30/6/23

Recomendacións en Radioleiros: 30 xuño 2023

Recomendacións en Radioleiros: 30 xuño 2023
- Xuvenil:
"Todos fomos" de Marcos Calveiro"Todos fomos" de Marcos Calveiro. Editado por Xerais.
Dispoñible en en GaliciaLe
Segunda parte dunha triloxía na que unha rapaza, Natalia, aparece na praia de Teis despois de seis anos de non saber dela. A inspectora Lina Souto, os medios de comunicación e a cidade de Vigo como fondo nesta historia social.
"El amor dura tres años" de Frédéric Beigbeder

- Mocidade e persoas adultas:
"El amor dura tres años" de Frédéric Beigbeder. En Anagrama.
 
O humor, a ironía e a capacidade de provocar xúntanse neste relato con tintes autobiográficos no que Beigbeder condensa vida e pensamentos.
 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

26/6/23

27 de xuño en Rialeda: Encontro literario con Nuria Vil (Cafés en lila)

Martes 27 de xuño ás 18:30 h.

Encontro literario coa resitadora, poeta e artista multidisciplinar Nuria Vil.
Con formación en filoloxía, o seu traballo artístico -eminentemente oral- envolve a palabra falada e o diálogo entre distintas artes para levar a poesía máis aló da escrita, formando parte de proxectos de poesía escénica e artes multidisciplinares. Actualmente, tamén traballa na corrección editorial, forma parte da equipa de A Sega e xestiona un perfil en Patreon -onde comparte relatos sonoros inéditos- e na canle de Youtube "Coidado coa Cadela". Gañou a Bolsa Ensaia 2022 pola súa traxectoria artística e investirá os cartos na rodaxe e distribución da peza audiovisual Delincuente, inspirada no seu poema homónimo sobre a historia obreira da cidade de Vigo, a figura de La Maradona e a poesía galega contemporánea. A súa peza Espazo a vulnerar vén de estrearse no Festival Escenas do Cambio (Cidade da Cultura, 2023). Simún (Chan da Pólvora, 2021) é ata o momento o seu único poemario escrito, co que foi finalista nos Premios Follas Novas. Algúns dos seus textos recóllense en CDs autoeditados, fanzines e nas antoloxías Alguén nos lembrará (Xerais, 2023), Así fala Penélope (Chan da Pólvora, 2022), Poesía Galega Novísima (Urutau, 2020), Trobeir*s do Século XXI (Chan da Pólvora, 2019), e Dentes para a mazá (Chan da Pólvora, 2018), mais a meirande parte deles permanecen orais e inéditos. Este 27 de xuño, conversaremos na súa compaña arredor do transfeminismo, o antiespecismo, a conciencia antirracista e a vindicación social, como eixos transversais que vertebran a súa forma de crear e de posicionarse no mundo.
Entrada libre ata completar aforo.
Este encontro encádrase dentro da actividade “Cafés en lila: Literatura e Feminismo”, organizada pola Concellaría de Igualdade do Concello de Oleiros.