24/8/18

Recomendacións en Radioleiros: 24 agosto 2018

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/comunicacion/radio/podcast/todo-esta-nos-libros
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1053890&viewallitems=1&offset=20&homebranch=&ob=branchname&sb=ASC- Infantil (nenas-os a partir de 6 anos):
"Grazas!" texto de Charo Pita. Ilustracións de Anuska Allepuz. Editado por La Fragantina.
Un fermoso álbum ilustrado no que unha nena lle fai preguntas a súa avoa para as que ela non ten resposta:
Por que o mar se detén na area e non traga coa súa boca de auga a vila enteira?
Que sostén á lúa para que non caia do ceo?
Quen pinta as nubes?
Quen abre o foco do sol?... A avoa descoñece as respostas pero si sabe que a natureza é fermosa e marabillosa e que a debemos coidar, respectar e agradecer por poder desfrutala.
Un delicioso conto, cunhas atractivas ilustracións, que nos presenta a excelente relación dunha avoa e a súa neta, a sabedoría das-dos maiores e o agradecemento que lles debemos por todo o que nos dan. Unha obra que fala da gratitude.
Un estupendo libro para ler en familia, observar, gozar e compartir.

- Mozas-os e adultas-os:
"Néctar en un tamiz" de Kamala Markandaya. En Ediciones del Viento.
Está considerada unha obra clásica contemporánea sobre a vida rural da India e é obxecto de análise en colexios e universidades inglesas e americanas.
Narrada en primeira persoa por Rukmani, unha muller campesiña, que conta a historia da súa vida como unha loita pola supervivencia na India rural nos últimos anos da ocupación inglesa. Ela era a cuarta filla dunha familia na que despois de casar ás tres irmás, para ela non quedou unha boa dote e tiveron que organizarlle un casamento por debaixo da súa posición social. Casárona cun agricultor pobre que traballaba terras arrendadas. Ao longo da novela vai narrando a súa vida de casada.
Utiliza un estilo que semella sinxelo porque a narradora é unha muller con poucos estudos, pero, https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=663828en realidade, está moi traballado. Presenta diversos problemas fundamentais para as persoas: a propiedade da terra, a loita contra as inclemencias do tempo, o maltrato á natureza co conseguinte deterioro do medio ambiente, que para ela vai unido a unha degradación da vida do seres humanos e o contraste da vida rural coa da cidade como un escenario deshumanizado.
É a ollada dunha autora hindú, pertencente a unha casta superior, nacida a principios do século XX, que presenta a forma de vida dunha familia da India de poucos recursos, as súas tradicións, costumes, pero que non as cuestiona. Unha muller marcada polo contexto histórico que viviu (dominación inglesa, independencia da India), as relacións entre a cultura inglesa e a hindú, pero sobre todo critica a chamada modernización do país e a destrución do medio ambiente.
Unha obra moi interesante para todas as persoas que queiran coñecer como era a vida rural na India, a mediados do século XX,  principalmente a das familias que non eran propietarias das súas terras. Unha historia de superación persoal e de canto á esperanza e á loita por sobrevivir nun mundo adverso.
 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas