16/9/16

Recomendacións en Radioleiros: 16 de setembro 2016

 .
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1203219- Infantil (nenas e nenos  maiores de 12 anos):
"Solos", debuxos de Bruno Gazzotti, guión de Fabien Vehlmann. Editado por Dibbuks.
Da noite para a mañá, un pequeno grupo de nenos espértase nunha cidade na que o resto de habitantes desapareceron misteriosamente sen deixar rastro. A partir de aí, e como ben indica o título, terán que defenderse sós (aínda que a medida que avanza a historia descubriremos que non o están tanto coma semellaba). Cinco rapaces que non se coñecían de nada nas rúas da cidade: o duro Dodji, a perspicaz Leila, a “empollona” Celia, o imaxinativo Iván e o impertinente Terry. Ningún sabe que ocorreu mentres durmían, nin como enfrontarse a un mundo hostil no que os seus pais e o resto de adultos xa non están para dicirlles o que está ben ou mal.
 
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1215483- Mozas-os e adultas-os:
"Aqueles días en que eramos malas" de Inma López Silva. En Galaxia.
Nun módulo do Centro Penitenciario de A Lama conviven un grupo de mulleres bastante desigual: unha prostituta enganchada á droga, unha rapaza colombiana atrapada cando entraba no país cun pequeno alixo de droga, unha monxa, unha funcionaria de prisións e
unha escritora que decide relatar o que alí acontece. Segundo avanzan as historias da cada unha, chegas á convicción que o concepto de maldade non é intrínseco ás persoas senón que ás veces son as situacións e a falla de recursos o que as leva a actuar deste xeito o cal conleva unhas consecuencias funestas.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.