30/4/10

Las Ingeniosas del Hidalgo: El Quijote en voces de mujeres

Lugar: Auditorio "A Fábrica". Santa Cristina
Data: 4 de maio
Horario: 10,30

Representación teatral en monólogo a cargo da actriz e contadora de contos uruguaia Soledad Felloza, que narrará diversos capítulos de “El Quijote” nos que as mulleres teñen un certo protagonismo:

- Quiteria, que en plena boda con Camacho o rico, recorda o seu amor a Basilio, o pobre.

- A pastora Marcela, na que destaca o seu discurso co que finalizaba as charlas cos seus enamorados.

- Claudia Jerónima Cervantes, na que está personalizada a liberdade da muller, con límites tan amplios nos que cabe un erro tan grave como a morte.

Actividade dirixida ao alumnado de 1º de Bacharelato do IES María Casares.

Recomendacións en Radioleiros



Títulos recomendados o venres 30 de abril:
- Adolescentes a partir de 14 anos:
"A Pomba e o Degolado" de Fina Casalderrey en Xerais.
"A Pomba e o Degolado" é unha obra que trata do acoso escolar, pero tamén dunha historia de amor entre adolescentes.
A Andrés, un mozo que leva tres anos como alumno dun instituto, non lle van ben as cousas. Á súa problemática familiar a causa da separación de seus pais, engádeselle un problema de acoso escolar cos abusos de dous compañeiros, Héctor Solla e Raul Pernas, que lle fan a vida imposible a el e a súa compañeira Halima Atif, quen lle axuda nas tarefas escolares. Nin sequera pode refuxiarse nos aseos para recuperarse. Cando seu pai marcha da casa, el non entende o por qué, nin tampouco o malhumor da nai ou o comportamento de súa irmá. A situación empeora coa enfermidade de seu avó. Odia o instituto pero recupérase na casa coidando os paxaros do seu avó e chateando baixo o nome de “Degolado” con “Pomba” unha rapaza á que non coñece persoalmente. O seu nome de “Degolado” reflicte a situación na que se atopa no instituto e o anonimato da rede serviralle para expresar os seus sentimentos e inquedanzas. Pomba axudaralle a descubrir que inda hai persoas en quen confiar.
- Mozos-as e adultos-as:
"Señora de rojo sobre fondo gris" de Miguel Delibes en Destino.
Miguel Delibes foi un dos escritores españois máis importantes da segunda metade do século XX.
Exerceu de director do xornal El Norte de Castilla. Membro da Real Academia Española desde 1974. Recibiu entre outros galardóns: o Premio Nacional de Narrativa en 1955 por “Diario de un cazador”, o Premio Príncipe de Asturias de las Letras en 1982, o Premio Nacional de las Letras Españolas en 1991, o Premio Cervantes en 1993 e de novo o Premio Nacional de Narrativa, por “El hereje” en 1999. “Señora de rojo sobre fondo gris” foi publicada non ano 1991 e, segundo o autor, escribiuna para enfrontarse ao drama da morte da súa muller, Ángeles, que morrera había 17 anos. O título provén do nome dun cadro. Nicolás, un pintor que perdeu a inspiración, recorda á súa muller morta debido a unha longa enfermidade, nun monólogo dirixido á súa filla.
O seu relato céntrase en dous acontecementos: a detección da filla e o xenro por motivos políticos e, fundamentalmente, a enfermidade e morte da súa muller, Ana. Conta como a alegría e a vitalidade que a caracterizaban vaise apagando a causa da enfermidade. Fala de Ana como a muller que lle ensinou a enfrontarse a un lenzo en branco, como a que lle descubriu a beleza e a plenitude do cotián, como a muller que enchía todo coa súa presenza. Conta que o seu amor se baseaba na admiración mutua, na comprensión e o respecto. É unha fermosa narración, como unha homenaxe que lle fai á súa muller, fala de amor, da admiración que sinte pola súa parella e de humanidade.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas

Hora do conto na Biblioteca "Mª José Trincado" de Mera: venres 30 de abril

Ola: espérote na Biblioteca "Mª José Trincado" de Mera o venres 30 de abril ás 18:30 para escoitar a Fran Insua na hora do conto. Os títulos serán: "O día que esquecín pechar a billa", "Brancos e negros", "A verdadeira historia dos tres porquiños"

29/4/10

LER PARA SABER: 30 de abril

Biblioteca Central Rialeda (2º andar)
Hora: 18,30


Actividade dirixida a nenos e nenas a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.

Martín Fernández-Obanza Durán, alumno do Colexio Valle Inclán realizará unha pequena presentación sobre "Os desertos" previamente á charla "Desde a natureza á farmacia" a cargo de Isabel Nieto Prieto, doutora en química e investigadora do Grupo de Produtos Naturais Mariños da Universidade da Coruña.

Ao remate da charla, realizaráse un obradoiro de cremas a partir de produtos naturais mariños.
Seleccionamos para ti libros para esta charla científica.

Teatro "As Torres" de Santa Cruz: Charla sobre Uxío Novoneyra

Data: venres 30 de abril
Hora: 12 h.
Lugar: Teatro "As Torres" de Santa Cruz

Este ano o Día das Letras Galegas está dedicado ao poeta do Courel, Uxío Novoneyra, un dos escritores galegos máis importantes, que inmortalizou o nome do Courel e a súa paisaxe. Posúe unha obra de gran lirismo e sentimento, unindo tradición e vangarda.

As Bibliotecas Municipais de Oleiros comezan as súas actividades para conmemorar as Letras Galegas cunha charla lúdico-pedagóxica arredor de Uxío Novoneyra a cargo do actor Brais Fernández.

