13/4/18

Hora do conto e actividades infantís: 17 a 20 de abril 2018

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-27478.pdf
Para celebrar o Día do Libro (23 de abril), ofrecemos as seguintes actividades:

Biblioteca Pública Municipal Manuel María. (Oleiros)
Martes 17 de abril, ás 18:30

Para nenas-os a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 610 700)
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULO: “Nalgún lugar do bosque escuro: contos de nenas perdidas que se atopan”

Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro. (Santa Cruz)
Mércores 18 de abril
,
ás 18:30      
Para nenas-os de 1 a 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338)
CONTACONTOS: Charo Pita
TÍTULO: “Toc, toc, toc, bla, bla, bla”
 

Biblioteca Central Rialeda. (Perillo)
Xoves 19 de abril
,
ás 17:30         
Para nenas-os a partir de 6 anos
(imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511) 

MONITOR: Manel Cráneo
ACTIVIDADE: “Obradoiro de cómic: un paseo entre viñetas”  

Biblioteca Pública Municipal Xograr Mendiño. (Lorbé)
Xoves 19 de abril,
ás 18:30       
Para nenas-os a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 618 201)
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “En branco”

Biblioteca Pública Municipal Mª José Trincado. (Mera)
Venres 20 de abril
,
ás 18:30
Para nenas-os de 1 a 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507)
CONTACONTOS: Pavís - Pavós
TÍTULO: “Contos en abril”

Actividades de promoción da lectura: de 16 a 20 de abril 2018

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-27835.pdf
Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 16 a 20 de abril:

Na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) 
Luns 16 de abril:
- 10:15: Alumnas-os de 5º de Primaria do
CEIP Valle-Inclán (Perillo).
"Obradoiro de banda deseñada" con Manel Cráneo. 
Martes 17 de abril: 
- 10:15: Alumnas-os de 5º de Primaria do CEIP Valle-Inclán (Perillo).
"Obradoiro de banda deseñada" con Manel Cráneo.
Mércores 18 de abril:
- 10:15: Alumnas-os de 5º de Primaria do
CEIP Valle-Inclán (Perillo).
"Obradoiro de banda deseñada" con Manel Cráneo.
Xoves 19 de abril:
- 10:15: Alumnas-os de 4º de Primaria do
CEIP Juana de Vega (Nós).
"Menú de contos",
con Charo Pita.

Na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz) 
Martes 17 de abril:
- 10:35: Alumnas-os de 4º de ESO
do IES María Casares (Santa Cruz).
"Contos de Emilia Pardo Bazán" con Soledad Felloza. 
Mércores 18 de abril:
- 10:15: Alumnas-os de 5º de Infantil do CEIP Luís Seoane (Mera).
- 12:00: Alumnas-os de 6º de Infantil do CEIP Luís Seoane (Mera).
"Saúde afectiva: o rato Fuco quere aprender a querer", con Trinke Trinke
Xoves 19 de abril:  
- 10:15: Alumnas-os de 1º de Primaria do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz).
- 11:15: Alumnas-os de 2º de Primaria do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz).
"Saúde afectiva: o rato Fuco quere aprender a querer", con Trinke Trinke
Venres 20 de abril:  
- 10:15: Alumnas-os de 5º de Primaria do
CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz).
"Sensacións debuxadas", con Manel Cráneo.

Recomendacións en Radioleiros: 13 abril 2018

https://youtu.be/2tEXTRMzFwU
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1424441- Xuvenil (a partir de 12 anos):

Las aventuras agrícolas de un cockney, de Virginia Woolf
Nordica Libros

Neste breve libriño aparecen dúas historias: Las aventuras agrícolas de un cockney e Las aventuras de un padre de familia que é a secuela da primeira. Foron escritas por Virginia Woolf cando tiña entre 10 e 13 anos e é a primeira vez que se publican en castelán. Nárrase a historia dun novo matrimonio que vivía no East End londinense e deciden trasladarse a vivir ao campo. Mostra como o home intenta traballar por sí mesmo na granxa sen poder logralo. Todo está narrado polo torpe esposo e hai pasaxes realmente graciosas.

- Mozos/as e adultos/as:
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1250713 
Luns, de Eli Ríos
Xerais

A protagonista desta novela é Nerea, unha muller a piques de cumplir os coarenta anos, casada e con 2 fillos á quen lle acaban de diagnosticar un cancro de mama. O título do libro, Luns, refírese ao día da semana no que lle dan o diagnóstico e empeza a conta atrás de Nerea á que lle dan 2 meses de vida. En vez de compadecerse de sí mesma, intenta organizar todo para cando ela non estea. Unha novela tan visceral, escrita dende tan adentro, sen intermediarios, sen narración en terceira persoa, que o/a lector/a adéntrase no relato todo o tempo e as emocións chegan sen filtros.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

9/4/18

Abril, mes dos libros 2018, en Bibloleiros

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-27858.pdf
Presentámosche unha serie de actividades para o mes do libro e da lectura. As sete bibliotecas municipais acollerán diversas propostas para todas as idades, tanto público en xeral como para o alumnado dos centros educativos do Concello.
 
Os "Fogóns poéticos" de Isabel Andrés, o "Espectáculo poético visual" de Yolanda Castaño, os contos de Pablísimo, Caxoto, Charo Pita, Soledad Felloza. Os obradoiros de Manel Cráneo, Óscar Villán, Miguel Cuba, encontro literario coa escritora Ledicia Costas, serán algunhas das actividades nas que poderán participar nenas-os e xoves.
 
Ademáis, exposicións temáticas e contacontos con Pavís - Pavós, Paula Carballeira e moit@s máis, obradoiros para a inclusión social, o espectáculo “O Xigante” de Elefante Elegante, a nosa participación na campaña Libros para sermos libres, da Deputación da Coruña e moitas actividades máis, completarán o noso mes do libro e da lectura.
 

"Libros para soñar": a expo itinerante de Kalandraka estará a partir de hoxe na Ánxel Fole de Nós!!!

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122717&name=DLFE-27640.pdf
http://www.galix.org/2018/04/feliz-dia-internacional-do-libro.htmlPara conmemorar o Día Internacional do Libro Infantil e o vixésimo aniversario da editora Kalandraka, do 6 ao 16 de abril poderás ver a exposición itinerante de 80 libros infantís e xuvenís publicados pola editorial Kalandraka na Biblioteca Municipal "Ánxel Fole" (Nós). 

Moitos deles son obras clásicas da literatura infantil e xuvenil, entre os que podemos destacar títulos como: O coelliño branco, A cebra Camila, A que sabe a lúa?, A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza...
 
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122717&name=DLFE-27640.pdf
A visita á exposición é libre. Esta expo viaxará despois á Biblioteca Municipal "Mª José Trincado" (Mera). Cada exposición vai acompañada dunha actuación que ten aforo limitado. É imprescindible reservar praza na biblioteca correspondente ou chamando por teléfono. O prazo de inscrición é de 10 días antes da data de celebración.

Tertulia literaria en Santa Cruz: 9 abril 2018

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-27527.pdfBiblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"
17,30 a 19 h.

Comentario de "La habitación de Nona" de Cristina Fernández Cubas

Seguinte lectura: "Tantos días felices" de Laurie Colwin