7/5/21

Hora do conto: 12 a 14 de maio 2021 #bibliotecasegura #culturasegura

Contacontos para nenas e nenos a partir de 6 anos!!!
Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza. Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das contadas. 
Todas as sesións serán ás 18:30 h. e realizaranse presencialmente na biblioteca correspondente. Poderán verse en Youtube a través do blog das bibliotecas e da web municipal a partir do día seguinte do contacontos presencial (as sesións celebradas os venres poderán verse a partir do luns) e durante 48 horas.

Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Mércores 12 de maio
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338
CONTACONTOS: Carmen Domech
TÍTULO: “Contos de libros contentos”

Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Xoves 13 de maio
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511
CONTACONTOS: Lía Magalia
TÍTULO: “Contos de animais”

Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole (Nós)
Venres 14 de maio
AVISO IMPORTANTE: Este contacontos será só audiovisual!!!
CONTACONTOS: Ana Carreira
TÍTULO: “Eu non quero"                                                     

AVISO

Atendendo á razón de interese esencial no ámbito específico da saúde pública e coa finalidade do seguimento e vixilancia epidemiolóxica do COVID-19, será necesario notificar os datos persoais das/dos participantes ao persoal da biblioteca que coordine a organización do evento.

Hora do conto na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) 06/05/2021

Gravación do espectáculo “Contos de primavera” que puidemos ver na sesión da Hora do conto da Biblioteca Central Rialeda (Perillo) o 6 de maio a cargo de Ana Carreira.
 
Podes velo (ata as 17:00 do 09/05) clicando nesta ligazón: QueroContosDeAna!

Hora do conto na Biblioteca Municipal Xograr Mendiño (Lorbé) 06/05/2021

Gravación do espectáculo “Poeta son eu” que puidemos ver na sesión da Hora do conto da Biblioteca Municipal Xograr Mendiño (Lorbé) o 6 de maio a cargo de Gemola
 
Podes velo (ata as 16:15 do 09/05) clicando nesta ligazón: QueroContosDeGemola!

Recomendacións en Radioleiros: 7 maio 2021

 - Infantil (a partir de 8 anos):

A fuga de Guillermo, de Helena Villar Janeiro con ilustracións de Luz Beloso
Galaxia, 2021

Hai personaxes tan vivos que saen dos libros e deciden dar un paseo polo mundo exterior. É o caso de Guillermo que coñece a unha avoa adoptiva quen lle axudará nesta experiencia.

Poeta, narradora e fotógrafa, Helena Villar Janeiro (1940, Becerreá) tráenos esta emotiva historia.

- Mozas/os e adultas/os:

XelArias: palabra á intemperie, de Emma Pedreira con ilustracións de Laura Romero
Baía, 2021

Unha conversa a tres bandas entre a autora, a ilustradora e Xela Arias conformando unha biografía distinta dunha poeta tan interesante como transgresora nunha edición moi coidada de grande valor estético.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

6/5/21

Hora do conto na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz) 05/05/2021

Gravación do espectáculo “A gran aventura dos animais” que puidemos ver na sesión da Hora do conto da Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz) o 5 de maio a cargo de Trémola Teatro
 
Podes velo (ata as 16:15 do 08/05) clicando nesta ligazón: QueroContosDeTrémola!

4/5/21

Presentación do libro "A pintora libertaria" de Pepe Carballude: 4 de maio 2021

Día: martes 4 de maio.
Hora:
20:00 horas.
Lugar:
Teatro As Torres de Santa Cruz.

Intervirán: o autor, Pepe Carballude; o director da editorial Galaxia, Francisco Castro e a profesora de lingua galega e literatura e crítica literaria, Inma Otero. Contarase coa interpretación musical de Andrea Carballude.

"A pintora libertaria", publicada pola editorial Galaxia, fai un percorrido pola política municipal, a construción, a falsificación de obras de arte e a educación, mentres se fai un repaso dos grandes nomes da nosa pintura arredor da figura da máis libre e grande artista galega, Maruja Mallo.

En atención ás indicacións e medidas de seguridade fronte ao COVID-19, a presentación terá aforo limitado.

Desde as bibliotecas municipais invítase ás persoas que desexen asistir ata completar o aforo permitido.

Hora do conto na Biblioteca Municipal Mª José Ruso (Dorneda) 03/05/2021

Gravación do espectáculo “Preparad@s... List@s... Xa!!!” que puidemos ver na sesión da Hora do conto da Biblioteca Municipal Mª José Ruso (Dorneda) o 3 de maio a cargo de Ramiro Neira
 
Podes velo (ata as 18:00 do 06/05) clicando nesta ligazón: QueroContosDeRamiro!

3/5/21

Tertulia literaria (virtual) en Santa Cruz: martes 4 maio 2021 (Grupo B)

17:30 h. Sesión virtual (90 minutos)

Comentario de Vestido de novia, de Pierre Lemaitre
Documentación

Seguinte lectura: Os vellos non deben de namorarse, de Castelao

Hora do conto: 3 a 7 de maio 2021 #bibliotecasegura #culturasegura

Contacontos para nenas e nenos a partir de 6 anos!!!
Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza. Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das contadas. 
Todas as sesións serán ás 18:30 h. e realizaranse presencialmente na biblioteca correspondente. Poderán verse en Youtube a través do blog das bibliotecas e da web municipal a partir do día seguinte do contacontos presencial (as sesións celebradas os venres poderán verse a partir do luns) e durante 48 horas.

Biblioteca Pública Municipal Mª José Ruso (Dorneda)
Luns 3 de maio
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “Preparad@s.. List@s... Xa!!!” 

 

Biblioteca Pública Municipal Manuel María (Oleiros)
Martes 4 de maio
Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Lía Magalia
TÍTULO: “Contos de aquí"

Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Mércores 5 de maio
Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Trémola Teatro
TÍTULO: “A gran aventura dos animais”

Biblioteca Pública Municipal Xograr Mendiño (Lorbé)
Xoves 6 de maio
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 618 201
CONTACONTOS: Gemola
TÍTULO: “Poesía son eu”

Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Xoves 6 de maio
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511
CONTACONTOS: Ana Carreira
TÍTULO: “Contos de primavera”

Biblioteca Pública Municipal Mª José Trincado (Mera)
Venres 23 de abril
Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “Contos de aquí para todo tipo de orellas"                                                     

AVISO

Atendendo á razón de interese esencial no ámbito específico da saúde pública e coa finalidade do seguimento e vixilancia epidemiolóxica do COVID-19, será necesario notificar os datos persoais das/dos participantes ao persoal da biblioteca que coordine a organización do evento.

Hora do conto na Biblioteca Municipal Mª José Trincado (Mera) 30/04/2021

Gravación do espectáculo "Contos de miúd@s" que puidemos ver na sesión da Hora do conto da Biblioteca Municipal Mª José Trincado (Mera) o 30 de abril a cargo de Ana Carreira.
 
Podes velo (ata as 16:15 do 05/05) clicando nesta ligazón: QueroContosDeAna!