28/11/14

Hora do conto e Ler conta moito: de 3 a 5 de decembro

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-20136.pdf
http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas/actividades/promo-lectura/hora-conto#Todas as sesións celebraránse ás 18:30
Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 3 de decembro
Para nenas-os de 1 a 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626338)
CONTACONTOS: Equipo de Animación de Kalandraka
TÍTULO: “Libros para soñar”
 

Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Xoves 4 de decembro
Para nenas-os de 5 a 10 anos
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULOS: “Bruxas viaxeiras”: "A casa abandonada", "Como por bruxería"
 

Biblioteca Pública Municipal “Mª José Trincado”. Mera
Venres 5 de decembro
Para nenas-os de 3 a 10 anos
CONTACONTOS: Caxoto
TÍTULOS:  "Contos do mes de nadal": "As clases de tuba", "Cando Martiño tivo gañas de mexar na noite de reis"
Algúns destes actos están incluídos no programaLer conta moitoda Rede de Bibliotecas de Galicia

Recomendacións en Radioleiros: 28 de novembro

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=113865http://www.ipernity.com/doc/284673/36081491/in/album/594169- Infantil (nenas-os a partir de 10 anos):
"Historia da bicicleta dun home lagarto" de Fina Casalderrey. Ilustracións de Laura Súa Campo, en Xerais.
Fermosa obra que fala de Mundo, un neno duns 7 ou 8 anos, que vive en Albarracín (Teruel), na época da Guerra Civil. Antonio, o pai de Mundo, era pastor e ás veces o neno acompañábao cando trasladaban os rabaños aos pastos. Nun destes traslados foi como coñeceu a Camilo, “o home lagarto”, un celador de telefonía que tiña unha bicicleta moi estraña, cunha barra da que colgaba unha maleta negra cunha palabra escrita: teléfonos e o número 217. Camilo ensinoulle como andar na súa bicicleta e pouco a pouco foron facéndose amigos. Pero un día comezan a ocorrer acontecementos preocupantes na localidade onde viven: desapareceu seu pai, tamén o mestre Don Manuel, incluso Ánxela, a costureira, e outros veciños...
Emotiva narración coa que a autora quere expresar que a mellor opción ante unha guerra é evitala.

- Mozas-os e adultas-os:
"Y las montañas hablaron" de Khaled Hosseini, editado por Salamandra.
 
A decisión dunha humilde familia de dar unha filla en adopción a un rico matrimonio é a base da que parte toda a obra, que comeza nunha pequena e remota aldea de Afganistán, pero que despois pasará a Kabul, a París e San Francisco en EE UU. Abarca desde mediados do século XX ata a actualidade. Unha historia que comprende varias xeracións e distintos países.  
Estamos ante unha novela coral, con numerosos personaxes, que nos fala da relación entre irmáns, pero tamén entre pais e fillos. Preséntanos a mala situación económica de Afganistán, a gran diferenza social e económica entre as familias, a invasión soviética, a guerra e as súas consecuencias.
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=108036 Veremos como moitos destes personaxes sofren remordementos por feitos que aconteceron no pasado e a través deles iremos coñecendo a dureza da súa existencia e o difícil que é sobrevivir para algunhas familias en Afganistán, fronte á opulencia económica doutras, despois veremos como viven en París e máis tarde os que emigraron a EE UU.

Unha novela interesante que nos dá a coñecer como é a vida neste país e tamén como é a dura realidade para estas persoas que practicamente non teñen nada e que o perden todo a consecuencia da guerra.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

26/11/14

Exposicións bibliográficas de Juan Goytisolo, Premio Cervantes 2014

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=au&q=goytisolo%2C+juan&limit=+%28branch%3A+OLE1++or+branch%3A+OLE2++or+branch%3A+OLE3++or+branch%3A+OLE4++or+branch%3A+OLE6++or+branch%3A+OLE7++or+branch%3A+OLE8++or+branch%3A+OLE9+%29&sort_by=title_az&addto=
O escritor Juan Goytisolo Gay (Barcelona, 1931) intelectual crítico, foi distinguido co Premio Miguel de Cervantes 2014. O xurado destaca a súa vontade de integrar as dúas beiras e a súa aposta permanente polo diálogo intercultural.
É un dos escritores con máis tradición narrativa da lingua española, considerado como interlocutor entre a cultura europea e a islámica. Vivíu desde moi novo fora de España: en 1956 instalouse en París, onde traballou como asesor literario da editorial Gallimard; en 1969 trasladouse a Estados Unidos onde foi profesor na Universidade de La Jolla de California; despois en Boston e Nova York. Reside en Marrakech (Marrocos).

Goytisolo forma parte do Parlamento Internacional de Escritores e é presidente do xurado da UNESCO que selecciona as Obras Mestras do Patrimonio Oral e Inmaterial da Humanidade. Coñecedor e estudoso do mundo árabe, contribuíu, a través de artigos e ensaios, a dar a coñecer en Europa a realidade destes pobos. Traballou para lograr que a UNESCO declare a praza de Xemáa el Fná de Marrakech como Patrimonio Oral da Humanidade. Info obtida na web www.mecd.gob.es
 
Podes visitar as exposicións bibliográficas coa obra de Juan Goytisolo na Biblioteca Xograr Mendiño (Lorbé), Rosalía de Castro (Santa Cruz) e Rialeda (Perillo). Convidámoste a levar algún dos seus libros en préstamo.

24/11/14

Hora do conto e Ler conta moito: de 24 a 28 de novembro

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-20136.pdf
http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas/actividades/promo-lectura/hora-conto#Todas as sesións celebraránse ás 18:30
Biblioteca Pública Municipal “Mª José Ruso”. Dorneda
Luns 24 de novembro
Para nenas-os de 3 a 10 anos
CONTACONTOS: Caxoto
TÍTULO: “Contos do Samaín”: “Vou cazar un león”, “A caixa de cores”
 
Biblioteca Pública Municipal “Federico García Lorca”. Montrove
Martes 25 de novembro
Para nenas-os de 3 a 10 anos
CONTACONTOS: Lilí Gruyére de Trinke Trinke
TÍTULO:  "Avós": “A árbore xenerosa”, “Avós”
 
Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 26 de novembro
Para nenas-os de 5 a 10 anos
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULOS: “Bruxas viaxeiras”: "A casa abandonada", "Como por bruxería"
 
Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Xoves 27 de novembro
Para nenas-os de 1 a 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639511)
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULOS: “Cabaliño Hop”
 
Biblioteca Pública Municipal “Ánxel Fole”. Nós
Venres 28 de novembro
Para nenas-os de 3 a 10 anos
CONTACONTOS: Gemola
TÍTULO:  "Historias incribles": “Os sete irmáns chineses", "Tropecista"
Algúns destes actos están incluídos no programa
http://rbgalicia.xunta.es/ler-conta-moito/da Rede de Bibliotecas de Galicia