Aquí tes a programación da hora do conto de 23 a 26 de outubro.
Todas as sesións darán comezo ás 18:30 horas.
Biblioteca Pública Municipal "Federico García Lorca". Montrove
Martes 23 de outubro
CONTACONTOS: Avoa Violeta da Compañía do Trinke Trinke
TÍTULOS: O Bosque en Perigo: “O bidueiro de prata “, “Aínda nada?”
Biblioteca Pública Municipal "Rosalía de Castro". Santa Cruz
Mércores 24 de outubro
CONTACONTOS: Andrea Bayer
TÍTULOS: Contos para ti: “As xirafas non saben bailar”, “Os tres porquiños”, “Panatas non sabe nadar”, “O home do saco ten medo á escuridade”
Biblioteca Pública Municipal "Xograr Mendiño". Lorbé
Mércores 24 de outubro
CONTACONTOS: Marisa Irimia
TÍTULOS: De cus e cocos...: " A avoa Pepa e o coco...", "Un cuíño independente"
Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Xoves 25 de outubro
CONTACONTOS: Pavís-Pavós
TÍTULOS: “A vaca que puxo un ovo”, “Oh!”, “Tío Lobo”, “Rei e rei”, “A granxa”
Biblioteca Pública Municipal "Ánxel Fole". Nós
Venres 26 de outubro
CONTACONTOS: Marisa Irimia
TÍTULOS: Aparellos máxicos e outros contos: “O paraugas máxico”, “O pirata naufragado”, “Chocolata”
(AVISO: Os títulos programados poden sufrir variacións en función do público asistente)
19/10/12
Recomendacións en Radioleiros: 19 de outubro
"Papá non sabe" de RuAn, en Baía. (RuAn nace da unión profesional de Rubén Pérez e Antón Romero)
Un narrador infantil cóntanos, aproveitando as diferentes opinións dos seus pais, a razón da choiva, da evaporación, o vento, a temperatura, etc.
Texto mínimo e ilustracións a doble páxina con trazos figurativos.
"Por favor cuida de mamá" de Kyung-Sook Shin, editado por Grijalbo
Unha nai extravíase na estación central de Seúl cando vai visitar os seus fillos. A novela desenvólvese en catro partes narradas por outras tantas voces: a filla, o fillo, o home e a propia afectada. Unha historia coral con lembranzas agridoces. Un choque xeracional entre distintas mentalidades.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
18/10/12
Tertulia literaria en Rialeda: mércores 24 de outubro (Grupo B)
Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.
Vaise comentar a obra "La mancha humana" de Philip Roth.
Obras de Philip Roth nas nosas bibliotecas.
17/10/12
Jane Goodall: expo de libros para grandes e pequechos na Biblioteca de Santa Cruz
Visita a expo bibliográfica sobre Jane Goodall na Biblioteca "Rosalía de Castro" de Santa Cruz. A zoóloga e antropóloga británica (Londres,1934), interesouse pola natureza desde nova. Nos anos cincuenta puido viaxar a África onde traballou co antropólogo Louis Leakey e posteriormente comezou a estudar os chimpancés no Parque Nacional de Gombe (Tanzania). Os seus traballos de campo permitiron grandes avances no coñecemento dos hábitos dos chimpancés como a fabricación e uso de ferramentas, a alimentación e o establecemento de relacións e estruturas sociais. Premiada co Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica (2003), actualmente Jane Goodall desenvolve desde a fundación que leva o seu nome un labor de divulgación no ámbito da ecoloxía.
De 3 de outubro a 30 de novembro podes visitar unha expo adicada a Jane Goodall no CEIDA de Santa Cruz: + info en http://www.ceida.org/educacion-divulgacion/exposicions/exposicions-actuais.html
15/10/12
A Tropa de Trapo o 17 de outubro no Teatro "As Torres" de Santa Cruz con “Antía, Wamba e o regato pequeno"
Co obxectivo de conmemorar o Día Internacional para a erradicación da pobreza, o 17 de outubro, ás 18.30 horas, terá lugar no Teatro "As Torres" de Santa Cruz un espectáculo de contacontos coa compañía A Tropa de Trapo, que representarán a obra titulada “Antía, Wamba e o regato pequeno” co subtítulo de “Contos para todo o mundo e para un mundo de todos”.
Esta actividade de A Tropa de Trapo está patrocinada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Froito desta colaboración chega “Antía, Wamba e o regato pequeno”, dirixida a un público infantil e familiar, “conta a historia de dúas personaxes, Antía, unha nena galega, e Wamba un mozo do Congo que se busca a vida vendendo de todo na rúa. Os contos de Wamba e as merendas de Antía fundiranse nunha amizade que lle ensinará a Antía que compartir non é dar o que che sobra e que, como din na tribo de Wamba, o río énchese de regatos pequenos”.
“Un feixe de historias e melodías, de realidades, de soños e moitas ganas de seguir dándolle vida a ese fío delicado que é a transmisión oral”.
Publicado por
Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais do Concello de Oleiros
en
15:25
No hay comentarios:
Etiquetas:
Biblioteca de Santa Cruz,
Espectáculos,
Hora do Conto
Suscribirse a:
Entradas (Atom)