- Infantil (nenos e nenas menores de 6 anos):
"O oso e o corvo" textos de Monika Klose e ilustracións de André da Loba. Editado por OQO. Premio Visual de Ilustración outorgado pola revista de deseño Visual.
"O oso e o corvo", fálanos dun oso que quería voar polo que fixo un trato cun corvo. El deixáballe os seus brazos ao corvo e este deixáballe as súas alas. Ao corvo pareceulle ben porque xa había tempo que quería ser forte como un oso.
Un libro fermoso cunha divertida historia sobre desexos e acordos incumpridos, pero coa mensaxe de que todos os seres temos cousas de valor.
Destaca a proposta plástica que deseñou o ilustrador portugués André da Loba. Ilustrou este libro a partir dunha serie de esculturas de cartón.
- Mozos-as e adultos-as:

"El maestro de almas" de Irène Némirovsky, en Salamandra.
"El maestro de almas" é unha novela que trata sobre o desarraigo e a obsesiva busca de prestixio social.
Darío Asfar é un médico novo que chega desde Crimea a Niza acompañado pola súa muller e ou seu fillo, aínda bebé. Este médico monta unha consulta e loita por conseguir pacientes, pero a súa cor de pel algo máis escura e a súa condición de estranxeiro inspira desconfianza. Asfixiado polas débedas, Darío loita desesperadamente por conseguir unha clientela, pero a súa orixe provoca rexeitamento. A precaria situación da súa familia, a súa obsesión por medrar e as débedas que se van acumulando obrígao a realizar traballos pouco claros. Aproveita a necesidade de confianza dos enfermos para dedicarse á psicanálise sen os coñecementos necesarios e sen ningún escrúpulo ofrecendo falsas seguridades e grazas á súa facilidade de palabra. Darío transfórmase en terapeuta, ofrece o que desexan oír as persoas con cartos. Desta forma a autora vainos presentando unha serie de mulleres e homes poderosos que acoden á súa consulta. O protagonista irá medrando socialmente, pero este ascenso terá unhas consecuencias inesperadas para el. Di que todo o fai pola súa muller e polo seu fillo, pero tamén vemos as súas ansias por medrar.
Irene Nemirovsky é unha escritora cunha gran capacidade psicolóxica para crear personaxes moi verosímiles e profundamente humanos. El maestro de almas é unha excelente novela, moi fácil de ler, pero que tamén nos fai pensar e reflexionar.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas