10/2/17

Tertulia literaria en Rialeda: 15 febreiro 2017 (Grupo A)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=36737&name=DLFE-25531.pdfBiblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
17,30 a 19,30 h.

Comentario de "Nos vemos allá arriba" de Pierre Lemaitre
Documentación

A seguinte obra programada é "Las reputaciones" de Juan Gabriel Vásquez

Tertulia literaria en Santa Cruz: 13 febreiro 2017

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://cultura.elpais.com/cultura/2014/02/28/actualidad/1393614323_287588.htmlBiblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"
18 a 19,30 h.

Comentario de "Tierra desacostumbrada" de Jhumpa Lahiri

A seguinte obra programada é "La elegancia del erizo" de Muriel Barbery

Recomendacións en Radioleiros: 10 febreiro 2017

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/comunicacion/radio/podcast/todo-esta-nos-libros
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1224285- Infantil (de 0 a 3 anos):
"O xardín das Bolboretas" de Laura Weston. Editado por Engaiolarte.
As andanzas da Bolboreta Monarca lévannos de paseo pola natureza nun ir e vir que supón unha marabillosa viaxe. Un libro despregábel recomendado para as-os máis pequenas-os e tamén para as-os que non o son, constituíndo unha aposta estética e táctil de primeiro nivel.

http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1234151- Mozas-os e adultas-os:
"Los palimpsestos" de Aleksandra Lun. En Minúscula.
A polaca A. Lun escribiu en español o seu primeiro libro que supón unha mestura de humor e realismo arredor do mundo das-os escritoras-es. Partindo dun psiquiátrico belga administrado por unha doutora, vemos como pacientes do mesmo a Nabokov, Ionesco, Kristof e outras-os que forman unha paisaxe que nos regalará moi bos momentos.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Actividades de promoción da lectura: de 13 a 17 de febreiro

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-25508.pdf
Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino público do Concello na semana de 13 a 17 de febreiro:

Na Biblioteca Central Rialeda de Perillo
Luns 13 de febreiro:
- 16:30 h. - 1º C de ESO do IES Miraflores (Oleiros)
"Visita guiada á Biblioteca Central Rialeda" a cargo de persoal da biblioteca e o "Contacontos Feirantes" a cargo do actor e contacontos Ramiro Neira.

Mércores 15 de febreiro:
- 1ª sesión: 9:20 h. - 1º A e B de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo)
- 2ª sesión: 10:30 h. - 1º C de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo)
"Elas tres, a nena, a raíña e a bruxa: contos nas que elas son as protagonistas", coa actriz e contacontos Paula Carballeira.

Xoves 16 de febreiro:
- 10:20 h. - Alumnado de 4 e 5 anos do CEIP Juana de Vega (Nós)
"O rato ilustrador" a cargo da Compañía Trinke Trinke.

Na Biblioteca Manuel María de Oleiros
Mércores 15 de febreiro:
- 1ª sesión: 10:10 h. - 1º A e B de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros)
- 2ª sesión: 11:20 h. - 1º C de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros)
"Valados": contacontos baseado na obra do mesmo título de Agustín Fernández Paz a cargo do actor e contador de contos Ramiro Neira.

Xoves 16 de febreiro:
- 10:10 h. - Alumnado de 3 anos do CEIP Rabadeira (Oleiros)
"O entroido dos animais", a cargo da actriz e contadora Soledad Felloza.

Máis información das nosas actividades, programas, documentación, publicacións, etc., na nosa web http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas, o blog das Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros e en twitter @bibloleiros

7/2/17

Actividades infantís en Bibloleiros: de 6 a 10 de febreiro 2017

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-25482.pdf
Todas as sesións se celebrarán ás 18:30!!!
Biblioteca Pública Municipal “Mª José Ruso”. Dorneda
Luns 6 de febreiro
Para nenas-os de 4 a 6 anos
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULO: “Quen quere un rinoceronte barato? E outras historias de animaliños increíbles”

Biblioteca Pública Municipal “Manuel María”. Oleiros
Martes 7 de febreiro
Para nenas-os de 4 a 8 anos
CONTACONTOS: Ratiña Carolina da Compañía Trinke Trinke
TÍTULO: “A saúde afectiva”

Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 8 de febreiro
Para nenas-os de 1 a 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338)
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULO: “O paseo do elefante”

Biblioteca Central Rialeda. (Perillo)
Xoves 9 de febreiro
Para nenas-os de 4 a 6 anos      
CONTACONTOS: Rato Fuco da Compañía Trinke Trinke
TÍTULO: “Os ratiños da caixa”

Biblioteca Pública Municipal “Mª José Trincado”. Mera
Venres 10 de febreiro
Para nenas-os de 1 a 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507)
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “Pío, pío”


Podes atopar toda a info na túa biblioteca, na web municipal www.oleiros.org, o blog das bibliotecas municipais http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es e en twitter @bibloleiros  

Tertulia literaria en Rialeda: 8 febreiro 2017 (Grupo B)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-25493.pdfBiblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
17,30 a 19,30 h.

