20/5/11

Recomendacións en Radioleiros: 20 de maio

logo recomendacións en radioleirosTítulos recomendados o venres 20 de maio:
- Xuvenil (maiores de 14):
"Cazaría salvaxe" de Agustín Agra, en Xeraiscuberta do libro cazaría salvaxe
Wotan tiña ollos de lume, o corpo invisíbel ás miradas, e nas noites de invernía saía de caza coa compaña dos seus cadelos diabólicos. Novela de terror, misterio, bruxaría e fantasía coa prosa primorosa das narracións populares dos vellos violinistas.
- Mozos/as e adultos/as:
"As crónicas do Sochantre" de Álvaro Cunqueiro, editado por Galaxia
Nos tempos da Revolución Francesa, o Sochantre viaxa polos camiños da Bretaña acompañadcuberta do libro as crónicas do Sochantreo dunha comitiva de mortos contadores de historias. Misterio e crime escrito con gran talento creador. Un clásico na literatura galega desde a súa publicación no ano 1956.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

18/5/11

Para os nosos maiores: "O comenzo do mundo" (19 de maio)

Na Biblioteca Central Rialeda (2º andar, sala de audiovisuais*)
Hora: de 11 a 12

"Relatos de aquí e de alá, de Galicia e de América"
Historias da obra “Merlín e Familia” de Álvaro Cunqueiro e outras de tradición oral, a cargo da actriz Soledad Felloza

Actividade destinada aos nosos maiores

*Durante a duración da actividade os ordenadores da sala estarán fora de servizo.


Tertulia literaria en Rialeda: 18 de maio (Grupo A)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de Actividades)


Hora: de 17,30 a 19,30


Comentaráse a obra "Os outros feirantes" de Álvaro Cunqueiro


Celebraremos o Día das Letras Galegas, adicado á figura e obra de Lois Pereiro



Obras de Álvaro Cunqueiro nas nosas bibliotecas

16/5/11

Hora do conto: do 18 ao 20 de maio

cartel hora do conto nas bibliotecas de Oleiros Aquí tes a programación desta semana da hora do conto,PASARALO MOI BEN ESCOITANDO CONTOS!!!
Biblioteca Pública Municipal "Rosalía de Castro". Santa Cruz
Mércores 18 de maio
CONTACONTOS: Andrea Bayer
TÍTULOS: “Ra da boca grande”, “Feliz aniversario, Ratiña”, “A vaca que puxo un ovo”, “Ratiña Presumida”
Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Xoves 19 de maio
Para nenos-as menores de 6 anos:
CONTACONTOS: Anxo Tirado
TÍTULOS: “Os agasallos do rei León”, “A viaxe de Zenoira"
Para nenos-as maiores de 6 anos:
CONTACONTOS: Pablísimo
TÍTULOS: “A noite da visita”, “Gato Guille e os monstros”, “Chibos chibóns”, “Terrible”
Biblioteca Pública Municipal "Mª José Trincado". Mera
Venres 20 de maio
CONTACONTOS: Pizpireta
TÍTULOS: “A canción da choiva”, “A árbore das mazás do riso”, “A casa de cartón”, “O Monstro Metemedo”
(AVISO: Os títulos programados poden sufrir variacións en función do público asistente)