22/10/21

Hora do conto e actividades infantís: 27 a 29 de outubro 2021

Hora do conto e actividades infantís para nenas e nenos a partir de 6 anos!!!

Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza.
Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das contadas. 
 
Todas as sesións serán ás 18:30 h. e realizaranse presencialmente na biblioteca correspondente. Poderán verse en Youtube a través do blog das bibliotecas e da web municipal a partir do día seguinte do contacontos presencial (as sesións celebradas os venres poderán verse a partir do luns) e durante 48 horas.
 
Mércores 27 de outubro 
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338
TÍTULO: “Contos que quero contar"

Xoves 28 de outubro 
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511
CONTACONTOS: Galeatro
TÍTULO: “Entre bechos anda o conto"

Venres 29 de outubro 
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507
CONTACONTOS: Eduvía
TÍTULO: “Contos para a paz"

                                                        AVISOS

Atendendo á razón de interese esencial no ámbito específico da saúde pública e coa finalidade do seguimento e vixilancia epidemiolóxica do COVID-19, será necesario notificar os datos persoais das/dos participantes ao persoal da biblioteca que coordine a organización do evento.

O/A adulto/a responsable de cada un dos/as menores de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla o neno ou nena.

Ramiro Neira na Hora do conto na Biblioteca Xograr Mendiño (Lorbé) 21/10/2021

Gravación do espectáculo "Contos de outono" que puidemos ver na sesión da Hora do conto na Biblioteca Xograr Mendiño (Lorbé) o 21 de outubro a cargo de Ramiro Neira.
 
Podes vela (ata as 16:30 do 24/10) clicando nesta ligazón:  QueroContosDeRamiro!

Moc Moc-MeRe Clown na Hora do conto na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) 21/10/2021

Gravación do espectáculo "Os contos do avó: lendas e historias de Galicia" que puidemos ver na sesión da Hora do conto na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) o 21 de outubro a cargo de Moc Moc-MeRe Clown.
 
Podes vela (ata as 16:30 do 24/10) clicando nesta ligazón:  QueroContosDeMocMoc!

Recomendacións en Radioleiros: 22 outubro 2021

- Infantil (a partir de 6 anos):

Rapunzel con piollos, de El Hematocrítico. Ilustrado por Mar Villar
Xerais, 2019  

Este divertido conto protagonizado por Rapunzel non é para nada un conto clásico. A historia comeza cunha conversa entre a princesa e o seu pai na que a rapaza amosa o seu malestar por ter que levar o pelo tan longo, pero o rei insiste en que é algo totalmente necesario para poder fuxir en caso de secuestro. De súpeto, salta unha alarma no castelo, un perigo inminente ameaza á princesa. Ninguén se atreve a pronunciar o seu nome pero a realidade é que o castelo está sendo asaltado por... piollos!!

- Mozas/os e adultas/os:       

Nuestros inesperados hermanos, de Amin Maalouf
Alianza Editorial, 2020

Esta historia fala dunha realidade moi posible, sobre todo despois de ter vivido algo tan inesperado como unha pandemia mundial. Resulta que un día o planeta se queda a escuras porque un apagón súbito elimina todas as comunicacións. Que pasou? Un cataclismo, un conflito nuclear, un atentado a gran escala? Que ocurriu nas illas cercanas, na costa, no resto do país e no planeta? Non hai internet, nin televisión, nin radio. Absolutamente nada. Unha sociedade que trancorre paralela a nós e moito máis avanzada poñerá todo o coñecido ata o de agora do revés.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

21/10/21

Eduvía na Hora do conto na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz) 20/10/2021

Gravación do espectáculo "Animaliños" que puidemos ver na sesión da Hora do conto na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz) o 20 de outubro a cargo de Eduvía.
 
Podes vela (ata as 16:30 do 23/10) clicando nesta ligazón:  QueroContosDeEduvía!

 

“As bibliotecas nos libros” para o Día das Bibliotecas (24 de outubro) na Biblioteca Ánxel Fole (Nós)

O 24 de outubro para celebrar o Día das Bibliotecas, na Biblioteca Municipal Ánxel Fole (Nós) contaremos cunha exposición de libros para usuarias-os de todas as idades coa temática das bibliotecas titulada "As bibliotecas nos libros"

Agasallaremos ás-aos máis pequenas-os con marcapáxinas para colorear e teremos pasatempos para que as-os cativas pasen uns intres divertidos.

