6/6/14

Charo Pita na Biblioteca Rosalía de Castro con “Contos de amor, erotismo e morte”: luns 9 de xuño

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-18579.pdf
O luns, 9 de xuño, ás 18:30 horas, na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro sita nas Torres de Santa Cruz realizarase un contacontos para mozos/as e adultos/as titulado “Contos de amor, erotismo e morte” a cargo da actriz Charo Pita.
 
Este contacontos está dentro do programa “Ler conta moito” da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Recomendacións en Radioleiros: 6 de xuño

http://www.ipernity.com/doc/284673/33201783/in/album/594169
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=111254http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=109015- Xuvenil (a partir de 14 anos):
"Marxinados" de Pepe Carballude en Galaxia.
Narra a historia de Vítor Antelo, estrela do baloncesto, que regresa ao Fogar de menores onde pasou parte da súa vida, para traballar como educador. Alí atópase coa vida diaria dun montón de rapaces/as que loitan por sobrepoñerse á realidade das familias que teñen fóra e á incerteza do futuro. A batalla final líbrase e gáñase cando algún destes rapaces ou rapazas son capaces de atopar un lugar axeitado fóra do internado, ben porque atopan unha familia que os acolle ou ben porque lle dan forma á súa propia.

 
- Mozos-as e adultos-as:
"Prisioneros en el paraíso" de Arto Paasilinna, editado por Anagrama.
Arto Paasilinna narra unha divertidísima e particular historia de naúfragos, grupo  formado por enfermeiras, médicos e leñadores cooperantes na India enviados pola ONU, un xornalista, que é o narrador, e a tripulación do avión, que cae ao mar cerca dunha illa de Indonesia. A partir de aquí o enxeño e as aportacións de cada un deles convertirá a parte da illa onde viven nun lugar habitable…tanto, que moitos dos membros do grupo nin se plantexan  regresar á "civilización". 

 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.