A mesma está dirixida ao alumnado dos Institutos Neira Vilas de Perillo e María Casares de Bastiagueiro. Pode igualmente asistir o público que o desexe.

Obras de/sobre Uxío Novoneyra no Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais do Concello de Oleiros.

Hora do conto na Biblioteca "Rialeda" de Perillo: xoves 29 de abril

Ola: espérote na Biblioteca "Rialeda" de Perillo o xoves 29 de abril ás 18:30 para escoitar a hora do conto. Para os nenos-as menores de 6 anos Soledad Felloza contará: “Contos de Tin marín...". Para os-as maiores de 6 anos Fran Insua contará: "Que fai un crocodilo polas noites?", "A barba errante", "Willy soña"

28/4/10

Hora do conto na Biblioteca "Rosalía de Castro" de Santa Cruz: mércores 28 de abril

Ola: espérote na Biblioteca "Rosalía de Castro" de Santa Cruz o mércores 28 de abril ás 18:30 para escoitar a Ramiro Neira na hora do conto. Os títulos serán: "Máis vale sabiduría que forza" (conto do Nepal), "O ermitán"

27/4/10

Tertulia Literaria en Rialeda: 28 abril 2010 (Grupo B)


Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de Actividades)

Hora: de 17,30 a 19,30

Comentaráse a obra "La tía Julia y el escribidor" de Mario Vargas Llosa.

Consulta e descarga a nosa documentación.
Outras ligazóns relacionadas co autor:
- La obra de Mario Vargas Llosa (páx. non oficial)
- Wikipedia
- Vargas Llosa habla de su obra literaria (vídeo La2)
Consulta no catálogo a dispoñibilidade de obras de Mario Vargas Llosa.

Hora do conto nas Bibliotecas "Federico García Lorca" de Montrove e "Xograr Mendiño" de Lorbé: martes 27 de abril

Ola: espérote na Biblioteca "Federico García Lorca" de Montrove o martes 27 de abril ás 18:30 para escoitar a Ramiro Neira na hora do conto. Os títulos serán "O zapateiro Drawtenka" (conto de Polonia), "Fai o ben e te farán o mal" (conto de Bulgaria). Tamén o martes 27 ás 18:30 na Biblioteca "Xograr Mendiño" de Lorbé, poderás escoitar a Fran Insua, cos contos "O lobo que quería ser ovella", "Había unha vez unha casa", "Por se non cho dixen"

26/4/10

Biblioteca de Lorbé: Día do Libro


Presentamos unha exposición cunha selección de fondos dos gañadores do Premio Cervantes, e ademáis poderás coñecer máis sobre este premio e sobre o Día Internacional do Libro.

Biblioteca de Nós: Puzzle dos Contos


Celebración do Día do Libro

Campaña de Animación á Lectura 2010

"A Biodiversidade"
Biocontos a cargo de Pablísimo

Martes 27 de abril:
9,45 h.: 2º de Primaria A e B
11,00 h.: Educación Infantil (4 anos) A e B - CEIP Luis Seoane
12,15 h.: Educación Infantil (3 anos) A e B - CEIP Luis Seoane


Xoves 29 de abril:
9,45 h.: 1º de Primaria A e B
- CEIP Luis Seoane
11,00 h.: Educación Infantil (5 anos) A e B - CEIP Luis Seoane
12,00 h.: Educación Infantil (3, 4 e 5 anos) - alumnado da Escola "O Vilar" de Nós.


Todas estas actividades terán lugar na Biblioteca Central Rialeda.

Campaña de Animación á Lectura 2010: 3700 participantes na Campaña de Promoción da Lectura!!!

Nas Bibliotecas Municipais de Oleiros comezaron as actividades de promoción da lectura dirixidas aos centros de ensino, nas que uns 3.700 nenos-as, adolescentes e mozos-as, alumnos-as dos centros de ensino público de Oleiros, participarán na programación organizada polas bibliotecas municipais ata o día 11 de xuño.
As bibliotecas municipais de Oleiros emprenden este curso unha nova CAMPAÑA DE PROMOCIÓN DA LECTURA co fin de que o alumnado dos centros de ensino público do Concello adquiran gusto pola lectura e amor polos libros así como coñecer as bibliotecas municipais para que as visiten e utilicen. Entre outras actividades, traballarase o tema da biodiversidade, a través da actividade titulada “Biocontos”, a cargo do actor Pablísimo; haberá obradoiros de ilustración a cargo de Marisa Irimia coa actividade “Xogando cos contos e os debuxos” e Manel Cráneo con “O universo do Planeta Mincha”. O ilustrador Xosé Tomás explicarálles diversos procedementos para o debuxo e a realización de banda deseñada. A Compañía Artestudio Teatro porá en escena diferentes contos da obra de Álvaro Cunqueiro “Os outros feirantes” e realizará outro espectáculo de contos e música ao vivo a través do cal narrarán “Tomeu o Ferreret”, “Un coello moi astuto”, “Os tres segredos e “Unha urraca moi larpeira”. A actriz urugaia Soledad Felloza realizará unha actividade titulada "Las ingeniosas del hidalgo: El Quijote en voces de mujeres".





Hora do conto na Biblioteca "Mª José Ruso" de Dorneda: luns 26 de abril

Ola: espérote na Biblioteca "Mª José Ruso" de Dorneda o luns 26 de abril ás 18:30 para escoitar a Soledad Felloza na hora do conto. Os títulos serán: "Las aventuras de la manzana roja", "Con la cabeza en otra parte", "La oruga glotona"