- Infantil-xuvenil:
"El Grúfalo" de Julia Donaldson. Editado por Bruño.
Esta é a historia dun pequeno e inofensivo ratiño que durante o seu paseo polo bosque vaise atopando con tres animais famentos: un raposo, un bufo e unha serpe. Todos queren papalo. Así que, moi intelixentemente, inventa a un ser horrible e monstruoso ao que chamará Grúfalo e que disque lle encanta comer raposos, bufos ou serpes segundo quen teña diante o noso protagonista. Deste xeito, o pequeno ratiño poderá seguir o seu camiño tranquilamente. Pero o que el non sabía é que ás veces, a realidade pode superar á ficción... Dispoñible a película

- Mocidade e persoas adultas:
"Unha rapaza de provincias" de Cecilia F. Santomé. En Xerais.
Carmen é unha universitaria nada nunha aldea galega que vai pasar as vacacións de verán a Barcelona para facerlle compañía á súa irmá Pilar, embarazada de sete meses. Corre o ano 1979. Os meses que vai pasar na cidade condal vanlle servir de aprendizaxe. Vai coñecer unha realidade moi viva pero tamén terá que enfrontar situacións humillantes. A través dos ollos de Carmen e as-os outras-os personaxes, as-os lectoras-es poderán reconstruír o retrato da sociedade catalana desa época.
Dispoñible en GaliciaLe

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.