Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino público do Concello na semana de 20 a 24 de febreiro:
Na Biblioteca Central Rialeda de Perillo
Luns 20 de febreiro:
- 11:00 h. - 2º A de ESO do IES Miraflores (Oleiros)
- 16:30 h. - 1º D de ESO do IES Miraflores (Oleiros)
"Visita guiada á Biblioteca Central Rialeda" a cargo de persoal da biblioteca e o "Contacontos Feirantes" a cargo do actor e contacontos Ramiro Neira.
Martes 21 de febreiro:
- 9:15 h. - 2º B de ESO do IES Isaac Díaz Pardo (Sada)
- 12:00 h. - 2º C de ESO do IES Isaac Díaz Pardo (Sada)
"Visita guiada á Biblioteca Central Rialeda" a cargo de persoal da biblioteca e o "Contacontos Feirantes" a cargo do actor e contacontos Ramiro Neira.
Mércores 22 de febreiro:
- 9:15 h. - 1º de ESO do IES Mosteirón (Sada)
"Visita guiada á Biblioteca Central Rialeda" a cargo de persoal da biblioteca e o "Contacontos Feirantes" a cargo do actor e contacontos Ramiro Neira.
Venres 24 de febreiro:
- 9:20 h. - 3º A e B de EP do CEIP Valle Inclán (Perillo)
- 10:20 h. - 3º C e D de EP do CEIP Valle Inclán (Perillo)
"Un conto de tres noites" a cargo de Caxoto.
Na Biblioteca Pública Municipal "Rosalía de Castro" de Santa Cruz
Martes 21 de febreiro:
- 10:30 h. - Alumnado de 3 anos do CEIP Luis Seoane (Mera)
- 11:50 h. - Alumnado de 5 anos do CEIP Luis Seoane (Mera)
"Paxariños" a cargo da Compañía Trinke Trinke.
Mércores 22 de febreiro:
- 10:10 h. - Alumnado de 3 anos do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz)
- 11:00 h. - Alumnado de 4 anos do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz)
"Paxariños" a cargo da Compañía Trinke Trinke.
Xoves 23 de febreiro:
- 10:20 h. - 1º de ESO do IES Miraflores (Oleiros)
Obradoiro "Cantando con Rosalía" homenaxe a Rosalía de Castro e á poesía a cargo de Carmela Sánchez Arines. Actividade incluída no programa "Ler conta moito" da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Máis información das nosas actividades, programas, documentación, publicacións, etc., na nosa web http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas, o blog das Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros e en twitter @bibloleiros
18/2/17
Tertulia literaria en Rialeda: 22 febreiro 2017 (Grupo B)
Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
17,30 a 19,30 h.
Comentario de "El mapa y el territorio" de Michel Houellebecq
Documentación
A seguinte obra programada é "Mentiras de mujeres" de Liudmila Ulítskaya
17,30 a 19,30 h.
Comentario de "El mapa y el territorio" de Michel Houellebecq
Documentación
A seguinte obra programada é "Mentiras de mujeres" de Liudmila Ulítskaya
17/2/17
Recomendacións en Radioleiros: 17 febreiro 2017
La ovejita que vino a cenar, de Steve Smallman
Beascoa
Imaxinade a situación: Un lobo famento que se está a preparar, refunfuñando unha sopa de verduras, mentres pensa en como lle gostaría poderse preparar un rico estofado de ovella. Xusto nese momento petan á súa porta, e que aparece diante dos seus ollos??? Unha ovelliña aterida de frío pedindo cobixo.
Trátase dunha tenra e simpática historia que toca varias emocións moi interesantes para traballar cos nenos.
- Mozos/as e adultos/as:
A candidata, de Miguel Sande
Galaxia
A candidata é un libro peculiar na súa forma narrativa. Conta, a 3 voces, a historia dunha familia normal e corrente que perde todo o que tiña, non só a nivel económico, senón tamén a nivel moral. A medida que perden os bens materiais: a casa, a empresa… vanse derrumbando as súas personalidades, máis as dos país que a da filla. Aínda que se le a un ritmo rápido debido á súa estructura narrativa, trátase dunha novela para reflexionar, para dixirila moi lentamente.
