- Xuvenil (máis de 12 anos):
22 segundos, de Eva Mejuto
Xerais
Alex cóntanos diante da cámara web do seu ordenador como percorreu o camino para chegar a ser quen é acompañado e guiado pola súa familia e os seus amigos. Vinte dous segundos e... o arquivo está xa na rede.
Proposta pioneira na literatura xuvenil galega para falar da transexualidade e da necesidade de visibilizar esta elección como unha tan válida e socialmente aceptada coma calquera outra.
- Mozos/as e adultos/as:
Nosotros en la noche, de Kent Haruf
Mondadori Random House
Un día Addie preséntase na casa do seu veciño Louis Waters para proporlle pasar as noites xuntos, sen importarlle o máis mínimo o que dirán. Un xeito de desprenderse dese terrible peso que é a soidade da vellez nas noites que a soidade fai longas. Asistiremos as súas emotivas conversacións que serán o paso previo para coñecerse e converterse en inseparables.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
9/3/18
"Libros para soñar": a expo itinerante de obras de Kalandraka xa está en Rialeda!!!
Do 8 ao 16 de marzo poderás ver, na Biblioteca Central Rialeda, a exposición itinerante de 80 libros infantís e xuvenís publicados pola editorial Kalandraka . Moitos deles son obras clásicas da literatura infantil e xuvenil, entre os que podemos destacar títulos como: O coelliño branco, A cebra Camila, A que sabe a lúa?, A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza...
As visitas ás exposicións son libres. Conxuntamente celebraranse unha serie de actuacións dirixidas ao público infantil. A expo, recén chegada da Biblioteca Mª José Ruso (Dorneda), viaxará despois á Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz).
Lembra que as actuacións teñen aforo limitado. É imprescindible reservar praza na biblioteca correspondente ou chamando por teléfono. Prazo de inscrición: 10 días antes da data de celebración.
Actividades de promoción da lectura: de 12 a 16 de marzo 2018
Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 12 a 16 de marzo:
Na Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Luns 12 e martes 13 de marzo:
- 9:45: Alumnas-os de 1º de ESO do Colegio Hijas de Cristo Rey (Oleiros)

"Visita á Biblioteca Rialeda" e contacontos con Ramiro Neira.
Xoves 15 de marzo:
- 10:15: Alumnas-os de 4º de Primaria
CEIP Juana de Vega (Nós)
Xoves 15 de marzo:
- 10:15: Alumnas-os de 4º de Primaria
CEIP Juana de Vega (Nós)
"Obradoiro de ilustración", con Marina Seoane.
Venres 16 de marzo:
- 10:45 e 12:00: Alumnas-os de 4º de Primaria do CEIP Valle-Inclán (Perillo).
"Voar sen medo", con Chus Álvarez.
Na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz)

Martes 13 de marzo:
- 10:15: Alumnas-os de 5º de Primaria do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz)
"Contos de medo", con Caxoto.
Mércores 14 de marzo:
- 10:15: Alumnas-os de 4º de ESO do IES Miraflores (Oleiros).
"Poesía e teatro de Federico García Lorca", con Soledad Felloza.
Xoves 15 de marzo:
- 10:00: Alumnas-os de 5º de Primaria do CEIP Luís Seoane (Mera)
"Obradoiro de ilustración", a cargo de Manel Cráneo.
Venres 16 de marzo:
- 10:15: Alumnas-os de 5º de Infantil do CEIP Luís Seoane (Mera)
"Bechos e máis bechos", a cargo de Charo Pita.- 11:30: Alumnas-os de 6º de Infantil do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz)
"Bechos e máis bechos", a cargo de Charo Pita.

Na Biblioteca Manuel María (Oleiros)
Martes 13 de marzo:
- 9:45 e 11:45: Alumnas-os de 3º de Primaria do CEIP Rabadeira (Oleiros)
"Obradoiro de ilustración", con Óscar Villán.
Xoves 15 de marzo:
- 10:30: Alumnas-os de 4º de Infantil do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"PequeNiños", con Chus Álvarez.
Máis info das nosas actividades, programas, documentación, publicacións, etc., na nosa web http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas, o blog das Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros e en twitter @bibloleiros
7/3/18
Nosoutras: expo para conmemorar o 8 de marzo
A Biblioteca Central Rialeda quere conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, cunha exposición bibliográfica composta por 26 obras nas que ten cabida a ficción e o ensaio. Complétase esta expo con 21 películas.
Animamos a que leves en préstamo algunha obra desta escolla filmo-bibliográfica que ten as mulleres como protagonistas, para celebrar unha data reivindicativa que loita por un futuro que, se non é escrito e filmado en feminino, non será.
Publicado por
Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais do Concello de Oleiros
en
14:44
No hay comentarios:
Etiquetas:
Biblioteca Central Rialeda,
Día da Muller
6/3/18
Tertulia literaria en Rialeda: 7 marzo 2018 (Grupo B)
Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
17,30 a 19,30 h.
Comentario de "Patria" de Fernando Aramburu
Documentación
Seguinte lectura: "Novecento" de Alessandro Baricco

5/3/18
6 marzo: presentación do disco "Casandra" de MJ Pérez en Santa Cruz
Teatro As Torres de Santa Cruz
Martes 6 de marzo ás 20,30 h.
Entrada libre
Celebramos o Día Internacional da Muller coa cantautora galega MJ Pérez, que presentará o seu novo disco "Casandra", acompañada por Pablo González á guitarra e teclado.
"Casandra" é o primeiro álbum de estudo da artista arzuá, no que tamén é partícipe a súa banda, con colaboracións especiais entre as que se atopa Ailén Kendelman, Richi Casás, ou Paco Cerdeira. Unha fusión de diferentes estilos que amosa unha clara evolución na música de MJ Pérez.

