22/2/19

Entroido en Bibloleiros: de 25 a 28 de febreiro

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-29401.pdf
Neste obradoiro explicaránselles as características das máscaras do Entroido galego e cada nena-o realizará a reprodución dunha delas: peliqueiro, cigarrón ou boteiro, decorada ao seu xeito persoal. 
*Dirixido a nenas e a nenos a partir de 5 anos.
*Máximo de participantes en cada obradoiro: 20.
*Imprescindible inscribirse na biblioteca na que desexen participar.
*Hora: 17:30. 


Luns 25 de febreiro

Martes 26 de febreiro
Biblioteca Pública Municipal Manuel María. (Oleiros)
Tel.: 981 610 700

Mércores 27 de febreiro
Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro. (Santa Cruz)
Tel: 981 626 338  Aforo completo!!!

Xoves 28 de febreiro
Biblioteca Central Rialeda. (Perillo)
Tel.: 981 639 511 Aforo completo!!! 

AVISO: este obradoiro cambiou a súa data de celebración!!!
Martes 26 de febreiro (en vez do xoves 28)
  
Clica na ligazón para ver os recursos que temos sobre o Entroido en Bibloleiros: gastronomía, festas, etc.

Recomendacións en Radioleiros: 22 febreiro 2019

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1480724https://youtu.be/B1XF3c7r6K4- Infantil (de 6 a 8 anos):
"Novos amigos" de Tomi Ungerer, en Kalandraka.
O recentemente falecido Tomi Ungerer foi un dos mellores escritores e ilustradores das últimas décadas. Nesta ocasión preséntanos a unha nena e un neno que son capaces de levar adiante un proxecto artístico con poucos medios e superando todas as dificultades.
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1161194              
- Mozas-os e adultas-os:
 "El ojo de jade" de Diane Wei Liang. Editado por Siruela.
Coincidindo coa exposición en Rialeda de libros e películas da China, traemos esta novela policíaca que pode servirnos para entender a sociedade de hoxe naquel país. A mestura do vello e do novo, as diferencias económicas, o papel do Partido, as lembranzas da
Revolución Cultural e as súas consecuencias, forman unha paisaxe de grande interese social e boas doses de intriga.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Actividades de promoción da lectura: de 25 de febreiro a 1 de marzo 2019

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-29319.pdf
Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 25 de febreiro a 1 de marzo:
Na Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Luns 25 de febreiro:
- 10:15: Alumnas-os de 1º e 2º de EP do CEIP Juana de Vega (Nós).
"Chove miudiño, Rosalía" con Soledad Felloza.
Mércores 27 de febreiro:
- 10:35: Alumnas-os de 5º de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo).
"Taller de banda deseñada" con Manel Cráneo.
Xoves 28 de febreiro:
- 10:15 e 11:35: Alumnas-os de 3º de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo).
"Avó" con Ramiro Neira.
 

Na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Martes 26 de febreiro:
- 9:30 e 1:35: Alumnas-os de 2º de ESO do IES María Casares (Santa Cruz).
"Micro BD" con Miguel Cuba.
Mércores 27 de febreiro:
- 10:00: Alumnas-os de 3º de EP do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz).
"Mans" con Pablísimo.
Xoves 28 de febreiro:
- 10:35: Alumnas-os de 2º de ESO do IES María Casares (Santa Cruz).
"Mans" con Pablísimo.
 Venres 1 de marzo:
- 10:35: Alumnas-os de 2º de ESO do IES María Casares (Santa Cruz).
"Micro BD" con Miguel Cuba.
 

Na Biblioteca Manuel María (Oleiros)
Martes 26 de febreiro:
- 11:00 e 12:00: Alumnas-os de 3º de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Mans" con Pablísimo.
Mércores 27 de febreiro:
- 11:00 e 11:10: Alumnas-os de 2º de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Avó" con Ramiro Neira.
Xoves 28 de febreiro:
- 11:00: Alumnas-os de 4º de EI do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Mans" con Pablísimo.

19/2/19

Ler para saber: charlas de divulgación científica en Rialeda

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-29418.pdf
Realizamos unha nova programación de “Ler para saber: charlas de divulgación científica” para os meses de febreiro a maio. Son cinco charlas sobre temas científicos dirixidas a nenas e nenos (a partir de 10 anos de idade), adolescentes e público en xeral, que terán lugar na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) os venres 22 de febreiro, 15 e 22 de marzo, 26 de abril e 10 de maio.
Os obxectivos que se pretenden conseguir son achegar a ciencia a todas as persoas, ampliar os coñecementos sobre temas científicos de importancia na vida diaria, fomentar o coñecemento específico dunha materia determinada, dinamizar os fondos bibliográficos sobre estes temas, atraer á biblioteca a un público interesado pola ciencia e, en definitiva,  fomentar  a lectura e a consulta de libros que traten estas temáticas.
Programáronse charlas ou obradoiros sobre aspectos diferentes para atraer a un público de gustos diversos e variados:
 

-> 22 de febreiro
 “Alimentación saudable na idade escolar” por Carolina Mosquera, nutricionista.

