10/12/21

Maxia e cancións polo Nadal nas Bibliotecas Municipais de Oleiros

Para nenas e nenos a partir de 6 anos.
Aforo limitado: é imprescindible inscribirse na biblioteca na que se realiza a actividade. Podes facelo desde 10 días antes da data de realización de cada unha das actuacións chamando á biblioteca corespondente.
 
 
Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Mércores 15 de decembro ás 18:30
Aforo completo!!!
Pakolas co seu espectáculo Ven a c@ntar con Pakolas
 
Biblioteca Pública Central Rialeda (Perillo)
Xoves 16 de decembro ás 18:30
Aforo completo!!!
1, 2, 3… o mago Pedro Bugarín! presenta Nov@ maxia para tod@s
 
Agardámosvos!!!
Bo Nadal e felices festas a todas-os!!!

Recomendacións en Radioleiros: 10 decembro 2021

- Infantil (nenas-os de 6 a 8 anos): 

"O bolero de Ravel" de José Antonio Abad Varela. Ilustrado por Federico Delicado. En Kalandraka.

Unha aposta estético-musical arredor da composición máis famosa do músico francés. Edición que inclúe códigos QR para completar esta experiencia.

- Mozas-os e adultas-os:

"El héroe discreto" de Mario Vargas Llosa. Editado por Alfaguara.

Dúas historias en paralelo conforman este libro con elementos detectivescos, sociais e outros propios dunha telenovela no Perú máis recente.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.


7/12/21

AVISO

A Biblioteca Municipal Mª José Trincado (Mera) e a Biblioteca Municipal Manuel María (Oleiros) estarán pechadas o 7 de decembro (16:00 a 20:00 horas).
 
A Biblioteca Municipal Xograr Mendiño (Lorbé) estará pechada o 7, 9 e 10 de decembro (16:00 a 20:00 horas).

Desculpen as molestias