Tertulia literaria en Santa Cruz: 5 marzo 2018
Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"
17,30 a 19 h.
Comentario de "De noche, bajo el puente de piedra" de Leo Perutz
Seguinte lectura: "Amor é unha palabra como outra calquera" de Francisco Castro

Hora do conto e actividades infantís: de 5 a 9 de marzo de 2018
Todas as actividades se celebrarán ás 18:30!!!
Biblioteca Pública Municipal Mª José Ruso. (Dorneda)
Luns 5 de marzo Celebramos o Día Internacional da Muller
Para nenas-os de 1 a 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638)
CONTACONTOS: Charo Pita
TÍTULO: “Nenas de conto”
Biblioteca Pública Municipal Manuel María. (Oleiros)
Martes 6 de marzo Celebramos o Día Internacional da Muller
Para nenas-os a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 610 700)
CONTACONTOS: Caxoto
TÍTULO: “Diagnosticando a igualdade”
Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro. (Santa Cruz)
Mércores 7 de marzo Celebramos o Día Internacional da Muller
Para nenas-os a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338)
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULO: “Dona Catrina e Dona Francisca”
Biblioteca Central Rialeda. (Perillo)
Xoves 8 de marzo ACTIVIDADE SUSPENDIDA POR FOLGA!!!
Para nenas-os a partir de 4 anos
CONTACONTOS: Fátima Fernández
TÍTULO: “As diferenzas polas ti”
Biblioteca Pública Municipal Xograr Mendiño. (Lorbé)
Xoves 8 de marzo Celebramos o Día Internacional da Muller
Para nenas-os a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 618 201)
CONTACONTOS: Marisa Irimia
TÍTULO: “Rapazas de conto”
Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole. (Nós)
Venres 9 de marzo
Para nenas-os de 1 a 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 664 257)
CONTACONTOS: Chus Álvarez
TÍTULO: “Ollo, piollo!”

Recomendacións en Radioleiros: 2 marzo 2018
- Infantil (nenas-os a partir de 5 anos):
"O oso e o piano" de David Litchfield. Editado por Hércules.
Un día no bosque un osiño atopou algo que nunca vira. -Que será esta cousa tan estraña? –pensou. Con medo, tocouna e saíu un son raro. Co tempo, despois de insistir diariamente, conseguiu que os sons desa cousa estraña fosen fermosos. Cando tocaba sentíase feliz e os sons transportábano a terras afastadas e marabillosas...
Estupendo álbum ilustrado, cunhas fermosas e entrañables ilustracións que nos fala do fundamental que é a perseverancia e o traballo diario cando queremos conseguir algo, pero tamén da importancia que ten a infancia para toda a vida e o lugar onde unha persoa pasa esa etapa da súa vida.
Esta obra foi galardoada co Premio Libro Infantil de Waterstones 2016 polas súas ilustracións.
- Mozas-os e adultas-os:
"A nena do abrigo de astracán" de Xabier P. DoCampo. En Xerais.
Excelente novela que narra os acontecementos dos últimos meses de 1947 en Ribadaínsua ou relacionados con persoas que vivían nesta localidade. A propia vila é a narradora do que vai sucedendo. Preséntanos como era a vida nunha localidade pequena e illada neses anos do franquismo e o control social da poboación. Está dividida en sete capítulos nos que cada un deles leva o título dunha película.
A principal protagonista é Susana, unha nena de doce anos que se ven a vivir cunha familia desta localidade. Como á señora que a acolle lle gustaba moito o cine pero non vía correcto ir ela velo, manda á nena (co permiso do cura) para que ela lle conte despois as películas: Historias de Filadelfia, Luz que agoniza, O mago de Oz, Rebeca, A ponte de Waterloo, Como era verde o meu val e A Loba. Son sete títulos clásicos moi escollidos polo autor, para o que antes visualizo un gran número de filmes e foi seleccionando.
Paralelo a isto iremos asistindo a diversos acontecementos dramáticos que van sucedendo na localidade. Don Amancio, o crego que todo o controla, os fascistas que non permiten que ninguén sexa ou pense de forma diferente, Agustina que pretende organizar o destino dos que a rodean, etc. Pero ao mesmo tempo tamén asistiremos como a un realismo máxico da nena que fala cun espello, dos mortos que viven nos faiados, das voces que se escoitan... Seremos testemuñas do silencio e do medo da poboación, do escurantismo no que se vivía, da violencia dos fascistas, da insensibilidade diante a dor, da impunidade en determinados sucesos tráxicos.
Na presentación que fixo o autor na Coruña comentou que a orixe da obra foi no ano 2002 cando o chamaron para ser pregoeiro das festas de Rábade, o concello onde naceu, e agasallárono cun libro de fotografías antigas onde aparecía unha nena pequena sentada que vestía un abrigo de astracán e que Xabier cando a viu dixo “Que nena máis triste!”. A mesma foto que escolleu para ilustrar a cuberta do libro e na que se basea o personaxe de Susana. De aquí naceu esta novela que lle levou 15 anos elaborala. Nesta presentación Xavier tamén falou da valentía de mulleres que queren controlar a súa vida como por exemplo Engracia, ou de persoas que son diferentes como Isidoro.
Unha novela moi interesante que nos fai coñecer mellor o noso pasado, reflexionar sobre el, ao mesmo tempo que é unha homenaxe ao cine.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)