emocionante”.
Como nos di a propia editorial “a libraría Terranova converterase para quen entre nela nun lugar inesquecíbel”.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario