31/1/14

Recomendacións en Radioleiros: 31 de xaneiro


http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/comunicacion/radio/podcast/todo-esta-nos-libros
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=108916- Infantil (desde 8 anos): 
"Un niño no xardín" texto de Xoán Neira, ilustracións de Ánxeles Ferrer, en Xerais. 
O autor é un xardiñeiro de palabras, nun xardín cheo de poemas que cambian coas estacións do ano. O poemario de Xoán Neira ten como finalidade falar sobre a importancia da natureza, do ecoloxismo e da diversidade porque os protagonistas dos textos son as árbores, os paxaros, as estacións e os fenómenos meteorolóxicos, ademáis de achegar a poesía aos-ás máis pequenos-as da casa.

- Mozos-as e adultos-as: 
"Claus y Lucas" de Agota Kristof, editado por El Aleph. 
Kristof escribíu este libro en tres partes como historias independentes, a primeira parte co   http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=106898título de "El gran cuaderno", a segunda co título de "La prueba" e a última, "La tercera mentira", pero en España editouse como unha soa obra baixo o título de "Claus y Lucas". A pesar de que foron escritos para ser lidos independentemente, recomendamos que a súa lectura se faga en orde. A primeira curiosidade deste libro radica no título: os dous nomes teñen as mesmas letras en distinta orde. Narra a historia de dous irmáns xemelgos durante a Segunda Guerra Mundial, aos que súa nai deixa coa avoa a quen non coñecen, nunha pequena cidade fronteiriza da que apenas se sabe nada.  
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

29/1/14

100 anos de "Platero y yo" (vol. 3)

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-17329.pdf
Completamos as exposicións adicadas ao centenario da publicación de "Platero y yo" de Juan Ramón Jiménez, con "Burriños e outras mascotas", composta por unha selección de contos, narracións e algún poemario nos que os animais de compañía (os habituais e os non tanto) son protagonistas: como non, hai burriños, cans e gatos, mais tamén elefantes, ratiños, cabalos, pingüíns e ata dinosauros. Temos libros para catro tramos de idade, dos 3 aos 12 anos. É unha escolma de títulos que temos en Rialeda: hai máis e están aquí á túa disposición. Xa que falamos de animais que conviven connosco, queremos propoñerche que achegues o teu "bichiño" de compañía a Rialeda, iso si, EN FOTO!, para formar parte da nosa Galería de Mascotas. Necesitamos unha foto na que apareza a túa mascota, nun tamaño non superior a 7x7. Se queres escaneámola na biblioteca ou podes enviala a biblioteca.rialeda@oleiros.org asunto "Burriños e outras mascotas", indícanos como se chama. Xa temos as dalgúns famosos-as escritores-as!!!. Os-as máis pequenos-as que veñan a Rialeda poderán "reinterpretar" o burriño pintado por Marc Ghagall en 1991. Queremos os asniños máis coloridos para a Galería de Burriños. 
As historias de animais esperan por ti!