Recital poético "Con nome de muller" a cargo da actriz Chus Álvarez, acompañada ao piano por Ángeles Dorrio, no Teatro As Torres de Santa Cruz, o martes, 18 de marzo, ás 20:30 h.
Unha homenaxe á poesía escrita por mulleres universais, en galego e castelán. Unha escolma de 36 poemas únicos, recitados con voz falada e cantada, e música en directo.
Selección poética, interpretación e dirección: Chus Álvarez. Piano e voz cantada: Ángeles Dorrio.
Poetas galegas:

Alba Cid
Ana Romaní
Emma Pedreira
Estíbaliz Espinosa
Lucía Aldao
Luisa Villalta
Lupe Gómez
Luz Fandiño
Luz Pozo Garza
María Lado
Olalla Cociña
Olga Novo
Pilar Pallarés
Pura Vázquez
Rosalía de Castro
Xela Arias
Xohana Torres
Yolanda Castaño
Poetas españolas e internacionales:
Alba Flores
Alejandra Pizarnik
Alfonsina Storni
Ana Luisa Amaral
Beatriz Osés
Concha Méndez
Emily Dickinson
Gata Cattana
Gioconda Belli
Gloria Fuertes
Mar Benegas
María Elena Higueruelo
María Elena Walsh
Maya Angelou
Patricia Benito
Sylvia Plath
Wislawa Szymborska
Xitlalitl Rodríguez

- Dúas heroínas voando van!, a cargo de Raquel Crespo. Na Biblioteca Rialeda de Perillo, o 6 de marzo.
- Dámoslle a volta ao conto, por Raquel Queizás. Na Biblioteca Mª José Ruso de Dorneda, o 10 de marzo.
- A verdadeira historia de Cincenta, a cargo de Charo Pita. Na Biblioteca Manuel María de Oleiros, o 11 de marzo.
- O mundo ao revés, por Trémola Teatro. Na Biblioteca Rosalía de Castro de Sta. Cruz, o 12 de marzo.
- Lúa quere viaxar a...Marte, a cargo de A Xanela do Maxín. Na Biblioteca Xograr Mendiño de Lorbé, o 13 de marzo.
- Contamos en igualdade, por Eduvía. Na Biblioteca Ánxel Fole de San Pedro de Nós, o 14 de marzo.
Nos Clubs de Lectura vanse ler e comentar libros escritos por mulleres ou que tratan temas relativos á muller:
Na Biblioteca Central Rialeda, Perillo:
- Vi: una mujer minúscula, de Kim Thuy (comentarase o 5 de marzo no grupo A e o 9 de abril no grupo B).
- Todo cuanto amé, de Siri Hustvedt (comentarase o 26 de marzo no grupo B).
Na Biblioteca Rosalía de Castro, Sta. Cruz:
- Desgracia, de J. M. Coetzee (comentarase o 18 de marzo no grupo C).
Na Biblioteca Mª José Trincado, Mera:
- Os seres queridos, de Berta Dávila (comentarase o 17 de marzo no grupo B).
- Historia de los vertebrados, de Mar García Puig (comentarase o 7 de abril no grupo A).
Na Biblioteca Manuel María, Oleiros:
- Circe ou o pracer do azul, de Begoña Caamaño (comentarase o 10 de abril).Nas actividades dirixidas ao alumnado dos centros de ensino están programados actos con temática feminista ou pola igualdade da muller e o home:
- E ti que queres ser de maior?, a cargo de Trémola Teatro. Na Biblioteca Rialeda, o 10 de marzo, ás 10 h. Dirixida a alumnado de 2º de primaria do Colexio Valle Inclán de Perillo.
- Muller, poeta en galego, a cargo da Premio Nacional de Poesía 2024, Yolanda Castaño. Na Biblioteca Rosalía de Castro, o 11 de marzo, ás 10.30 e ás 12 h. (son dúas sesións). Dirixidas a alumnado de 4º da ESO do IES Neira Vilas de Perillo.
