10/2/18

Hora do conto e actividades infantís: 15 e 16 de febreiro 2018

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-27478.pdf
Xoves 15 de febreiro, ás 18:30
Para nenas-os a partir de 4 anos
(imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511)      
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULO: “Un gran día de nada”
Xoves 15 de febreiro, ás 17:30 
Para nenas-os a partir de 5 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 618 201)      
MONITORADO: Dinamo
OBRADOIRO: “Libriños pop-up entroideiros”
Venres 16 de febreiro, ás 17:30  
Para nenas-os a partir de 5 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 664 257)        
MONITORADO: Dinamo
OBRADOIRO: “Libriños pop-up entroideiros”

Actividades de promoción da lectura: 15 e 16 de febreiro 2018

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-25508.pdf
Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino público do Concello, de 15 e 16 de febreiro:
 

Na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz) 
Xoves 15 de febreiro:
- 10:35: 3º D de ESO do
IES María Casares (Santa Cruz)
"Taller de Banda Deseñada", a cargo de Manel Cráneo.
Venres 16 de febreiro:
- 10:35: 3º B de ESO do
IES María Casares (Santa Cruz)
"Taller de Banda Deseñada", a cargo de Manel Cráneo.
   

Na Biblioteca Manuel María (Oleiros) 
Xoves 15 de febreiro:
- 10:30: 4º A e B de Infantil do
CEIP Rabadeira (Oleiros)
"Mans", a cargo de Pablísimo.
Venres 16 de febreiro:
- 10:30: 5º A e B de Infantil do CEIP Rabadeira (Oleiros) 
"Saúde afectiva: o rato Fuco quere aprender a querer", con Trinke Trinke.
- 11:45: 6º A e B de Infantil do CEIP Rabadeira (Oleiros) 
"Saúde afectiva: o rato Fuco quere aprender a querer", con Trinke Trinke.

 Na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) 
Xoves 15 de febreiro:
- 10:20: 5º A e B de Infantil
do CEIP Juana de Vega (Nós)
"Saúde afectiva: o rato Fuco quere aprender a querer", con Trinke Trinke
- 11:45: 6º A e B de Infantil do CEIP Juana de Vega (Nós)
"Saúde afectiva: o rato Fuco quere aprender a querer", con Trinke Trinke.

Máis info das nosas actividades, programas, documentación, publicacións, etc., na nosa web http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas, o blog das Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros e en twitter @bibloleiros

9/2/18

Recomendacións en Radioleiros: 9 febreiro 2018

https://youtu.be/Mu0JRq9CfP8https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1233442- Infantil (6 a 8 anos):
"As pescadoras", adaptación de Xosé Ballesteros; ilustracións de Nadia Menotti. En Kalandraka.
Partindo dun conto tradicional da India esta historia tráenos situacións que valoran o esforzo, a solidariedade e a capacidade creativa para solventar problemas. Magnífica proposta plástica de Nadia Menotti con madeira, cartón e téxtil como corresponde á traxectoria de Kalandraka.
 
- Mozas-os e adultas-os:
"Los informantes" de Juan Gabriel Vásquez. Editado por Alfaguara.
Unha narración que mestura a historia de Colombia e a de Alemaña no século XX coa memoria individual
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1232697 e colectiva como gran protagonista da man dun escritor nado en Bogotá e que vivíu un terzo da súa vida en Europa. Unha análise da orixe da violencia no país latinoamericano por parte dun dos escritores máis interesantes dos últimos anos.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.