31/1/20

Expo bibliográfica adicada a Concepción Arenal en Rialeda

https://youtu.be/hESNJedv95U
Escritora. Xornalista. Activista. Feminista. Precursora. Xurista. Intelectual.

O 31 de xaneiro de 2020 celébrase o bicentenario do nacemento de Concepción Arenal. Numerosas institucións (Universidade de Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, Ateneo de Santiago, Biblioteca Nacional, etc.) van organizar conferencias, exposicións e congresos ao longo deste ano para dar a coñecer as múltiples facetas da muller nacida en Ferrol que foi vangarda na defensa dos dereitos das mulleres, loitadora incansable pola mellora das condicións de vida da poboación reclusa e que teceu con fíos solidarios unha sociedade xusta e igualitaria. 
Bibloleiros súmase á divulgación da súa obra cunha expo bibliográfica no vestíbulo da Biblioteca Central Rialeda.  
A imaxe que ilustra este post pertence ao bronce coa efixie de Concepción Arenal, no monumento adicado a ela, ubicado nos Xardíns Méndez Núñez de A Coruña. Foi realizado en 1916 por Rafael González Villar, arquitecto da Biblioteca Central Rialeda.



Recomendacións en Radioleiros: 31 xaneiro 2020

https://youtu.be/uk9ZJ1GJZ7Y
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1285801&branch_group_limit_txt=Oleiros-Bibliotecas%20P%C3%BAblicas%20Municipais&branch_group_limit=multibranchlimit-OLE- Infantil (a partir de 6 anos):

Caramulo e a carpinteira dos soños, de Anxo Moure, con ilustracións de Cristina Ouro
Baía

O escritor e contacontos Anxo Moure tráenos unha historia que recolle o xeito de contar da tradición oral dirixido á xente pequena. Cunha temática na que está presente a natureza e o mundo dos xoguetes tradicionais, desenvolve unha historia na que a corredora e carpinteira Fernanda bate cun tronco e comeza a traballar coas súas ferramentas.

- Mozas/os e adultas/os:

El sombrero de Vermeer: los albores del mundo globalizado en el siglo XVII, de Timothy Brook
Tusquets

Os cadros do pintor holandés Jan Vermeer de Delft (1635-1680) son o fondo que explica o mundo da súa época: a expansión cara terras lonxanas, desexoso de novos produtos e á vez, desconcertado diante de pobos e costumes descoñecidos. As minas do Potosí e os mares da China aparecen neste libro que abre numerosas portas aos lectores curiosos.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.