30/7/10

Recomendacións en Radioleiros


Títulos recomendados o 30 de xullo:
- Infantil (de 10 a 12 anos):
"Mil cousas poden pasar.Libro I" de Jacobo Fernández Serrano, editado por Xerais.
Neda e Mercurín, fillos do rei do mar, procuran un agasallo no aniversario do seu pai. Na procura do mesmo acontecen situacións imaxinativas e disparatadas, mesturando o excepcional co cotián e o surrealismo co normal.
- Mozos-as e adultos-as:
"La paciencia de la araña" de Andrea Camilleri en Salamandra.
O secuestro dunha moza é o motivo da octava entrega da serie do comisario Salvo Montalbano. Un interesante caso dunha novela policiaca sen sangue pero cunha alta dose de intriga e traición, contando cun remate distinto ao habitual.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.


28/7/10

Tertulia Literaria en Rialeda: títulos máis valorados

As participantes do grupo B da nosa tertulia literaria destacaron os seguintes títulos como os máis valorados entre os doce títulos programados na recén rematada tempada 2009-2010:

1. Los Buddenbrook, de Thomas Mann
2. El amor en los tiempos del cólera, de Gabriel García Márquez
3. La tía Julia y el escribidor, de Mario Vargas Llosa

O ascenso e decadencia dunha familia da alta burguesía alemana ao longo de catro xeneracións. O Premio Nobel Thomas Mann publicóu Los Buddenbrook con 25 anos, en 1901. A novela inspírase na historia da familia do propio escritor, e a cidade e algúns persoaxes secundarios están tomados directamente da realidade. Como anécdota, a moitos dos habitantes de Lübeck non lles gustóu o retrato que Mann fixo deles, sendo moi críticos coa novela.

Unha rica enciclopedia sobre o amor, na que podemos atopar prácticamente todas as manifestacións reais ou imaxinarias dese sentimento tan cruel como maravilloso. A obra de Gabriel García Márquez é a historia dun anhelo que perdura ao longo de máis de 50 años nalgún lugar de Sudamérica.


Unha novela rodeada e envolta pola polémica: ‘La tía Julia y el escribidor’ é considerada como unha autobiografía ficticia sobre a experiencia do seu primeiro matrimonio coa súa tía política Julia Urquidi. Asimesmo, a través do “escribidor”, Vargas Llosa homenaxea ao xénero da radionovela que acompañóu a xeneracións completas de radiouvintes, e que aínda a principios dos noventa conseguían manter atento ao auditorio coas peripecias dos seus heróis correspondentes.
Os títulos están dispoñibles nas bibliotecas de Oleiros.
Recomendamos a súa lectura.