1/10/21

Trécola Teatro en Ler conta moito na Biblioteca Xograr Mendiño (Lorbé) 30/09/2021

Gravación do espectáculo "O león azul" que puidemos ver na sesión de Ler conta moito na Biblioteca Xograr Mediño (Lorbé) o 30 de setembro a cargo de Trécola Teatro.
 
Podes vela (ata as 12:00 do 03/10) clicando nesta ligazón:  QueroContosDeTrécolaTeatro!

Zoila Gulín en Ler conta moito na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) 30/09/2021

Gravación do espectáculo "Turpin, o coello viaxeiro" que puidemos ver na sesión de Ler conta moito na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) o 30 de setembro a cargo de Zoila Gulín.

Podes vela (ata as 11:00 do 03/10) clicando nesta ligazón:  QueroContosDeZoila!

Recomendacións en Radioleiros: 1 outubro 2021

- Infantil (nenas-os a partir de 4 anos):
"Sen rastro do gato", texto de Juha Virta e ilustracións de Marika Maijala. En Hércules Edicións. 
Nun espectáculo a maga desapareceu. Filippa e Coello teñen que substituíla axudados polo gato Durmiñón. Magníficas ilustracións de Maika Maijala.

- Mozas-os e adultas-os:
"Continente salvaje: Europa después de la Segunda Guerra Mundial" de Keith Lowe. En Galaxia Gutenberg.
Un estudo detallado dunha postguerra moi dura despois dun conflito brutal. Fame, desprazamentos de poboacións con limpezas étnicas e detrución de institucións con consecuencias que chegan ata hoxe.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas. 

Paco Franco del Amo, na memoria

Paco Franco del Amo formou parte do equipo que deseñou o Aquarium Finisterrae (estivo case 20 anos dirixindo este museo interactivo), como investigador, especializouse na bioloxía do desenvolvemento de vertebrados, destacouse como defensor da concienciación ambiental e como divulgador publicou centenares de artigos e visitou numerosos centros educativos e bibliotecarios. 

Na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) tivemos a sorte de contar coa súa presenza en tres ocasións: o 7 de novembro de 2008 coa charla científica "Os peixes de Nemo: a ciencia mariña de 20.000 leguas de viaxe submarina", o 25 de febreiro de 2011 coa conferencia titulada “Elixe o peixe correcto: opcións de consumo responsable de peixe para aliviar a sobrepesca”, e o 26 de abril de 2019 no encontro “Mar de plásticos” dentro do programa "Ler para saber", charlas científicas para adolescentes e público en xeral organizadas pola Universidade da Coruña, os Museos Científicos Coruñeses e diversos profesionais do mundo das ciencias xunto ás Bibliotecas Municipais de Oleiros. 

Paco Franco del Amo foise hai uns días. Recordaremos o diálogo entusiasta que mantiña coas nenas e nenos que asistían ás súas charlas. Grazas por compartir connosco a túa sabedoría e os teus coñecementos sobre o mar e a vida. 

30/9/21

Sarabela Teatro en Ler conta moito na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz) 29/09/2021

Gravación do espectáculo "Noa no espello" que puidemos ver na sesión de Ler conta moito na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz) o 29 de setembro a cargo de Sarabela Teatro.
 
Podes vela (ata as 12:30 do 02/10) clicando nesta ligazón:  QueroContosDeSarabelaTeatro!

29/9/21

A Xanela do Maxín en Ler conta moito na Biblioteca Manuel María (Oleiros) 28/09/2021

Gravación do espectáculo "U-la lúa?" que puidemos ver na sesión de Ler conta moito na Biblioteca Manuel María (Oleiros) o 28 de setembro a cargo de A Xanela do Maxín

Podes vela (ata as 11:30 do 01/10) clicando nesta ligazón:  QueroContosDeAXanelaDoMaxín!

28/9/21

Tertulias Literarias en Rialeda e Santa Cruz: Datas de inscrición

Inscrición: desde o mércores 29 de setembro ás 8,15 h.*

Como inscribirse:
- En liña (recomendado) na ligazón http://xurl.es/nb8xf
- Persoalmente na Biblioteca Central Rialeda.
- Por teléfono (981 639 511) en horario da biblioteca (luns a venres de 8,15 a 21,15 h.).

36 prazas por orde de inscrición distribuídas en 2 grupos de 18:
- 18 primeiras conforman o grupo A
- 18 restantes conforman o grupo B

As/os solicitantes sen praza formarán parte dunha lista de agarda.

Datas de inicio:
- Grupo A: mércores 20 outubro ás 17:30 h.
- Grupo B: mércores 13 outubro ás 17:30 h.

A duración da actividade é de 90 minutos.


BIBLIOTECA E CENTRO DE DOCUMENTACIÓN DA MULLER "ROSALÍA DE CASTRO". SANTA CRUZ
Inscrición: desde o mércores 21 de setembro ás 10 h.*

Como inscribirse:
- Persoalmente na Biblioteca de Santa Cruz.
- Por teléfono (981 626 338) no horario da biblioteca (martes a xoves de 10 a 13,30 h.; luns a venres de 16 a 20 h.; primeiro e terceiro sábado de mes de 10 a 14 h.).

36 prazas por orde de inscrición distrubuídas en 2 grupos de 18.

As/os solicitantes sen praza formarán parte dunha lista de agarda.

Datas de inicio:
- Grupo A: martes 19 outubro ás 17:30 h.
- Grupo B: martes 5 outubro ás 17:30 h.
 
A duración da actividade é de 90 minutos.

*Non se admitirán solicitudes previas á data sinalada.


Poden inscribirse todas/os as/os maiores de 16 anos que desexen participar. As sesións celebranse quincenalmente. A actividade remata no mes de xuño de 2022.

Comentaranse obras de distintos xéneros literarios, principalmente narrativa contemporánea, pero tamén se le poesía, teatro e ensaio, nun ambiente de familiaridade, procurando o lado formativo e á vez, lúdico da lectura.

O principal obxectivo é animar a ler lendo, gozar da literatura como un desenvolvemento da capacidade de creación e comunicación a través da lectura, de maneira que compartindo ideas, reflexionando sobre temas diversos poidamos enriquecernos cos diferentes puntos de vista.

As programacións inclúen obras de autoras e autores da literatura galega, española e internacional.

Paco Nogueiras en Ler conta moito na Biblioteca Mª José Ruso (Dorneda) 27/09/2021

Gravación do espectáculo "Extra!" que puidemos ver na sesión de Ler conta moito na Biblioteca Mª José Ruso (Dorneda) o 27 de setembro a cargo de Paco Nogueiras
 
Podes vela (ata as 11:00 do 30/09) clicando nesta ligazón:  QueroCanciónsDePacoNogueiras!

27/9/21

Carlos Alba en Ler conta moito na Biblioteca Mª José Trincado (Mera) 24/09/2021

Gravación da sesión "O que me contou a tía Caronda" que puidemos ver na sesión de Ler conta moito na Biblioteca Mª José Trincado (Mera) o 24 de setembro a cargo de Carlos Alba

Podes vela (ata as 12:30 do 29/09) clicando nesta ligazón:  QueroContosDeCarlosAlba!

Xoán Curiel en Ler conta moito na Biblioteca Ánxel Fole (Nós) 24/09/2021

Gravación do espectáculo "Conto-concerto para montar a túa banda" que puidemos ver na sesión de Ler conta moito na Biblioteca Ánxel Fole (Nós) o 24 de setembro a cargo de Xoán Curiel

Podes vela (ata as 12:00 do 29/09) clicando nesta ligazón:  QueroCanciónsDeXoánCuriel!