7/12/13

O Nadal nas bibliotecas de Oleiros

Clica na imaxe e descarga o programa
Está o Nadal chamando ás portas das bibliotecas de Oleiros: pasa e quenta á calor dos contos.
Biblioteca Pública Municipal "Mª José Ruso". Dorneda
Luns 9 de decembro, ás 18:30, contacontos para nenas/os menores de 4 anos, con Soledad Felloza, titulado "O globo amarelo".
Inauguración da mostra bibliográfica "23 álbums ilustrados para ti" cos mellores álbums ilustrados da editorial Juventud.
Luns 16 de decembro, ás 18:30, contacontos para nenas/os maiores de 4 anos, con Soledad Felloza, titulado "A señora dos libros".
 

Biblioteca Pública Municipal "Manuel María". Oleiros
Martes 10 de decembro, ás 18:30, Carmen Domech co espectáculo "Contacontos de libros contentos", para nenas/os menores de 10 anos.
Martes 17 de decembro, ás 18:30, Carmen Domech representará "Un bo rato con algúns ratos", dirixido a nenas/os menores de 10 anos.
 

Biblioteca Central Rialeda. Perillo
Xoves 12 de decembro, ás 18:30, contacontos para bebés a partir de 1 ano con Raquel Queizás, titulado "Nanocontos".
Xoves 19 de decembro, ás 18:30, contacontos para nenas/os a partir de 4 anos titulado "Axóuxeres de Nadal", con Soledad Felloza.
 

Biblioteca Pública Municipal "Rosalía de Castro". Santa Cruz
Mércores 18 de decembro, "Contos de Nadal" con Soledad Felloza
18:00 para nenas/os menores de 3 anos.
18:30 para nenas/os maiores de 3 anos.
 

Boas festas a todas/os!!!

4/12/13

Obradoiro "Leixaprem" n' As Torres de Santa Cruz: 5 de decembro

O Obradoiro de poesía "Leixaprem: Martín Codax" correrá a cargo do músico Juan Carlos Vázquez e participará o alumnado de 3º D de ESO do IES Miraflores de Oleiros, de 10:30 a 12:30. Celebrarase n' As Torres de Santa Cruz.
"Leixaprem" é un obradoiro de poesía, música e pintura a través do tempo (Século XIII - S. XXI). Unha actividade de creación poética a partir do poema de Martín Codax -"Eno Sagrad ́ en Vigo" (S. XIII)-, cantiga de amigo que emprega o paralelismo. As/os participantes escribirán e completarán unha cantiga medieval. A partir dun artificio formal, propiciado pola propia estrutura do leixaprem, elaborarán unha nova versión do poema “Eno sagrad’ en Vigo” de Martín Codax, acompañado de música modal con carácter improvisatorio.

3/12/13

Tertulia literaria en Rialeda: 4 de decembro (Grupo B)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comentario da obra "Amor de Artur" de Xosé Luis Méndez Ferrín.
Documentación

Nesta sesión contaremos coa presenza da profesora e catedrática de lingua e literatura galega Rosa García Vilariño.

A seguinte obra programada é "Una temporada para silbar" de Ivan Doig.