Títulos recomendados o venres 10 de xuño:
- Xuvenil (a partir de 12 anos): "El diario completamente verídico de un indio a tiempo parcial" de
Sherman Alexie, en Siruela.
Arnold Spirit Junior é un adolescente indio que vive na reserva spokane de Wellpinit, no estado de Washington, onde a vida é dura e escasean as oportunidades para saír adiante. Co fin de mellorar a súa formación pide unha bolsa para cursar estudos fóra da reserva nun instituto a onde só acoden rapaces brancos.- Mozos/as e adultos/as: "Expiación" de
Ian McEwan editado por Anagrama.
Desde a inconsciencia dos seus trece anos, Briony Tallis lanza unha grave acusación sobre unha persoa inocente que non só arruinará a vida do acusado senón tamén a súa propia.Recomendacións feitas no programa semanal que podes
ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.