É o relato dunha debacle económica e moral e a dunha rebelión, a da nai e a da filla, contada dunha maneira “ferinte, impactante, abrupta e incorrecta”.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
“Unha cita a cegas cun libro” na Biblioteca de Santa Cruz
Na Biblioteca de Santa Cruz facémosche unha invitación que esperamos che resulte emocionante e orixinal. A partir do día 14 de febreiro, Día de San Valentín, no noso horario habitual, tes unha cita a cegas cun libro.
Trátase de que un libro atope lector/a e que xuntos pasedes unha estupenda velada…. ou o que xurda.
Trátase de que un libro atope lector/a e que xuntos pasedes unha estupenda velada…. ou o que xurda.
“Colle un libro, lévao a túa casa, móstralle o teu lugar favorito para ler, comparte con el o teu aperitivo favorito, podes ensinalo aos teus amigos/as e….¿quen sabe? ao mellor tedes futuro”
Temos un expositor con libros infantís e outro con libros para adultos. Para escoller a “túa primeira cita” podes fiarte dos pequenos comentarios que adxuntamos.
Actividades infantís en Bibloleiros: de 15 a 17 de febreiro 2017
Todas as sesións se celebrarán ás 18:30!!!
Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 15 de febreiro
Para nenas-os de 4 a 6 anos
CONTACONTOS: Lilí Gruyère da Compañía Trinke Trinke
TÍTULO: “Viaxe a África”
Biblioteca Central Rialeda. (Perillo)
Xoves 16 de febreiro
Para nenas-os de 1 a 3 anos Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Charo Pita
TÍTULO: “Unha de bechos”
Biblioteca Pública Municipal “Xograr Mendiño”. Lorbé
Xoves 16 de febreiro
Para nenas-os de 4 a 8 anos
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “En branco”
Biblioteca Pública Municipal “Ánxel Fole”. Nós
Venres 17 de febreiro
Para nenas-os de 4 a 8 anos
CONTACONTOS: Lilí Gruyère da Compañía Trinke Trinke
TÍTULO: “O ratiño presumido”

15/2/17
A poeta Luisa Abad presenta o seu libro "Limaduras de prata" na Biblioteca de Santa Cruz
Na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro de Santa Cruz, o xoves 16 de febreiro, ás 19 horas, terá lugar a presentación do poemario “Limaduras de prata” de Luisa Abad.
Un libro de poemas cargados de sentimentos e emocións.
Durante o tratamento dun linfoma, a autora foi tecendo unha serie de poemas sobre as experiencias e emocións que estaba a vivir.
Un libro solidario que pretende ser un espello no que se poidan mirar outras persoas que están a atravesar un trance similar.
Luisa Abad naceu na Coruña. Licenciouse en Pedagoxía pola Universidade de Barcelona.
Exerceu de mestra e profesora de Educación Infantil, Primaria e Secundaria durante corenta anos na Coruña, Barcelona e Vigo. Foi asesora de Formación Permanente de Educación Infantil e de Coeducación durante nove anos no Centro de Formación Continuada do Profesorado de Vigo. Posteriormente foi orientadora nos institutos Valentín Paz Andrade de Vigo e no Zalaeta da Coruña.
Unha vez xubilada, decide asistir a obradoiros literarios e de escritura con Dores Tembrás, Xavier Seoane, Yolanda Castaño e especialmente coa poeta Antía Otero, coa que leva traballando varios anos.
Este libro representa o segundo poemario da autora, o primeiro, “O punto de maduración”, tamén presentado nesta biblioteca no ano 2015, foi moi ben acollido polo público.
Na presentación estará acompañada pola tamén poeta Antía Otero e ao final do acto, María José Pérez poñeralle música aos poemas recollidos no libro.
Todo o que se recaude coa súa venda vai ser destinado á Asociación Española contra o Cancro e os seus labores de investigación.Invitamos a todas as persoas que desexen asistir!!!

Suscribirse a:
Entradas (Atom)