Seleccionamos para ti títulos relacionados con este tema. Preme na ligazón.
-> 15 de marzo
“Unha solución para o noso planeta: as bacterias que “comen” plásticos” por Dimas López, estudante de grado en Bioloxía e membro de UDCiencia d+i.
-> 22 de marzo
“Imos experimentar” por Francisco Armesto, biólogo e director técnico de proxectos dos Museos Científicos Coruñeses (=mc2).
-> 26 de abril
“Mar de plásticos” por Francisco Franco del Amo, biólogo e director técnico do Aquarium Finisterrae dos Museos Científicos Coruñeses (=mc2).
-> 10 de maio
 “Aves da Ría do Burgo” por Antonio Patiño, fotógrafo.


Desde a Biblioteca Central Rialeda invítase a todas as persoas que desexen asistir.

18/2/19

Os + prestados en 2018: mozas/os e adultas/os

Presentamos as obras dirixidas ao público mozo e adulto máis prestadas durante o ano 2018 no Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais do Concello de Oleiros.

Literatura:
- La verdad sobre el caso Savolta, de Eduardo Mendoza
- Ollos de auga, de Domingo Villar
- Todo esto te daré, de Dolores Redondo
- Niebla en Tánger, de Cristina López Barrio
- El fuego invisible, de Javier Sierra

Literatura (Clubs de Lectura):
- Patria, de Fernando Aramburu
- Volver a casa, de Yaa Gyasi
- Desgracia, de J. M. Coetzee
- La habitación de Nona, de Cristina Fernández Cubas
- A nena do abrigo de astracán, de Xabier P. DoCampo

Libros de coñecemento:
- Inglés paso a paso con Vaughan (colección)
 - Tranquilos y atentos como una rana, de Eline Snel
- El arte de no amargarse la vida, de Rafael Santandreu
- Fariña, de Nacho Carretero
- El cerebro del niño explicado a los padres, de Álvaro Bilbao

DVD (Series TV):
- Juego de tronos
- Los Soprano
- Bron, Broen (El puente)
- Narcos
- Hermanos de sangre

DVD (Películas):
- El bar
- Captain Fantastic
- Dunkerque
- Blade Runner 2049
- Un monstruo viene a verme

Revistas:
- Muy interesante
- Integral
- Quo
- Saber vivir
- Cosas de casa

Os + prestados en 2018: infantil e xuvenil


Presentamos as obras dirixidas ao público infantil e xuvenil máis prestadas durante o ano 2018 no Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais do Concello de Oleiros.


Narracións e contos infantís:
- Toca toca (colección), de Fiona Land
- El monstruo de colores, de Anna Llenas
- Colores, de Julia Donaldson
- Números, de Julia Donaldson
- Pingüino azul, de Petr Horácek

Literatura xuvenil:
- Diario de Greg (colección), de Jeff Kinney
- Diario de Nikki (colección), de Renee Rachel Russell
- Romeo y Julieta, de William Shakespeare (ed. Anaya)
- Nunca seré tu héroe, de María Menéndez Ponte
- Harry Potter y la cámara secreta, de J. K. Rowling

Libros de coñecemento:
- Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes, de Elena Favilli
- 1, 2, 3... ¡ya!, los récords deportivos de los animales, de Pascale Hédelin
- El gran libro de los bichos, de Yuval Zommer
- El maravilloso mundo de los animales (colección), de Walt Disney
- ¡Mira al cielo!, de José Ramón Alonso

Banda deseñada:
- Pokémon (colección), de Hidenori Kusaka
- Todo Mortadelo y Filemón (colección), de Francisco Ibáñez
- Solos (colección), de Gazzotti
- Paula Crusoe (colección), de Mathilde Domecq
- Dad (colección), de Nob

DVD:
- Ballerina
- Capitán Calzoncillos, su primer peliculón
- Gru 3
- Vaiana
- Del revés (Inside out)

Música:
- Brinca vai, de Paco Nogueiras
- Radio Bulebule, de Paco Nogueiras
- Canta connosco, de Migallas
- Toc toc, de Pablo Díaz
- María Fumaça, as que máis molan

Revistas:
- Reportero Doc
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=ti&q=reportero+doc&idx=au%2Cwrdl&q=&idx=au%2Cwrdl&q=&do=Busqueda&limit=mc-rtype%3Aa+and+Bib-level%3Ds&limit-yr=&limit=&limit=&multibranchlimit=OLE&sort_by=relevance
- Leo leo
- Caracola
- I love English
- Popi


Tertulia literaria en Santa Cruz: 18 febreiro 2019

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com/search/label/Tertulias%20Literarias
https://salamandra.info/autor/abdolahBiblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"
17,30 a 19 h.

Comentario de "El reflejo de las palabras" de Kader Abdolah

Seguinte lectura: "Mejillones para cenar" de Birgit Vanderbeke