29/5/15

Recomendacións en Radioleiros: 29 de mayo

http://www.ipernity.com/doc/284673/38384636/in/album/748070
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=116304- Xuvenil (a partir de 14 anos)
Xerais 
Unha magnífica novela xuvenil na que o misterio é a temática principal. 
A historia acontece nun hostal da Fonsagrada, durante o inverno. Un equipo de guionistas recibe a encarga de escribir os guións dunha serie de televisión. Para concentrarse no traballo, acordan recluírse nese hostal solitario. Ao terceiro día de estar alí, comeza a nevar. Unha nevarada que semella non rematar nunca, que interrompe as comunicacións e o fluído eléctrico, e que os deixa illados do mundo. Segundo van escribindo poderemos coñecer o extraordinario relato de Miro “A casa azul”, o excelente de Irene “Herdanza de sangue”, o angustioso de Diego “A néboa da vinganza” ou o azaroso de Ruth “Un incidente no internado”. A situación climatolóxica empeorará e pouco a pouco irán descubrindo cousas que os fará sospeitar que algo raro está pasando e un tremendo medo comeza a penetrar nas súas vidas.
Unha novela de intriga e medo, cun final diferente e inesperado.
 
- Mozos/as e adultos/as
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=113902
Unha novela que trata sobre a mentira, segredos e o rancor que desata non ter coñecido antes esa verdade, pero tamén fala do franquismo e a Transición. 
Está ambientada no Madrid dos años oitenta. Un narrador, agora xa maior,  conta a historia sobre o matrimonio formado por Eduardo Muriel e Beatriz Noguera. Uns feitos que el coñeceu persoalmente na súa mocidade, cando estaba traballando como secretario persoal de Muriel, que era un exitoso director de cine.

Ao pouco de ser contratado, Muriel pídelle que investigue sobre un amigo seu, o doutor Jorge Van Vechten, para saber se uns rumores que lle chegaron del son certos. A trama vaise articular entre esta investigación e a relación entre Muriel e a súa muller, todo observado e contado polo narrador,  con consideracións de tipo moral e no que influirá moito o seu pensamento. 
“Así empieza lo malo y lo peor queda atrás” é unha cita de de Shakespeare, pronunciada en Hamlet, da que o autor saca o título para esta obra.
A revista Babelia elixiu “Así empieza lo malo” como o libro máis importante do 2014.
Unha obra moi interesante, moi ben escrita, cunha prosa magnífica e precisa, que nos fala do desexo, da capacidade de ocultar o pasado, do rancor e o perdón.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

26/5/15

1 de xuño: Presentación de "Falando claro" con Pepe Sendón en Santa Cruz

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-21668.pdf

Presentación da obra Falando claro de Pepe Sendón, acompañada de proxección audiovisual.
Narración audiovisual que ilustra con imaxes documentais a figura do anarquista Claro Xosé Sendón Lamela. Transitarase pola Semana Tráxica arxentina, polos anos 20 neoiorquinos, polo Crack de 1929 e a posterior Gran Depresión, pola II República española, por diferentes episodios do anarquismo galego, polos días previos á sublevación militar e, finalmente, pola Guerra Civil española.

Reconstrución dunha peripecia vital novelesca e, ao mesmo tempo, a primeira escolma publicada do traballo xornalístico de Claro Sendón. A obra inclúe tamén unha serie de fotografías inéditas do protagonista.

Pepe Sendón (Lira, 1964) é escritor, músico e tradutor. A comezos dos noventa foi un dos activos promotores da sala NASA e o grupo Chévere e colaborador en numerosos proxectos musicais con Fran Pérez (Narf), como a ópera Annus Horribilis, o grupo A Psicofónica de Conxo ou o multimedia infantil O Labirinto dos Soños. Ultimamente ten publicado a novela Satélite (2010), a obra infantil Animal Fun (2014) con Fausto, e xira co monólogo Marx no Soho e a presentación audiovisual de Falando Claro.

Próximas presentacións na Biblioteca de Santa Cruz:
- Venres 12 de xuño ás 18,30 h. Presentación do poemario O punto de maduración de Mª Luisa Abad, acompañada da cantautora Mª José Pérez.


25/5/15

María Victoria Moreno homenaxeada no II Día das Galegas nas Letras

https://picasaweb.google.com/112968433170961771213/IIDiaDasGalegasNasLetrasEnBibloleiros?authuser=0&feat=directlink
A plataforma de crítica literaria feminista A Sega convoca o II Día Das Galegas nas Letras para celebrar a figura dunha muller que contribuíse de forma sobranceira á cultura en xeral e á literatura en particular. En 2015, a muller a quen se rende homenaxe é María Victoria Moreno que “representa a forza da vontade fronte á desidia e o accidente, a decisión consecuente da palabra xusta”. Bibloleiros súmase a esta celebración con mostras bibliográficas adicadas a esta autora nas bibliotecas municipais.

María Victoria Moreno, mestra e escritora, naceu en Estremadura. No ano 1963 chegou a Pontevedra e quedou namorada para sempre da suavidade do clima e da beleza da cidade.
Desde o comezo, identificouse con Galicia e coa súa cultura. Tamén participou activamente na vida cultural e política da cidade e do país colaborando en conferencias, cursos e encontros literarios.
Como profesora, afanábase na procura dun método de ensino no que prevalecese o gozo que supón a aprendizaxe.
Era encantadora de palabras, amante dos libros e defensora da literatura infantil e xuvenil. Sentía, como os rapaces, a incomprensión dos adultos e o desacougo de andar perdida no mundo. 
Xa en Galicia, adquiriu o compromiso de escribir só en galego. Contaba María Victoria que soñara "Mar adiante" como a singradura dunha escola ideal. O conto "Crarisca e Luceiro" levou o segundo premio do Concurso Nacional de Contos Infantís "O Facho" en 1972. "Leonardo e os fontaneiros" (1986) era a súa obra preferida. Esta novela, que propón diferentes formas de lectura, reflicte o mundo interior dun rapaz e a súa amizade cun can da rúa. Levou o terceiro premio do concurso "O barco de vapor" en 1985. "Anagnórise" (1989) é unha das obras con máis éxito da literatura xuvenil galega. A xeito de "road-movie", unha muller misteriosa recolle no seu coche a un desorientado adolescente que emprenderá unha viaxe cara ao coñecemento. "Guedellas de seda e liño" (1999), mención especial White Ravens 2002, retrata dous mundos, o paio e o xitano, a través da vida de dúas nenas e un primeiro amor. No 2004, afectada polo cancro de mama que lle levou a vida, escribiu "Diario da luz e a sombra", reflexión sincera e valente sobre os efectos da enfermidade.
Gustáballe pasear amodo, cociñar, a música, os cans e as flores. Amaba "a beleza da paisaxe, da vida, das persoas e das palabras".
                                       
                                       Texto de Alejandra Soto Meijomence do “Álbum de mulleres” da web culturagalega.gal


Tertulia literaria en Rialeda: 27 de maio (Grupo A)

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas/actividades/promo-lectura/tertulias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-21652.pdfNa Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comentario de "Las baladas del ajo" de Mo Yan.
Documentación
Obras de Mo Yan nas nosas bibliotecas.

A seguinte obra programada é "Cometas en el cielo" de Khaled Hosseini.