4/10/19

Ler conta Moito e actividades infantís de dinamización á lectura que promoven a igualdade: 7 a 11 de outubro 2019

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-30738.pdf
Prazas limitadas: imprescindible reservar con 10 días de antelación

Biblioteca Pública Municipal “Mª José Ruso”. Dorneda (tfno.: 981 626 638) 
Luns 7 de outubro, ás 17:30 h.
Para nenas-os a partir de 6 anos 
MONITORADO: Xosé Tomás
ACTIVIDADE: “Coñécete a ti mesmo a través dos cadriños” (obradoiro de banda deseñada) 

Martes 8 de outubro, ás 18:30 h.
Para nenas-os a partir de 3 anos 
CONTACONTOS: Garabato de xogos
TÍTULO: “Unha armadura con ferruxe"

Biblioteca Pública Municipal “Manuel María”. Oleiros (tfno.: 981 610 700)  
Martes 8 de outubro, ás 17,30 h.
Para nenas-os a partir de 5 anos
MONITORADO: Miguel Cortés
ACTIVIDADE: "Os catro tesouros" 

Mércores 9 de outubro, ás 18,30 h.  
Para nenas-os a partir de 3 anos 
CONTACONTOS: Dani Blanco
TÍTULO: "Polo pelos, traxicomedia laboral" 

Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz (tfno.: 981 626 338)  
Luns 7 de outubro, ás 18,30 h.
Para nenas-os a partir de 4 anos
CONTACONTOS: Trinke Trinke
TÍTULO: “O ratiño presumido”
  
Mércores 9 de outubro, ás 18,30 h.
Para nenas-os a partir de 5 anos
CONTACONTOS: Aldaolado
TÍTULO: “A ovella Engracia”

Biblioteca Pública Municipal "Xograr Mendiño". Lorbé (tfno.: 981 618 201) 
Xoves 10 de outubro, ás 18,30 h.
Para nenas-os a partir de 4 anos
CONTACONTOS: Trinke Trinke
TÍTULO: “O ratiño presumido”

Biblioteca Central Rialeda. Perillo (tfno.: 981 639 511) 
Xoves 10 de outubro, ás 18,30 h. 
Para nenas-os a partir de 6 anos 
ARTISTA: Mago Richard
ESPECTÁCULO: “Tecnoiguais” 

Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole. Nós (tfno.: 981 664 257)
Venres 11 de outubro, ás 18,30 h.
Para nenas-os a partir de 4 anos
CONTACONTOS: Esperanza Mara
TÍTULO: “Xogando coa música"

Biblioteca Pública Municipal "Mª José Trincado". Mera (tfno.: 981 628 507)
Venres 11 de outubro, ás 18,30 h.

Para nenas-os a partir de 4 anos
CONTACONTOS: Lorena Pinheiro
TÍTULO: “Chimpos e brincos nos carreiros”

Recomendacións en Radioleiros: 4 outubro 2019

https://youtu.be/xrLLEq6fxQ0
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1476196&query_desc=ti%2Cwrdl%3A%20Artur%20and%20au%2Cwrdl%3A%20oli- Infantil:
"Artur", texto de Oli e ilustracións de Marc Taeger. En Kalandraka.
Álbum infantil, dirixido a prelectores/as.
Preséntanos un pito que estaba dentro dun ovo, pero que se lle facía pequeno e incómodo. Descubriu que o seu peteiro era máis forte que a casca, así que comezou a picar, ata que o rompeu e puido sacar o corpo. Cando se asomou viu que todo era moito máis grande e descoñecido que o lugar onde el estivera ata ese momento...
Unha fermosa obra que nos fala dun pito que ao nacer se atopa cun mundo novo, polo que se sente inseguro. As nenas e os nenos pequenos identificaranse con el debido a que tamén necesitan a protección da nai.
Editado en tapas e páxinas duras, cun sinxelo texto poético e unhas atractivas ilustracións, que nos lembran os debuxos infantís, nas que predominan as cores negra, amarela e azul.
Un conto excelente para lerllo aos menores de 6 anos.
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1129553&branch_group_limit_txt=Oleiros%20-%20Biblioteca%20Central%20Rialeda&branch_group_limit=branch%3AOLE1- Mozas-os e adultas-os:
"Madres e hijas": Relatos de Rosa Chacel, Carmen Laforet, Carmen Martín Gaite, Ana Mª Matute, Josefina R. Aldecoa, Esther Tusquets, Cristina Peri Rossi, Ana Mª Moix, Soledad Puértolas, Clara Sánchez, Paloma Díaz-Mas, Mercedes Soriano, Almudena Grandes e Luisa Castro. Edición e prólogo de Laura Freixas. Editado por Anagrama.
Antoloxía de catorce relatos de escritoras españolas contemporáneas, publicada por primeira vez en 1996 e da que hai numerosas reedicións.
Laura Freixas elixiu para esta obra algunhas das escritoras españolas máis importantes de finais do século XX. Os relatos de Rosa Chacel, Carmen Laforet, Carmen Martín Gaite e de Ana Mª Matute  foron seleccionados entre a creación literaria destas autoras, pero os de Josefina R. Aldecoa, Esther Tusquets, Cristina Peri Rossi, Ana María Moix, Soledad Puértolas, Clara Sánchez, Paloma Díaz-Mas, Mercedes Soriano, Almudena Grandes e Luisa Castro foron escritos expresamente para este libro.
Os textos que figuran nesta publicación dan visións moi diferentes das relacións entre nai e filla: amorosas, protectoras, de loita entre ambas, de crítica social, rivalidade, adoración, amor/odio etc.
Se analizamos algúns dos relatos:
En “Chinina Migone” de Rosa Chacel vemos un clima envolvente, cunha narración misteriosa e a veces difícil de entender porque hai aspectos que non se explican totalmente.
En “Al colegio” de Carmen Laforet, a autora describe aspectos externos que demostran agarimo e complicidade entre a nai e a filla.
En “De su ventana a la mía” de Carmen Martín Gaite, soña que lle estaba escribindo unha carta a súa nai para contarlle cousas de Nova York e que a invadía unha felicidade porque tiña a certeza de que ela, aínda despois de morta, a oía e a ía entender, ademais que se trataba dun xogo ensinado pola súa propia nai e que ninguén máis que elas dúas podían comprender.
En “Cuaderno para cuentas” de Ana Mª Matute, un dos máis impactantes, vemos que non é un caderno para facer contas, senón que é para apuntar a vida, no que a filla irá escribindo para deixar constancia do que pensa ou o que lle pasa debido a que non llo pode contar a ninguén.
Estes catro relatos son un exemplo da diversidade que se poderá atopar nesta interesante obra.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

2/10/19

1/10/19

AVISO IMPORTANTE!!!

As sesións do espectáculo "Música na cociña" a cargo de Na cociña programadas para o mércores 2 de outubro ás 18:30 na Biblioteca Manuel María (Oleiros) e para o xoves 10 de outubro ás 18:30 na Biblioteca Xograr Mendiño (Lorbé) quedan suspendidas por causas alleas á nosa vontade. Desculpen as molestias.