- Rosalía pequena, a cargo de Ramiro Neira. Na Biblioteca Rialeda, o 27 de marzo, ás 10.15 e ás 11.45 h. (son dúas sesións). Dirixidas a alumnado de 3º de primaria do colexio Valle Inclán de Perillo.
Tamén se realizarán mostras bibliográficas sobre a muller en todas as bibliotecas, co obxectivo de dar visibilidade á muller e á temática da igualdade de xénero:
Biblioteca Central Rialeda, en Perillo: A Biblioteca Violeta de Rialeda presenta “Mulleres e ciencia”
Unha selección de libros sobre científicas ocultadas polo veo da invisibilidade. Mostra bibliográfica que fala de médicas, xeólogas, matemáticas, enxeñeiras, xenetistas, biólogas que foron inspiradoras, valentes e pioneiras. Mulleres vangardistas que contribuíron de xeito crucial a transformar as súas áreas científicas pero non tiveron recoñecemento, aínda hoxe, ao seu inmenso traballo.
Público ao que vai dirixida: todo tipo de público.
Tempo que durará a mostra bibliográfica: desde o 6 de marzo ata fin de mes.
Na Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro, en Santa Cruz a mostra bibliográfica titulada “Mulleres entre viñetas”.
Selección de obras de banda deseñada escritas ou debuxadas por mulleres. Inclúense tanto títulos para o público adulto como para o infantil.
Os obxectivos que se pretenden conseguir son visibilizar o traballo das mulleres dentro do mundo da banda deseñada. Dar a coñecer autoras que forman parte do noveno arte. Achegar, tanto aos adultos/as como aos nenos/as, ao mundo do cómic a través de títulos escritos por mulleres. Deste xeito, na mostra figurarán nomes como Marjane Satrapi, Raina Telgemeier, Ana Oncina, Lola Vendetta, Ana Penyas, Katie O'Neill...
Público ao que vai dirixida: todo tipo de público.
Tempo que durará a mostra bibliográfica: mes de marzo.
Na Biblioteca Pública Municipal Manuel María, en Oleiros: “Mulleres bravas e loitadoras que abriron camiño”.
Historias de mulleres que destacaron como científicas, no mundo das artes, da política, do deporte, etc. Pioneiras que venceron as barreiras que lles estaban impostas, que abriron camiño e ás que lles debemos non dar nin un paso atrás.
Público ao que vai dirixida: todos os públicos
Tempo que durará a mostra bibliográfica: mes de marzo
Biblioteca Pública Municipal Mª José Ruso, en Dorneda: “Con nome de muller”.
Formada por unha selección de novelas escritas por mulleres e que teñen unha protagonista feminina.
Público ao que vai dirixida: público adulto
Tempo que durará a mostra bibliográfica: desde o 5 de marzo ata fin de mes.
Biblioteca Pública Municipal Mª José Trincado, en Mera: “Voces femininas: o 8M a través da literatura”.
Exposición bibliográfica que recolle unha selección de ensaios e obras literarias que abordan a loita das mulleres pola igualdade, os dereitos civís e sociais, así como a súa representación ao longo da historia. A través de textos clásicos e contemporáneos, esta mostra invita á reflexión sobre os logros alcanzados e os desafíos que aínda existen na loita feminista.
Público ao que vai dirixida: para todos os públicos.
Tempo que durará a mostra bibliográfica: do 5 ao 14 de marzo.
Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole, en Nós: “Mulleres empoderadas”.
Biografías de mulleres que destacaron nos eidos da ciencia, literatura, medicina ou causas sociais e medioambientais.
Público ao que vai dirixida: infantil.
Tempo que durará a mostra bibliográfica: do 5 ao 19 de marzo.
Biblioteca Pública Municipal Xograr Mendiño, en Lorbé: “Garantir a igualdade”.
Selección bibliográfica para sensibilizar e tomar conciencia das dificultades, que aínda, a día de hoxe atravesamos as mulleres, elaborando ademais, un breve recopilatorio de mulleres que fixeron historia en distintos ámbitos.
Público ao que vai dirixida: todo o público en xeral .
Tempo que durará a mostra bibliográfica: desde o 6 de marzo ata fin de mes.