7/5/10

Recomendacións en Radioleiros


Títulos recomendados o venres 7 de maio:
- Infantís: "Cuentos 1.2.3.4" de Eugéne Ionesco, con ilustracións de Etienne Delessert editado por Combel.
Textos recomendados para menores de tres anos, escritos por Eugéne Ionesco, pai do teatro do absurdo e adicados á súa filla para a que foron escritos. Son na súa definición contos "surrealistas", distintos aos habituais e cunhas ilustracións parisinas de grande calidade.
- Adultos-as: "As escolas de fundación en Galiza: unha necesidade social de alfabetización" de Luis Obelleiro Piñón, en A Nosa Terra.
O historiador xa falecido Luis Obelleiro estuda as fundacións destinadas a escolas de primeiras letras instituídas durante os séculos XVII e XVIII, centrándose nas situadas na provincia de Pontevedra. Fornecidas economicamente por eclesiásticos, emigrantes enriquecidos e comerciantes, foron fundamentais para que un importante número de nenos e nenas tivese unha escolarización primaria.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas

"O buscador de contos" (Compañía Rato Namorado)

Lugar: Teatro Gabriel García Márquez (Mera)
Data: 10 de maio

"O Buscador de Contos" pola Compañía O Rato Namorado
Obra dirixida ao alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria dos Colexios Isidro Parga Pondal, A Rabadeira, Valle Inclán e Luis Seoane

Dúas Sesións: 10,00 e 12,00 h.

Actividade organizada por Edicións Xerais de Galicia en colaboración coas Bibliotecas Municipais.

6/5/10

Hora do conto na Biblioteca "Mª José Trincado" de Mera: venres 7 de maio

Ola: espérote na Biblioteca "Mª José Trincado" de Mera o venres 7 de maio ás 18:30 para escoitar a Ramiro Neira na hora do conto. Os títulos serán: "Unha tartaruga moi presumida", "O guepardo medoso"


LER PARA SABER: 7 de maio

Biblioteca Central Rialeda (2º andar)
Hora: 18,30

Actividade dirixida a nenos e nenas a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.

Irene Casás Sáez, alumna do Colexio Valle Inclán realizará unha pequena presentación sobre "As costas" previamente á charla "Qué son os fósiles e qué nos contan" a cargo de Roberto Bao Casal, doutor en bioloxía e profesor de paleontoloxía da Universidade da Coruña.
Seleccionamos para ti libros para esta charla científica

Campaña de Animación á Lectura en Santa Cruz


"Xogando cos contos e debuxos" con Marisa Irimia

Actividade dirixida ao alumnado do CEIP Parga Pondal

Venres 7 de maio:
- 10,30 h.: 4º de Primaria A
- 12,00 h.: 4º de Primaria B

5/5/10

Hora do conto na Biblioteca "Rialeda" de Perillo: xoves 6 de maio

Ola: espérote na Biblioteca "Rialeda" de Perillo o xoves 6 de maio ás 18:30 para escoitar a hora do conto. Para os nenos-as menores de 6 anos Mamá Ratiña da Compañía Trinke Trinke contará: “¡Vaya lío de familia!", "El gallo que no sabía cantar". Para os-as maiores de 6 anos Caxoto contará: "Como na casiña en ningún lado"

4/5/10

Hora do conto na Biblioteca "Rosalía de Castro" de Santa Cruz: mércores 5 de maio

Ola: espérote na Biblioteca "Rosalía de Castro" de Santa Cruz o mércores 5 de maio ás 18:30 para escoitar a Fran Insua na hora do conto. Os títulos serán: "O libro dos porcos", "A barba errante", "No bosque"

"Feirantes" no Teatro As Torres: 5 de maio

Lugar: Teatro "As Torres" de Santa Cruz
Data: mércores 5 de maio
Hora: 11,40

Actividade dirixida ao alumnado do IES Neira Vilas

Contacontos baseado na obra "Os outros feirantes" de Álvaro Cunqueiro, representado pola Compañía Artestudio Teatro.

En "Feirantes" mistúranse dous momentos diferentes no tempo: o pasado e o presente, no que atopamos dous feirantes, dous titiriteros condenados a viaxar no tempo, a reaparecer en cualquera feira, en cualquera momento para volver a representar o seu repertorio, musical e de historias vividas.

Tertulia Literaria en Rialeda: 5 maio 2010 (Grupo A)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de Actividades)
Hora: de 17,30 a 19,30

Comentaráse a obra "Historias de cronopios y de famas" de Julio Cortázar.
Consulta e descarga a nosa documentación.

Consulta no catálogo a dispoñibilidade de obras de Cortázar.

3/5/10

Hora do conto nas Bibliotecas "Manuel María" de Oleiros e "Xograr Mendiño" de Lorbé: martes 4 de maio

Ola: espérote na Biblioteca "Manuel María" de Oleiros o martes 4 de maio ás 18:30 para escoitar a Ramiro Neira na hora do conto. Os títulos serán: "A gata e os ratos" e "A granxa". Tamén o martes 4 ás 18:30 na Biblioteca "Xograr Mendiño" de Lorbé, poderás escoitar a Inés Cuadrado, cos contos "Honorato, o rato namorado", "Un conto de tres noites", "¡Nada de tucáns!"

Campaña de Animación á Lectura en Santa Cruz

"A Biodiversidade"
Biocontos a cargo de Pablísimo
dirixidos ao alumnado do CEIP Isidro Parga Pondal

Martes 4 de maio:
10,00 h.: 3º de Primaria A e B
11,15 h.: 2º de Primaria A e B
12,30 h.: Educación Infantil (3 anos) A e B

Xoves 6 de maio:
10,00 h.: 1º de Primaria A e B
11,15 h.: Educación Infantil (5 anos) A e B
12,30 h.: Educación Infantil (4 anos) A e B

Campaña de Animación á Lectura en Rialeda

"A Haima de Agmed" a cargo de ArteStudio
para o alumnado do CEIP Luis Seoane

Luns 3 de maio:
9,45 h.: 3º Primaria A, B e C
11,45 h.: 4º Primaria A e B

Martes 4 de maio:
9,45 h.: 5º Primaria A, B e C
11,45 h.: 4º Primaria A e B

As sesións terán lugar na Biblioteca Central Rialeda.