10/3/23
Hora do conto: 13 a 16 de marzo 2023
Actividades de promoción da lectura: 13 a 17 de marzo 2023
Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 13 a 17 de marzo:
Na Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Luns 13 de marzo:
- 10:20 e 12:05 alumnas-os de 1º de ESO do IES Miraflores (Oleiros) .
"Ilustrando en verso" con Quique.
Martes 14 de marzo:
- 10:20 e 12:05 alumnas-os de 1º de ESO do IES Miraflores (Oleiros) .
"Ilustrando en verso" con Quique.
Xoves 16 de marzo:
- 10:00 alumnas-os de 5º e 6º de EI do Colegio Hijas de Cristo Rey (Oleiros).
"Pipo, o paxaro que non sabía voar" con Trémola Teatro.
Venres 17 de marzo:
- 10:00 e 11:15 alumnas-os de 5º e 6º de EI do Colegio Hijas de Cristo Rey (Oleiros).
"Pipo, o paxaro que non sabía voar" con Trémola Teatro.
Na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Martes 14 de marzo:
- 10:00 alumnas-os de 1º de EP e ás 11:45 alumnas-os de 2º de EP do CEIP Luís Seoane (Mera).
"Contando números, cantando cores" con Pablo Díaz.
Mércores 15 de marzo:
- 10:15 alumnas-os de 5º de EP do CEIP Luís Seoane (Mera).
"Avó" con Ramiro Neira.
Xoves 16 de marzo:
- 9:30 alumnas-os de 1º de EP do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz).
"As aventuras de Mariña" con Galeatro.
Na Biblioteca Manuel María (Oleiros)
Martes 14 de marzo:
- 10:15 e 11:45 alumnas-os de 2º de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Brinca vai" con Paco Nogueiras.
Mércores 15 de marzo:
- 10:15 alumnas-os de 1º de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Brinca vai" con Paco Nogueiras.
Xoves 16 de marzo:
- 10:15 e 11:30: alumnas-os de 4º de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Contando números, cantando cores" con Pablo Díaz.
Venres 17 de marzo:
- 10:15 alumnas-os de 4º de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Contando números, cantando cores" con Pablo Díaz.
Recomendacións en Radioleiros: 10 marzo 2023
Topito Terremoto, de Anna Llenas
Beascoa
Versión dixital en eBiblio
Como o seu nome indica, trátase dunha toupiña que non é quen de permanecer quieta, nin na casa, nin na escola, nin en ningures. Tanto é así que cada vez lle resulta máis difícil atopar alguén con quen xogar xa que os seus compañeiros e compañeiras escapan dela. Na casa, os seus pais tampouco saben como actuar. Así que deciden levala xunto á Maga do Bosque, especialista en terapias creativas para nenos e nenas difíciles. Anna Llenas intenta transmitir a mensaxe de que se cada quen atopa o que lle gusta e motiva e ten un entorno adecuado, poderá acadar as súas metas.
Las horas subterráneas, de Delphine de Vigan
Anagrama
Audiolibro en eBiblio
O tema que trata é un lapso de tempo na vida de dúas persoas aparentemente moi distintas pero que comparten o mesmo sentimento de illamento social. Por un lado, Mathilde, viúva con 3 fillos, unha valorada e respetada directora de márketing dunha empresa que sen saber o motivo, empeza a sufrir acoso laboral e a ser absolutamente ninguneada por todo o departamento, pero sobre todo polo seu xefe inmediato.Por outro lado, Thibault, un médico de urxencias a domicilio que pasa o día soportando o caos da enorme cidade de Paris. Dúas vidas que Vigan nos narra cun estilo fluído, sen caer en sensiblería.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
6/3/23
Conmemoración do Día da Muller: A favor da igualdade nas Bibliotecas Municipais de Oleiros
Conmemoración do Día da Muller: A favor da igualdade nas Bibliotecas Municipais de Oleiros.
En todas as bibliotecas municipais realizaranse exposicións de fondos bibliográficos (libros, DVD, CD) relacionados coa muller:
-Sobre feminismo, seleccionando libros para abordar a temática da igualdade de xénero.
-Sobre mulleres que destacaron como científicas, escritoras, no mundo da arte, na música, no cine, no deporte, na política e noutras temáticas.
-Obras literarias, tanto para público infantil-xuvenil como para adultos/as, escritas por mulleres.
En cada biblioteca haberá unha exposición distinta.
