21/5/10

Recomendacións en Radioleiros

Títulos recomendados o venres 21 de maio:
- Infantís (menores de 6 anos):
"El viaje de Max" de Gauthier David editado por El Aleph.
Libro de gran formato, fundamentalmente visual baseado nunha viaxe imaxinaria de Max pola natureza. Recomendábel para os-as máis cativos-as pola calidade das cores e ilustracións.
- Mozos-as e adultos-as:
"O desfalco" de Valentín Katáiev, en Rinoceronte.
No Moscova dos anos vinte, dous funcionarios soviéticos fuxen cos cartos da nómina da súa empresa. Comezan unha viaxe por varias cidades chea de humor e situacións satíricas. Moi bo para a fin de semana.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas

20/5/10

Hora do conto na Biblioteca "Mª José Trincado" de Mera: venres 21 de maio

Ola: espérote na Biblioteca "Mª José Trincado" de Mera o venres 21 de maio ás 18:30 para escoitar a Caxoto na hora do conto cos seus "Contos de cores e sabores"

Hora do conto na Biblioteca "Rialeda" de Perillo: xoves 20 de maio

Ola: espérote na Biblioteca "Rialeda" de Perillo o xoves 20 de maio ás 18:30 para escoitar a hora do conto. Para os nenos-as menores de 6 anos Ratiña Lupiña da Compañía Trinke Trinke contará: “Contos de Plácido: Plácido e o voo nocturno, Plácido e a fresa sorpresa, Plácido e a marmelada, Plácido e o monstro". Para os-as maiores de 6 anos Pablísimo contará: "Minicontos: O home que tragou unha mosca, Tox toc, Cociña espacial, Só un segundo..."

LER PARA SABER: 21 de maio (última sesión)

Biblioteca Central Rialeda (2º andar)
Hora: 18,30
Actividade dirixida a nenos e nenas a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.
LER PARA SABER despídese unha tempada máis cunha sesión que contará coa participación de Celtia Garcia Crespo e Jimena Torremocha Serra, alumnas do CEIP A Rabadeira, que realizarán unha pequena presentación sobre "As bolboretas" previamente á charla "Estamos rodeados de ácidos e bases" a cargo de Elena López Prada, profesora de Física e Química do IES Miraflores.
Seleccionamos para ti libros para esta charla científica

19/5/10

Hora do conto na Biblioteca "Rosalía de Castro" de Santa Cruz: mércores 19 de maio

Ola: espérote na Biblioteca "Rosalía de Castro" de Santa Cruz o mércores 19 de maio ás 18:30 para escoitar a Ramiro Neira na hora do conto con "A gata e os ratos" e "O guepardo inxenuo".

Tertulia literaria en Rialeda: 19 maio 2010 (Grupo A)


Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de Actividades)
Hora: de 17,30 a 19,30
Comentaráse a obra "A esmorga" de Eduardo Blanco Amor.
Consulta e descarga a nosa documentación.

Consulta no catálogo a dispoñibilidade de obras de Eduardo Blanco Amor.

18/5/10

Hora do conto nas Bibliotecas "Manuel María" de Oleiros e "Xograr Mendiño" de Lorbé: martes 18 de maio

Ola: espérote na Biblioteca "Manuel María" de Oleiros o martes 18 de maio ás 18:30 para escoitar a Inés Cuadrado na hora do conto. Os títulos serán: "O alquimista", "O anel do rei Salomón", "Dous consellos e unha empanada", "Lenda dos mariños". Á mesma hora, na Biblioteca "Xograr Mendiño" de Lorbé, poderás escoitar a Ramiro Neira, cos contos "A granxa", "A gata e os ratos"

Obradoiros de Ilustración con Manel Cráneo (maio e xuño)


"O universo do Planeta Mincha", por Manel Cráneo

Díptico: anverso / reverso

Data: 19 de maio:
Hora: 2 sesións (10,30 e 12,15 h.)
Dirixido ao alumnado de 5º de Primaria do CEIP Isidro Parga Pondal.

Data: 21 de maio:
Hora: 2 sesións (10,15 e 12,15 h.)
Dirixido ao alumnado de 5º de Primaria do CEIP A Rabadeira.

Data: 25 de maio:
Hora: 2 sesións (10,15 e 11,45 h.)
Dirixido ao alumnado de 5º e 6º de Primaria do CEIP A Rabadeira.

Data: 26 de maio
Hora: 2 sesións (10,15 e 11,45 h.)
Dirixido ao alumnado de 6º de Primaria do CEIP A Rabadeira.

Data: 1 de xuño
Hora: 2 sesións (10,30 e 12,30 h.)
Dirixido ao alumnado de 6º de Primaria do CEIP Isidro Parga Pondal