8/5/15

Hora do conto, actividades de animación á lectura e Ler conta moito: de 11 a 15 de maio

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-21326.pdf
Biblioteca Pública Municipal "Mª José Ruso". Dorneda
Luns 11 de maio
18:30: Obradoiro de maxia: Para nenas-os de 6 a 12 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626638)
19:30:  Espectáculo de maxia: Poden asistir todas as nenas e nenos que o desexen ata completar o aforo da sala
ARTISTA: Chrystian Magic


http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-20725.pdf
http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Hora%20do%20ContoTodas as sesións celebraránse ás 18:30
Biblioteca Pública Municipal “Manuel María”. Oleiros

Martes 12 de maio
CONTACONTOS: Caxoto
TÍTULO: “Sopa de Letras Galegas: cantando a Rosalía, A carreira do raposo e o cangrexo

Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 13 de maio
CONTACONTOS: Pedro Brandariz
TÍTULO: “Cousas de gatos"

Biblioteca Central Rialeda. Perillo
Xoves 14 de maio
Para nenas-os de 1 a 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639511) 
CONTACONTOS: Raquel Queizás
TÍTULO: “Oooh!"

http://rbgalicia.xunta.es/ler-conta-moito/ Biblioteca Pública Municipal "Xograr Mendiño". Lorbé
Xoves 14 de maio
Para nenas-os a partir de 3 anos
COMPAÑÍA: Elefante Elegante
TÍTULO: “Lobo bobo"

Venres 15 de maio
CONTACONTOS: Lilí Gruyere de Trinke Trinke
TÍTULO: “Avós" 

Recomendacións en Radioleiros: 8 de maio

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=116717http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/comunicacion/radio/podcast/todo-esta-nos-libros- Infantil (nenas-os de 6 a 8 anos):
"Amizades secretas", texto de Agustín Fernández Paz e ilustracións de Marta Altés, en Rodeira.
Ollos grandes é unha ratiña pequena e curiosa. Ela e a súa familia viven nun niño situado entre dúas vivendas dunha casa da cidade vella. Unha delas está habitada, por ese motivo as expedicións en busca de comida fanas de noite cando o home dos grandes bigotes está durmindo, pero a outra está baleira, polo que a ratiña atrévese a explorala soa, ata que un día vai vivir alí unha familia que ten unha nena chamada Beatriz que logo se dá conta de que hai ratos no piso...
Fermoso conto que nos fala da difícil amizade entre unha nena e unha ratiña, acompañado dunhas suxestivas ilustracións. 
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=103515- Mozas-os e adultas-os:
"Un dedo manchado de tinta" de Manuel Portas, editado por Xerais.
Obra formada por varios relatos sobre o que lle acontece a persoas sinxelas.
En A carta atopámonos con Alberte, un funcionario municipal, que busca nos arquivos ata coñecer a orixe da familia dun descendente de emigrantes que vive en Cuba.
Malulú é un inmigrante senegalés, vendedor ambulante de artesanía, que terá que defenderse de graves acusacións.
En Expediente 324/10 vemos a Carme, unha nai que non sabe se crer a versión da súa filla ou a do home da que está namorada.
Lector Óptico preséntanos a Cristina unha traballadora dun supermercado e sindicalista.
En Próxima estació: Urquinaona coñecemos a Chus, avogada e investigadora, que arrisca a súa vida para desvelar unha trama de corrupción baseada na recalificación de terreos.
Varios personaxes están conectados e relacionados e asistimos a unha variación nos xéneros, uns relatos achéganse á novela policial e outros teñen un fondo máis social, perotodos teñen un narrador común que é Gonzalo Salgueiro e non sabemos se o que nos está contando está acontecendo realmente ou se o está imaxinando.
 
O libro ven acompañado por un CD do grupo musical Loaira, cun tema dedicado a cada personaxe principal.
 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

7/5/15

Biblioteca de Santa Cruz: peche por obras o 8 de maio ás 19 h.

A Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro" de Santa Cruz pechará este venres 8 de maio ás 19 h. por mor da realización dunha serie de obras de mantemento.

En principio a vindeira semana manterase o horario habitual:
- Mañás: martes a venres de 10 a 13,30 h.
- Tardes: luns a venres de 16 a 20 h.
- Primeiro e terceiro sábado de mes: de 10 a 14 h.

Pregamos desculpen as molestias ocasionadas.

4/5/15

Hora do conto e actividades de animación á lectura: de 5 a 8 de maio

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-20725.pdf
http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Hora%20do%20ContoTodas as sesións celebraránse ás 18:30
 Biblioteca Pública Municipal “Federico García Lorca”. Montrove
Martes 5 de maio
CONTACONTOS: Lilí Gruyere de Trinke Trinke
TÍTULO: “Contos de Perrault”

Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 6 de maio
Para nenas-os de 1 a 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626338)
CONTACONTOS: Raquel Queizás
TÍTULO: “O xogo de Nano”

Biblioteca Central “Rialeda”. Perillo
Xoves 7 de maio
Para nenas-os de 5 a 10 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639511, chamar a partir do luns 4 de maio)
COMPAÑÍA: Elefante Elegante
ACTIVIDADE: “Lobo bobo”

Biblioteca Pública Municipal “Xograr Mendiño”. Lorbé 

Xoves 7 de maio
CONTACONTOS: Gemola

TÍTULO: “O marabilloso mundo do circo”

Biblioteca Pública Municipal “Mª José Trincado”. Mera
Venres 8 de maio

Para nenas-os de 1 a 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628507)
 CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULO: “O agasallo”

Actividades de promoción da lectura para o alumnado dos centros de ensino público: de 5 a 8 de maio

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-21135.pdf
As Bibliotecas Municipais de Oleiros, na semana do 5 ao 8 de maio levarán a cabo as seguintes actividades de promoción da lectura dirixidas a alumnado dos centros de ensino público de Oleiros: 
- Biblioteca Manuel María. Oleiros
O martes 5 de maio, ás 11:10, Matapiollos Teatro representa "Abrapalabra". Participa alumnado de 3º C de EP do CEIP Rabadeira.
 

O mércores 6 de maio, ás 10:40, a compañía de teatro Elefante Elegante poñerá en escena "Lobo bobo", para alumnado de 2º A e B de EP do CEIP Rabadeira.
 

O venres 8 de maio, o ilustrador Xosé Tomás desenvolverá un obradoiro de banda deseñada para o alumnado de 6º A de EP do CEIP Rabadeira. Ás 10:30.

- Biblioteca Municipal Rosalía de Castro e As Torres de Santa Cruz
O mércores 6 de maio, ás 12:00, terá lugar o espectáculo "Abrapalabra" que levará a cabo Matapiollos Teatro. Participará o alumnado de 5º de EP do CEIP Parga Pondal.
 

O xoves 7 de maio, Soledad Felloza levará a cabo a actividade "A cociñeira do rei". Haberá dúas sesións: ás 10:30 participará 1º de EP e ás 12:00 2º de EP, ambos do CEIP Parga Pondal.
 

O venres 8 de maio, a compañía Elefante Elegante poñerá en escena a obra "O aviador". Haberá dúas sesións: ás 10:30 participará 5º de EI e ás 12:00 4º de EI, ambos do CEIP Parga Pondal.

Tertulia literaria en Santa Cruz: 4 de maio

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas/actividades/promo-lectura/tertulias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-21097.pdfNa Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"  
Hora: 18 a 20 h.

Comentario da obra "Olive Kitteridge" de Elizabeth Strout.
Obras de Elizabeth Strout nas nosas bibliotecas.
 

A seguinte obra programada é "El estandarte" de Alexander Lernet-Holenia..