ACTIVIDADES PARA PÚBLICO INFANTIL
A HORA DO CONTO
Todas as sesións serán ás 18:30 h.
7 de marzo: A BIBLIOTECA QUE VIAXABA POLO TEMPO a cargo de Olga Abad na Biblioteca Manuel María (Oleiros). Para nenas e nenos de 2 a 5 anos.
8 de marzo: A VIAXE DE MARUXIÑA a cargo de Olga Abad na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz). Para nenas e nenos a partir de 6 anos.
9 de marzo: PRINCESOS E PRINCIPETAS a cargo de Raquel Galavís na Biblioteca Central Rialeda (Perillo). Para nenas e nenos a partir de 6 anos.
9 de marzo: BRAVAS a cargo de Ramiro Neira en Biblioteca Xograr Mendiño (Lorbé). Para nenas e nenos de 2 a 5 anos.
10 de marzo: A RODA DAS TRES DONAS a cargo de Charo Pita na Biblioteca Mª José Trincado (Mera). Para nenas e nenos de 2 a 5 anos.
10 de marzo: O NENO QUE NON QUERÍA SER AZUL E A NENA QUE NON QUERÍA SER ROSA a cargo de Proyecto Bululú en Biblioteca Ánxel Fole (Nós). Para nenas e nenos de 2 a 5 anos.
13 de marzo: ANIMAIS ARTISTAS E OUTRAS COUSIÑAS a cargo de Iván Davila na Biblioteca Mª José Ruso (Dorneda). Para nenas e nenos a partir de 6 anos.
ACTIVIDADES PLÁSTICAS E MANUAIS
Desde o día 6 ao 10 de marzo, na Biblioteca Municipal Ánxel Fole (Nós) realizaranse diversas actividades plásticas e manuais para nenas e nenos a través de recortables de imaxes e resumos das biografías de varias mulleres que destacaron ao longo da historia.
Desde o día 6 ao 10 de marzo, na Biblioteca Municipal Xograr Mendiño (Lorbé) realizaranse diversas actividades plásticas e manuais para nenas e nenos, baixo o título: Mulleres: Imaxes de mulleres ilustres cunha pequena descrición biográfica.
ACTIVIDADES PARA MOCIDADE E PÚBLICO ADULTO
Actuación musical: GIRLS JUST WANNA HAVE FUN a cargo do dúo Lesuiteband, formado por Marian Ledesma (voz) e Sofía Canedo (piano/coros)
No Teatro As Torres (Santa Cruz), martes 14 de marzo, ás 20:00 h.
Neste concerto presentaran un repertorio de diferentes artistas importantes na historia da música pop, especialmente pensado na muller como protagonista, como: Cyndi Lauper, Donna Summer, Bonnie Tyler, Gloria Gaynor, Kim Carnes, Patti Smith, Tina Turner, Sinéad O'Connor, Alanis Morissette, Amy Winehouse ou Christina Aguilera, todas elas grandes figuras da música.
Algunhas das cancións que interpretarán son: Girls just want to have fun que alcanzou fama como himno feminista, Bad girls, Hot stuff, It's a heartache, I will survive, Bette David eyes, Because the night, What you get is what you see, Nothing compares to you, Ironic, Back to black , Beautiful, etc.
CLUBS DE LECTURA
Están lendo as seguintes obras:
Bibioteca Central Rialeda. Perillo
GRUPO A: El cuento de la criada de Margaret Atwood
GRUPO B: Espejo roto de Mercé Rodoreda
Biblioteca Municipal Rosalía de Castro. Santa Cruz
GRUPO A: Americanah de Chimamanda Ngozi Adichie
GRUPO B: La isla de las mujeres del mar de Lisa See
Biblioteca Municipal Mª José Trincado. Mera
Infamia de Ledicia Costas
Tertulia literaria en Rialeda: mércores 8 marzo 2023 (Grupo A)
17:30 a 19:30 h. (2º andar)
Comentario de "El cuento de la criada" de Margaret Atwood
Documentación
Seguinte lectura: "Arenas movedizas" de Nella Larsen
Tertulia literaria en Santa Cruz: martes 7 marzo 2023 (Grupo B)
"Rosalía de Castro"
17:30 a 19 h.
Comentario de "La isla de las mujeres del mar" de Lisa See
Documentación
Seguinte lectura: "Hamnet" de Maggie O'Farrell