O primeiro que vemos cando abrimos o libro é a Cándido. É diferente ao resto, así que nos empeza a contar como se sente. Di que algúns días se sente raro, outros peculiar, outros distinto, outros especial, ás veces incomprendido e outros é el quen non comprende aos demáis. Todo isto faino consciente de que vive nun mundo complexo no que é difícil ubicarse. Bueno… alomenos hai algo que comparte co resto do mundo: como a todos, encántalle o verán … mmmm! Aínda que non sei… seguro que a todos???
- Mozas/os e adultos:
A novela ten dúas partes narradas en primeira persoa polo seu protagonista, Tony Webster. Na primeira rememora o seu pasado de estudante xunto co seu grupo de amigos. A segunda parte lévanos corenta anos adiante. Tony está xubilado, divorciado e ten unha filla. Recibe unha herdanza inesperada que abrirá a caixa de Pandora e poñerá a comprensión da súa vida totalmente patas arriba.
Un exercicio moi interesante sobre a memoria. O que creíamos firmemente con vinte anos, dudámolo con corenta e sabémolo falso aos sesenta.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.