3/11/17

Ler conta moito e actividades infantís: de 8 a 10 de novembro 2017

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-27124.pdfAs sesións se celebrarán ás 18:30 agás o Obradoiro de maxia que comezará ás 17:30!!!
Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 8 de novembro
Para nenas-os a partir de 7 a 12 anos
(imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338) 
MONITORADO: Sonia Ojea
ACTIVIDADE: “Obradoiro de scrapbooking”


Biblioteca Central Rialeda. Perillo 
Xoves 9 de novembro
Para nenas-os de 1 a 3 anos
  Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Chus Álvarez
TÍTULO: “Ollo, piollo!”
Xoves 9 de novembro
Para nenas-os a partir de 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 618 201)      
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “Contoloxía”

Biblioteca Pública Municipal "Mª José Trincado". Mera
Venres 10 de novembro
Para nenas-os de 7 a 12 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507)      
MONITORADO: Chrystyan Magic
ACTIVIDADE: “Obradoiro de maxia”

Algúns destes actos están incluídos no programa 
http://rbgalicia.xunta.es/ler-conta-moito/da Rede de Bibliotecas de Galicia

Recomendacións en Rialeda: 3 novembro 2017

https://youtu.be/vuxm0642BOA
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1240958- Xuvenil (a partir de 12 anos):
"Corredora" de María Reimóndez. Editado por Xerais.
O que máis lle gustaba desde moi noviña a Genet era correr, correr e correr polas chairas e trepar polas abas das montañas na súa aldea natal. Despois dun periodo de seca extrema e debido á fame que estaban a pasar na aldea, as mulleres deciden emigrar cos seus fillos á cidade de Addis Abeba. A nosa protagonista tamén marcha seguindo a súa nai. A negativa da nai de mendigar na cidade e a súa teima por atopar medios de subsistencia a través da súa propia forza de traballo, ao contrario doutras mulleres desprazadas coma elas, ve os seus froitos e Toiba, a nai, comeza a traballar como empregada doméstica, o que será a clave do éxito posterior da súa filla, e que rematará con Genet subida ao podio duns Xogos Olímpicos.

- Mozas-os e adultas-os:
"Canción dulce" de Leila Slimani. En Cabaret Voltaire.
Myriam descobre os meles da maternidade ao ter a súa filla, Mila, goza tanto do seu amor que decide prolongar a experiencia tendo outro fillo, pero o que foi un pracer coa primeira convértese nun martirio con Adam, o seu segundo fillo. A vía de escape que Myriam atopa é a de reemprender a súa actividade laboral. O matrimonio decide contratar unha persoa para que coide aos seus fillos. Tras un laborioso proceso de selección e cando unha especie
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=ti&q=cancion+dulce&branch_group_limit=multibranchlimit-OLE de Mary Poppins aparece, Myriam e Paul entréganlle non só a chave da súa casa. Tamén a da súas vidas…

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.