Do 23 ao 27 de abril as Bibliotecas Municipais do Concello de Oleiros conmemoran o Día Mundial do Libro cunha ampla serie de actividades
Luns, 23 de abril:
“Homenaxe aos Irmáns Grimm”, con Soledad Felloza. Tres sesións (ás 9.30, 11 e 12.30 h.) dirixidas ao alumnado de 5 e 6 anos de educación Infantil do CEIP Valle Inclán.
Biblioteca P. Municipal e Centro de Documentación da Muller “Rosalía de Castro” en Santa Cruz. Tertulia literaria para mozos/as e adultos/as, ás 18.30 h. comentando a obra “Trópico de Cáncer” de Henry Miller e entregarase “Espejo roto” de Mercé Rodoreda.
Biblioteca P. Municipal “María José Ruso” en Dorneda. “Hora do Conto”, con Fran Ínsua ás 18.30 horas onde narrará os contos "Antonino vai e ven", "Dous monstros", "O conto do caracol lento".
Martes, 24 de abril:
“Homenaxe aos Irmáns Grimm”, con Soledad Felloza.
Tres sesións (9,30, 11 e 12,30 h.) dirixidas a alumnado de 4 anos de educación Infantil e 1º de ensinanza primaria do IES Valle Inclán.
Pola tarde, ás 18.30 horas, realizarase o “Obradoiro de Creación Literaria”, co escritor e profesor Xabier Seoane.
“Obradoiro de Banda Deseñada”, con Manel Cráneo. Dúas sesións (ás 9,40 e 11,45 h.) dirixidas ao alumnado de 6º de ensinanza primaria do CEIP A Rabadeira.
Pola tarde, ás 18.30 horas, levarase a cabo a actividade de Letras Vivas denominada “Pavís pavós a filla do rei ...” a cargo da Compañía de Teatro Pavís Pavós.
Dentro do programa de Letras Vivas, ás 18.30 horas, levarase a cabo a actividade de maxía “Escola de maxia” a cargo de Cucarandainas.
Mércores, 25 de abril:
Continuamos coa “Homenaxe aos Irmáns Grimm” a cargo de Soledad Felloza para o alumnado de 2º de primaria do IES Valle Inclán, ás 9.30 horas.
Ás 11 e 12.30 h realizarase “Contos marabillosos” de Tim Bowley, con Soledad Felloza dirixidas ao alumnado de 3º de primaria do IES Valle Inclán.
Pola tarde, ás 17.30 horas, “Tertulia literaria para mozos/as e adultos/as”, comentando a obra “Viajes con Heródoto” de Ryszard Kapucinski e entregarase “Por favor, cuida de mamá” de Kyung-Sook Shin.
Ás 18.30 horas, “Hora do Conto”, con Fran Ínsua onde narrará os contos "O gran monstro espantoso", "O meu xersei" e "Xosefina vixía".
“Obradoiro de Banda Deseñada”, con Manel Cráneo, ás 10.10 h. para o alumnado de 6º de Primaria do CEIP A Rabadeira.
Xoves 26 de abril:
Ás 18.30 horas “Hora do Conto” con Ramiro Neira que contará “A nube cobizosa”, “Xa non aturo máis!!!”, “A madrigueira abarrotada”.
“Homenaxe aos Irmáns Grimm”, con Soledad Felloza, dúas sesións (ás 10.10 e 11.40 h.) dirixidas ao alumnado de 1º e 2º de primaria do CEIP A Rabadeira
Dentro do ciclo de conferencias de divulgación científica “Ler para saber”, ás 18.30 horas, levarase a cabo a charla denominada “Unha viaxe á máquina da mente” a cargo do profesor da Universidade da Coruña Xurxo Mariño Alfonso, investigador en Neurofisioloxía (Grupo Eurocom) e membro do Consello da Cultura Galega.
“Senticontos”, con Pablísimo, dúas sesións (10.30 e 12 h.) dirixidas ao alumnado de 5º de Educación Infantil e 1º de Primaria do CEIP Luis Seoane nas que narrará contos sobre os sentimentos.
“Homenaxe aos Irmáns Grimm”, con Soledad Felloza, dúas sesións (ás 10.10 e 11.40 h.) dirixidas ao alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria do CEIP A Rabadeira.