- Infantil (a partir de 8 anos):
Cando soa a buguina, de X. H. Rivadulla Corcón e ilustrado por Viki Berre
Xerais, 2020
Versión dixital en Galiciale
Da man do polifacético escritor especializado en programas documentais sobre a cultura mariñeira, temos a historia de Carme, unha nena de oito anos que vive en Muxía. O seu pai é mariñeiro e todas as tardes cando regresa do mar xoga con ela.
- Mozas/os e adultas/os:
Abdel, de Chechu Ramírez e Paco Vílchez
Dibbuks, 2014
Tentando chegar a Europa, Abdel é detido pola policía de Marrocos e abandonado no deserto do Sáhara. Un relato tenso, actual e magnificamente debuxado por estos dous profesionais das Belas Artes. Obra premiada polo programa Desencaja do Instituto Andaluz de la Juventud.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.