15/10/10

Tertulia Literaria en Santa Cruz: 18 outubro 2010

Na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"

Hora: de 18,30 a 20 h.

Presentación da tempada 2010-2011: Programación

Recomendacións en Radioleiros


Títulos recomendados o venres 15 de outubro:
- Xoves de 12 anos en adiante:
"O pintor do sombreiro de malvas" de Marcos Calveiro, en Xerais.
Un adolescente parisino chega a Auvers, no sur da Franza, para pasar unha tempada e, aínda que nun principio non se sinte a gusto, todo cambiará coa chegada á vila do pintor Vincent Van Gogh co que vai establecer unha fermosa relación de amizad
e.
- Mozos-as e adultos-as:
"Una casa para el señor Biswas" de V. S. Naipaul, editado por Debate.
Corren
os anos 40 do pasado século na illa caribeña de Trinidad. A falta de boas oportunidades de traballo e a escaseza de vivenda na illa obrigan a Mohun Biswas, casado e con catro fillos, a compartir casa coa extensa parentela da súa muller. Alí, sen apenas privacidade, soña co día no que poderá adquirir unha casa propia donde educar aos seus fillos lonxe das imposicións do clan familiar e donde poder exercer de cabeza de familia.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas

13/10/10

Exposición sobre o Nobel de Literatura 2010 Mario Vargas Llosa

Exposición na Biblioteca Pública Municipal Xograr Mendiño de Lorbé sobre Mario Vargas Llosa co gallo do Premio Nobel de Literatura 2010.
Libros seleccionados:
- El paraíso en la otra esquina. Madrid: Alfaguara, 2003.
- Lituma en los Andes. Barcelona: Bibliotex, 2001.
- La casa verde. Barcelona: Punta de lectura, 2008.
- La ciudad y los perros. Barcelona: Círculo de Lectores, 1969.
- La fiesta del Chivo. Madrid: Alfaguara, 2006.


11/10/10

Tertulia Literaria en Rialeda: 13 outubro 2010 (Grupo B)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de Actividades)
Hora: de 17,30 a 19,30

Presentación da tempada 2010-2011: programación Grupo B
Lectura de textos da obra "Raíz e soño" (Canción de Oleiros) 1976-2008 do autor Xavier Seoane.

Consulta no catálogo a dispoñibilidade de obras de Xavier Seoane.

Nobelpriset i litteratur år 2010 tilldelas den peruanske författaren Mario Vargas Llosa

Así é como a Academia Sueca anuncia a concesión do Nobel de literatura a Vargas Llosa: "O premio Nobel de literatura 2010 foi outorgado ao escritor peruano Mario Vargas Llosa". Nas bibliotecas de Oleiros queremos facer unha homenaxe ao escritor e xornalista nacido en Arequipa con exposicións biblio-biográficas.
Lévate a casa o nobel deste ano!!!
PARABÉNS MARIO ;-)