20/12/14

Á calor dos libros: guía de lectura para o Nadal 2014

 http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-20605.pdf
Desde as Bibliotecas Municipais de Oleiros elaboramos unha guía de lectura titulada “Á calor dos libros”, formada por  66 recomendacións de libros e dvd. Esta escolla foi realizada polo persoal das bibliotecas e nela pódense atopar publicacións moi diversas.
 

É unha escolla de creacións de autoras e autores galegos, españois e internacionais, para distintos gustos,  intereses,  preferencias  e idades.  Bos libros e películas para gozar e compartir.
Desde as Bibliotecas de Oleiros ofrécese esta guía de lectura cun dobre obxectivo: presentar obras de calidade literaria, artística ou científica para animar a súa lectura ou visionado e lembrar que un libro e un dvd son tamén un bo agasallo.
 

Son 66 libros e dvd que hai nas bibliotecas municipais e que se poden levar en préstamo para as casas. Uns divirten, outros emocionan, fan pensar, provocan a reflexión ou aportan novos coñecementos. 
Animamos a todas as persoas que vaian facer algún agasallo por estas datas de Nadal ou Reis, a que obsequien aos seus seres queridos cun libro, disco ou película. Gustaríanos que os/as que teñen vacacións que dediquen parte do seu tempo a ler algún libro; principalmente os nenos/as, adolescentes e mozos/as e lembramos da importancia da lectura na formación integral da persoa. 

Desde as Bibliotecas Municipais de Oleiros desexamos transmitir os nosos mellores desexos de saúde, felicidade e prosperidade. 
   Que 2015 traia boas novas e un mundo de ilusións e proxectos convertidos en realidades!

19/12/14

Recomendacións en Radioleiros: 19 de decembro

http://www.ipernity.com/doc/284673/36361294/in/album/594169
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=112691- Infantil (nenos-as menores de 6 anos):
"El gato y el pájaro: Paul Klee" texto de Géraldine Elschner e ilustracións de Peggy Nille, editado por Juventud. Partindo dunha idea de Klee arredor da relación entre gatos e paxaros, as autoras desenvolven unha historia con remate optimista e gran contido estético. Magníficas ilustracións que fan deste libro un produto visual de primeira categoría. Indicado como agasallo.
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=109050 
- Mozos-as e adultos-as:
"Matarte lentamente" de Diego Ameixeiras, en Xerais.
Historia coral do Santiago contemporáneo con 57 capítulos curtos. Un relato policíaco que tamén é vida cotiá: mestúranse os afectos, os odios, o traballo, o lecer, a droga, o sexo, os ciumes e os cartos nun círculo levado dun xeito cirúrxico. Crónica social cun ritmo rápido nunha novela plenamente actual.
 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

16/12/14

Contacontos de Nadal: 10 e 17 de decembro en Santa Cruz

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-20448.pdf
Este Nadal poderás gozar de dúas sesións de contacontos na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz:
 

- Mércores 10 de decembro, ás 18:30 h.
"Conta-maxia" a cargo d'A Illa d@s nen@s, para nenas e nenos a partir de 3 anos.
- Mércores 17 de decembro:
"Contos de Nadal" a cargo de Soledad Felloza. Haberá dúas sesións:
- Ás 18:00 h. para nenas e nenos menores de 3 anos (para esta sesión é imprescindible reservar praza chamando ao 981 626 338 a partir do 11 de decembro).
- Ás 18:30 h. sesión para nenas e nenos maiores de 3 anos.
 

ESPERÁMOSTE!!
BO NADAL e FELICES FESTAS a todos/as!!

Tertulia literaria en Rialeda: 17 de decembro (Grupo B)

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-20483.pdfNa Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comentario de "Las buenas personas"* de Nir Baram.
Documentación
Obras de Nir Baram nas nosas bibliotecas.

A seguinte obra programada é "Futuro imperfecto" de Xulia Alonso Díaz.

Este grupo realizará unha pausa na actividade durante o tempo de Nadal, retomándose o 14 de xaneiro do vindeiro ano.

Feliz Nadal e os nosos mellores desexos para o ano novo a todas e todos as/os seus participantes.

17 de decembro: Visitas do alumnado do IES Miraflores á Biblioteca Central Rialeda

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas/biblio/rialeda-perillo
http://www.edu.xunta.es/centros/iesmiraflores/Actividade dirixida ao alumnado de 2ª de ESO do IES Miraflores de Oleiros.
Horario: de 9:00 a 12 h.
 
Explicaráselles a historia do edificio, coñecendo as diferentes salas e servizos.

Ao remate das visitas, o contacontos Caxoto realizará unha dramatización baseada en "Cando petan na porta pola noite" de Xabier P. Docampo.
Aviso importante: o 2º andar da biblioteca (sala de audiovisuais e ordenadores) verá restrinxido o seu uso durante a visita do alumnado.