Comentario de "O coitelo en novembro" de Marilar Aleixandre
Documentación

Nesta sesión contaremos coa presenza da profesora e catedrática de lingua e literatura galega Rosa García Vilariño.

A seguinte obra programada é "El mapa y el territorio" de Michel Houellebecq

6/2/17

Máis de 3200 alumnos-as dos centros de ensino público de Oleiros participarán nas actividades de promoción da lectura que se van levar a cabo nas bibliotecas municipais de febreiro a xuño

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-25508.pdf
Un curso máis as Bibliotecas Municipais de Oleiros organizan a Programación de actividades de promoción da lectura, dirixidas ao alumnado dos centros de ensino público deste Concello, co obxectivo de fomentar a lectura, así como que coñezan algunhas das bibliotecas municipais para que as visiten e utilicen no horario en que non permanecen nos seus respectivos centros de ensino, que se van levar a cabo desde xaneiro ata xuño.
Participarán máis de 3200 alumnos e alumnas de educación infantil, primaria, ESO e bacharelato.
Ofértanse 45 actividades diferentes para que o profesorado de cada un dos centros de ensino público de Oleiros seleccione as que mellor se adaptan á súa programación escolar. En función da idade, do curso que estean realizando e da selección de cada centro de ensino, o alumnado poderá gozar e divertirse con contacontos, espectáculos de música, baile e de recitais de poesía; realizar obradoiros de ilustración e de banda deseñada; ter encontros con escritores/as; coñecer a mitoloxía galega; visitar a biblioteca central  e aprender a realizar buscas no catálogo bibliográfico; achegarse á produción literaria de autores/as como Rosalía de Castro, Álvaro Cunqueiro, Ánxel Fole, Emilia Pardo Bazán, Xosé Miranda, Antonio Machado, Pedro Salinas, Federico García Lorca, Edgar Allan Poe, Xabier P. Docampo, Agustín Fernández Paz e Roald Dahl; conmemorar o Día do Libro Infantil e Xuvenil; celebrar o Día do Libro coa obra fundamental da literatura española “El ingenioso hidalgo Don Quijote de la Mancha”; festexar o Día das Letras Galegas a través de actividades sobre a obra do excelente escritor Carlos Casares e participar no Roteiro Cultural e Literario, este curso dedicado ao pintor Manuel Abelenda, ao escritor Xosé Neira Vilas e á pintora María del Adalid González,  como unha homenaxe a todos eles.
En total realizaranse 154 sesións entre os meses de febreiro a xuño. Con estas actividades pretendemos favorecer o acceso ao libro en condicións de igualdade para todos os cidadáns; promover a lectura; participar en procesos de creación e expresión oral e escrita; fomentar unha lectura lúdica, crítica e reflexiva e colaborar no proceso de desenvolver a imaxinación e a creatividade. Desde as bibliotecas municipais de Oleiros traballamos para conseguir novos e mellores lectores e lectoras que contribúan a crear unha sociedade máis culta, libre e solidaria.

Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino público do Concello na semana de 6 a 10 de febreiro: 


Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Luns 6 de febreiro:
- 16:30 h. - 1º B de ESO do IES Miraflores (Oleiros)
"Visita guiada á Biblioteca Central Rialeda" a cargo de persoal da biblioteca e o "Contacontos Feirantes" a cargo do actor e contador de contos Ramiro Neira.

Martes 7 de febreiro:
- 1ª sesión: 9:20 h. - 1º ESO A do IES Neira Vilas (Perillo)
- 2ª sesión: 11:35 h. - 1º ESO B do IES Neira Vilas (Perillo)
"Taller de banda deseñada", a cargo de Fran Bueno
 

Mércores 8 de febreiro:
- 1ª sesión: 9:20 h. - 2º ESO A do IES Neira Vilas (Perillo)
- 2ª sesión: 11:35 h. - 2º ESO B do IES Neira Vilas (Perillo)
"Taller de banda deseñada", a cargo de Fran Bueno

Xoves 9 de febreiro:
- 10:45 h. - 2º ESO C do IES Neira Vilas (Perillo)
"Taller de banda deseñada", a cargo de Fran Bueno