20/10/21

“Cita a cegas cun libro” para o Día das Bibliotecas (24 de outubro) na Biblioteca Mª José Ruso (Dorneda) e na Biblioteca Mª José Trincado (Mera)

Para conmemorar o Día das Bibliotecas, a Biblioteca Municipal Mª José Ruso (Dorneda) e a Biblioteca Municipal Mª José Trincado (Mera) convídante a unha "Cita a cegas cun libro": libros sorpresa e unhas poucas pistas para poder facer a escolla. 

Presentaremos unha escolma de títulos en forma de paquetes postais con só unhas pistas sobre o seu contido para que as-os lectoras-es podan facer a súa selección. Os libros teñen que ser prestados no seu envoltorio para manter a curiosidade ata o final. Serán obras para todos os públicos: fondo infantil, xuvenil e de adultas-os. 

Déixate levar pola curiosidade, fai a túa escolla e sorpréndete!

“Lecturas de ida e volta” para o Día das Bibliotecas (24 de outubro) na Biblioteca Manuel María (Oleiros)

Do 18 ao 29 de outubro, a biblioteca repartirá ás-aos cativas-os marcapáxinas conmemorativos do Día das Bibliotecas para que os pinten e decoren nas súas casas. Levarán o lema deste ano “Bibliotecas: ler, aprender, descubrir”. 

Exposición bibliográfica “Lecturas de ida e volta” : aos libros desta expo non lles gusta estar quedos. Viaxan polo mundo en busca de lectoras-es inquedas-os de todas as idades. Nesta ocasión visitarán a Biblioteca Municipal Manuel María (Oleiros) e botarán aquí unha tempada, non sabemos canto tempo, o que eles queiran. O que si sabemos é que chegan o  21 de outubro. Que nervios!


Lía Magalia na Hora do conto na Biblioteca Manuel María (Oleiros) 19/10/2021

Gravación do espectáculo "Unha bruxa moi legal" que puidemos ver na sesión da Hora do conto na Biblioteca Manuel María (Oleiros) o 19 de outubro a cargo de Lía Magalia
 
Podes vela (ata as 16:30 do 22/10) clicando nesta ligazón:  QueroContosDeLíaMagalia!

19/10/21

“Descubrindo cousas alén das Torres” para o Día das Bibliotecas (24 de outubro) na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz)

Aproveitando o lema deste ano para conmemorar o Día das Bibliotecas, “Ler, aprender, descubrir”, na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz) durante as tres últimas semanas de outubro realizaremos a actividade “Descubrindo cousas alén das Torres” para poñer en alza estes valores: abriremos as portas e as fiestras das Torres para que sexa a biblioteca a que vaia ata as usuarias e usuarios que queiran participar. 

Realizaremos videos no exterior da biblioteca nos que as-os usuarias-os que devolvan libros entre o 11 e o 20 de outubro contarán o que descubriron coas lecturas feitas nas súas casas. Posteriormente, as gravacións viaxarán, ata o blog das bibliotecas de Oleiros para espallarse por todos os fogares.
Despois, montaremos unha expo con eses libros nos que se pegarán uns carteliños coas palabras da persoa que participou na gravación.

"Sobres sorpresa" para o Día das Bibliotecas (24 de outubro) na Biblioteca Xograr Mendiño (Lorbé)

O 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas e na Biblioteca Municipal Xograr Mendiño (Lorbé) teremos unha exposición bibliográfica con temática de bibliotecas e libros cun mural que recollerá o lema “Bibliotecas: ler, aprender, descubrir”

Entregarémoslles “Sobres sorpresa” ás nenas e nenos cun libro sorpresa, un marcapáxinas para colorear e unha tarxeta para que poñan a súa opinión ou fagan un debuxo sobre o libro, que despois expoñeremos na biblioteca.


Solidariedade Internacional de Galicia na Hora do conto na Biblioteca Mª José Ruso (Dorneda) 18/10/2021

Gravación do espectáculo "Contos do mundo: Irene no Sahara" que puidemos ver na sesión da Hora do conto na Biblioteca Mª José Ruso (Dorneda) o 18 de outubro a cargo de Solidariedade Internacional de Galicia. 

Podes vela (ata as 17:00 do 21/10) clicando nesta ligazón:  QueroContosDeSolidariedadeInternacionalDeGalicia!

Tertulia literaria (virtual) en Rialeda: mércores 20 outubro 2021 (Grupo A)

17:30 h. Sesión virtual (90 minutos)

Comentario de La herencia, de Vigdis Hjorth
Documentación

Seguinte lectura: El fin de semana, de Bernhard Schlink