25/5/16

Días de libro e rosas: continúa a expo en Rialeda

https://picasaweb.google.com/112968433170961771213/6278269791928933009?authuser=0&feat=directlink
Continúa a exposición bibliográfica "Días de libro e rosas" no vestíbulo da Biblioteca Rialeda. É unha escolla de libros que falan de libros. Este elenco de obras pretende fuxir das máis habituais para unha antoloxía sobre este tema. Buscamos autores-as e novelas nos que os libros digan algo, ou moito, aos-ás seus-súas protagonistas. Títulos que conmocionan a vida dalgún personaxe, que fan cambiar o rumbo da historia ou son meros pretextos para iniciar conversas literarias de fondo calado. Canetti, Paul Desalmand, Karen Joy Fowler, Quint Buchholz, Alan Bennett, Penelope Fitgerald, Agustín Fernández Paz, Alessandro Baricco, Ursula K. Le Guin e Manuel Rivas, entre outros-as van poñernos en conexión con libros que viven na alma doutros libros. Agardamos que gocedes desta escolma. 


23/5/16

Hora do conto: 27 de maio

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-24123.pdf
http://rbgalicia.xunta.es/ler-conta-moito/Biblioteca Pública Municipal “Ánxel Fole”. Nós 
Venres 27 de maio, ás 18:30
Para nenas-os maiores de 4 anos
CONTACONTOS: Xanela Ocio
TÍTULO: “Érase un sombreiro"

27 maio 2016: Trinke Trinke en Oleiros

http://www.trinketrinke.com/
Biblioteca Pública Municipal Manuel María de Oleiros
Dúas sesións: 10 e 11,10 h.
Compañia Trinke Trinke

"Cueiros de cores", para alumnado de Educación Infantil (3 anos) do CEIP A Rabadeira
"O caracol namorado", para alumnado de Educación Infantil (4 anos) do CEIP A Rabadeira


Tertulia literaria en Rialeda: 25 maio 2016 (Grupo A)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-24138.pdfNa Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades) Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comentario de "Alguien" de Alice McDermott.
Documentación

A seguinte obra programada é "Soy Pilgrim" de Terry Hayes.

25 maio 2016: "Manuel María: O vento na palabra" con Soledad Felloza en Santa Cruz

http://soledadfelloza.com/#
Teatro As Torres de Santa Cruz
Dúas sesións: 10,30 e 11,45 h.
Dirixida a alumnado de 4º Primaria do CEIP Valle Inclán e 5º Primaria do CEIP Luis Seoane

Poesías seleccionadas das obras Os soños na gaiola e Versos do lume e o vagalume de Manuel María, a cargo da actriz, contacontos e fotógrafa Soledad Felloza