13/6/14

Recomendacións en Radioleiros: 13 de xuño

http://www.ipernity.com/doc/284673/33270941/in/album/594169
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=109584http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=au%2Cwrdl&q=roth&idx=ti&q=divergente&idx=kw&sort_by=relevance&do=Aceptar- Xuvenil:
"Divergente" de Veronica Roth, editado por Molino.
Nunha hipotética sociedade vindeira, todos os rapaces e rapazas de dezaseis anos se enfrontan anualmente a unha cerimonia de iniciación na que teñen que superar probas nas que se decide o seu futuro.

- Mozos-as e adultos-as:
"La trama nupcial" de Jeffrey Eugenides, en Anagrama.
Madeleine, coma unha heroína de Jane Austen, debátese entre o responsable e místico Mitchell Grammaticus e o atractivo pero imprevisible Leonard Bankhead. 


Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

12/6/14

Horarios das bibliotecas de Oleiros durante xuño, xullo, agosto e setembro 2014

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-19501.pdf
Eis os horarios das bibliotecas para o verán 2014, (clica na imaxe e accede aos horarios de todas as bibliotecas durante os meses de xullo, agosto e setembro).
 
Recordámosvos que na Biblioteca Central Rialeda poderedes renovar os libros e outros materiais daquelas bibliotecas que estean pechadas. Iso si, deberás facer a devolución dos libros ou o material que teñas en préstamo na biblioteca onde o retiraches. Se a biblioteca correspondente está pechada, espera a que abra para facer a devolución.
 
Informávosmos tamén que a Biblioteca Central Rialeda en Perillo, a Biblioteca Rosalía de Castro en Santa Cruz, e a Biblioteca Mª José Trincado en Mera estarán abertas ao público durante todo o verán.
 
Podedes contactar connosco ou consultar calquera dúbida sobre o horario chámandonos á Biblioteca Central Rialeda, no teléfono 981 639511, envíandonos un correo electrónico a biblioteca.rialeda@oleiros.org, ou a través de CONTACTA BIBLIOTECAS.
 
Queremos desexar un feliz verán a todas as persoas que nos seguen a través do noso blog, da web do Concello de Oleiros, de twitter @bibloleiros e por suposto a todos-as os-as nosos-as lectores-as e usuarios-as!!!

Os mundiais de fútbol e baloncesto 2014 xóganse nas Bibliotecas de Oleiros: sede Dorneda

http://issuu.com/bibloleiros/docs/sede_dorneda?e=7033842/8220534
O 12 de xuño arranca unha das competicións que máis expectación levantan a nivel mundial: o Mundial de Fútbol Brasil 2014. Desde esa data e ata o vindeiro 13 de xullo os/as afeccionados/as, e non tanto, imos gozar das mellores seleccións mundiais deste deporte. 

http://issuu.com/bibloleiros/docs/sede_dorneda?e=7033842/8220534E cambiando de deporte, non tan maioritario, pero non menos importante, temos o Mundial de Baloncesto España 2014. Desde o 30 de agosto ao 14 de setembro de 2014. Onde tamén poderemos deleitarnos coas mellores seleccións mundiais do deporte da canastra.

Por todo elo, nesta biblioteca, quixemos rendir unha homenaxe a estes dous deportes, facendo unha pequena exposición de libros e DVD que traten ou teñan como eixo calquera deles.

Así como os mundiais se celebran en diferentes sedes, tamén o farán as nosas exposicións adicadas a estes dous deportes. Visita a nosa primeira "sede" de Dorneda á que seguirán outras bibliotecas con cadansúa expo.


Agardando que sexan do teu agrado e podas botarlles unha ollada, aquí te esperamos!!!

Entrevista á bibliotecaria municipal de Oleiros, Mª Luz Corral, en El Comarcal de A Coruña

https://picasaweb.google.com/112968433170961771213/EntrevistaALuzCorralEnElComarcalXuno2014?authuser=0&feat=directlink
María Ballesteros, xornalista de La Voz de Galicia, entrevista á bibliotecaria municipal de Oleiros, Mª Luz Corral, sobre o funcionamento do Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros.

(Publicada en El Comarcal de A Coruña, nº 26, de xuño de 2014).

9/6/14

Tertulia literaria en Rialeda: 11 de xuño (Grupo A) sesión final

http://issuu.com/bibloleiros/docs/doc_piel_salitre_a
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=au%2Cwrdl&q=mari%C3%B1as%2C+juan&idx=kw&idx=kw&sort_by=relevance&do=AceptarNa Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 18:00 a 20:00 h.
Comentaremos a obra "Piel de salitre" de Juan Mariñas.
 

Documentación.
 

Obras de Juan Mariñas nas nosas bibliotecas.
 

Con esta sesión remata a tempada 2013-2014 no grupo A das Tertulias Literarias.
 

Grazas a todas as persoas que participaron neste grupo ao longo destes 9 meses!!!