24/4/15

Hora do conto e actividades de animación á lectura: de 27 a 30 de abril

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-20725.pdf
http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Hora%20do%20ContoTodas as sesións celebraránse ás 18:30
Biblioteca Pública Municipal “Mª José Ruso”. Dorneda 
Luns 27 de abril
Para nenas-os de 1 a 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626638)
CONTACONTOS:Soledad Felloza 
TÍTULO: "Cabaliño Hop!"
 
Mércores 29 de abril 
Para nenas-os de 3 a 12 anos Aforo completo!!!
COMPAÑÍA: Teatro Babaluva
ACTIVIDADE: “Obradoiro de ilustración ÑAM!”
Para nenas-os de 1 a 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639511)
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “Glub!”

Recomendacións en Radioleiros: 24 de abril

http://www.ipernity.com/doc/284673/37869806/in/album/748070
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=27818http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=102652- Xuvenil (a partir de 14 anos):
 "Barrotes dourados" de Pasqual Alapont, tradución de Ignacio Chao, en Xerais.
O único punto de apoio que atopa Alexander cando a súa moza Carolina falece nun accidente de moto é a organización Papirus,  relacionada co mundo exipcio. Pouco a pouco a súa vida xira totalmente ao redor do grupo, o que lle xera unha certa confusión...
 
- Mozos-as e adultos/as:
"Rana" de Mo Yan, editado por Kailas.
Wan Xin é unha  moza chinesa que estuda obstetricia co fin de axudar nos partos ás mulleres do rural, o que evita dores e desgrazas entre a poboación feminina, e que a transforma nunha heroína. Todo cambia cando se impón a política de planificación familiar do réxime de Mao.
 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

21/4/15

Festa do día do libro en Bibloleiros: “Abril, libros mil”

http://172.17.2.12:8080/web/concello-oleiros/bibliotecas/novas?p_p_id=EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_v8ZX&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_mode=view&p_p_col_id=columna-1&p_p_col_pos=1&p_p_col_count=2&_EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_v8ZX_struts_action=%2Fext%2Fpublicador%2Fview_content&_EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_v8ZX_assetId=2140260&_EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_v8ZX_urlTitle=festa-do-dia-do-libro-en-bibloleiros%3A-%E2%80%9Cabril-libros-mil%E2%80%9D&_EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_v8ZX_type=content&redirect=%2Fweb%2Fconcello-oleiros%2Fbibliotecas%3Fp_p_id%3D15%26p_p_lifecycle%3D1%26p_p_state%3DnormalCos obxectivos de conmemorar o Día Internacional do Libro (23 de abril) e potenciar o hábito lector, Bibloleiros énchese de actividades durante esta semana, programando actos que abarcan diferentes idades e distintos formatos como contacontos, espectáculos teatrais, narracións dramatizadas, talleres e tertulias literarias, obradoiros de banda deseñada, exposicións de libros e mostras bibliográficas.

- Festa do día do libro na Biblioteca Central Rialeda:
23 de abril, ás 18:30 horas: a Compañía Títeres Cachirulo realizará a representación de “O libro da selva”, unha adaptación do texto de Rudyard Kipling. É imprescindible reservar praza na biblioteca ou chamando ao 981 639 511.
Este mesmo día e tamén na Biblioteca Rialeda, regalarase un libro a todas as persoas que leven fondos bibliográficos en préstamo.


Exposición de obras de autoras e autores galardoados co Premio Cervantes
, entre os que destacamos os últimos premiados como: Juan Goytisolo, Elena Poniatowska, José Manuel Caballero Bonald, Nicanor Parra, Ana Mª Matute, José Emilio Pacheco, Juan Marsé, etc.


Mostra bibliográfica de diferentes edicións da insigne novela de Miguel de Cervantes “Don Quijote de la Mancha”, entre as que destacamos unha edición facsimilar dunha publicación de 1780 da editorial Olimpo, enriquecida con 36 gravados e un díptico da época, máis 50 láminas de Gustavo Doré; unha edición de Anaya con ilustracións de José Ramón Sánchez; ou unha tradución ao galego publicada por Xuntanza-Boreal, con ilustracións de Xavier Correa Corredoira, entre outras.

- Festa do libro nas bibliotecas auxiliares:
Contacontos, ás 18:30 horas, dirixidos a nenas e nenos menores de 12 anos: o día 21 de abril quen queira gozar cos contos de Paula Carballeira pódese achegar á Biblioteca de Montrove,  o mércores 22 na Biblioteca Rosalía de Castro en Santa Cruz actuará Chus Álvarez de Cucarandainas (neste caso as prazas xa están cubertas); o venres 24, na Biblioteca de Mera con Lilí Gruyere da Compañía Trinke Trinke

- Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz):

Exposición de obras de autores/as galardoadas co Premio Cervantes.
Exposición de libros infantís relacionados co Quijote (adaptacións, personaxes, etc…)
“Colorea os/as personaxes do Quixote recorta e viste”: cando teñamos todos os/as personaxes pintados e vestidos faremos un mural na entrada da biblioteca, onde  contaremos unha pequena historia de cada un deles.


- Biblioteca Mª José Trincado (Mera):
Exposición de libros galardoados co Premio Cervantes.
Exposición de libros escritos por Miguel de Cervantes.
Caligramas con frases do Quixote sobre muíños de vento.
Para os nenos/as dar cor a personaxes do Quijote: Dulcinea, Sancho, D. Quijote…
De boca en boca: os/as usuarios/as recomendarán un libro.
http://172.17.2.12:8080/web/concello-oleiros/bibliotecas/novas?p_p_id=EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_v8ZX&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_mode=view&p_p_col_id=columna-1&p_p_col_pos=1&p_p_col_count=2&_EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_v8ZX_struts_action=%2Fext%2Fpublicador%2Fview_content&_EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_v8ZX_assetId=2140260&_EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_v8ZX_urlTitle=festa-do-dia-do-libro-en-bibloleiros%3A-%E2%80%9Cabril-libros-mil%E2%80%9D&_EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_v8ZX_type=content&redirect=%2Fweb%2Fconcello-oleiros%2Fbibliotecas%3Fp_p_id%3D15%26p_p_lifecycle%3D1%26p_p_state%3Dnormal 
- Biblioteca Xograr Mendiño (Lorbé):
Exposición de fondos dos/as autores/as que acadaron o Premio Cervantes, incluíndo tamén fondos de Eduardo Galeano e Günter Grass a xeito de homenaxe polo seu pasamento.
E como homenaxe ao Quixote, no seu 400 aniversario da publicación de segunda parte, exporasen tamén exemplares desta obra cume da literatura universal e para os máis pequenos un concurso de debuxos sobre o Quixote.


- Biblioteca Federico García Lorca (Montrove):
Exposición sobre libros infantís baseados nas obras de Shakespeare e Cervantes titulada “Entre Shakespeare e Cervantes anda o conto”.


- Biblioteca Ánxel Fole (Nós):
Exposición bibliográfica con algunhas das obras galardonadas co Premio Cervantes: Torrente Ballester, Juan Goytisolo, Vargas Llosa, Delibes, etc.
Pequena mostra do escritor, recentemente falecido, Eduardo Galeano.
Exposición de fotografías que representan a importancia dos libros ao longo do tempo. Persoas de distintas partes do mundo posan con libros nas mans, estatuas e esculturas de distintas cidades amosan o culto polo libro en certas culturas.


- Biblioteca Mª José Ruso (Dorneda):
Exposición de fondos dos autores que acadaron o Premio Cervantes.
Levarse a cabo a actividade “O que le, vístese por dentro” que consiste en que os/as usuarios/as recomenden lecturas, deuvedés, cedés. Estas recomendacións farannas en prendas de roupa (feitas en cartolina) e colgaranse por toda a biblioteca. 


- Biblioteca Manuel María (Oleiros):
Exposición bibliográfica con algunhas das obras galardonadas co Premio Cervantes
Dar cor a personaxes do Quijote: Dulcinea, Sancho, don Quijote...

Continuamos coas Tertulias literarias para mozos/as e adultos/as na Biblioteca Central Rialeda e na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz. No grupo B da Biblioteca Rialeda, o 22 de abril comentarase a obra  “La invención de Morel” de Adolfo Bioy Casares e na Biblioteca de Santa Cruz están lendo “Olive Kitteridge” de Elizabeth Strout.

- Festa do libro con actividades para o alumnado dos centros de ensino público de Oleiros:
Estanse a realizar na Biblioteca Central Rialeda, na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro de Santa Cruz e na Biblioteca Manuel María de Oleiros polas mañás, actividades de fomento da lectura dirixidas especificamente a alumnado dos centros de ensino público de Oleiros, tanto a colexios de educación infantil e primaria como a institutos.
O martes 21, na Biblioteca de Oleiros, realizarase o "Obradoiro de iniciación ao debuxo" a cargo de Santy Gutiérrez, para alumnado de 4º curso de primaria do CEIP Rabadeira.
O mércores 22 e xoves 23, na Biblioteca Central Rialeda, levarase a cabo o contacontos “Bailar nas Nubes” por Soledad Felloza, para alumnado de educación infantil do CEIP Valle-Inclán.
O mércores 22 e venres 24, na Biblioteca de Santa Cruz, representarase o espectáculo teatral infantil “Lobo Bobo” pola compañía Elefante Elegante, para alumnado de educación infantil, 1º e 2º de primaria do CEIP Isidro Parga Pondal.
O mércores 22 e xoves 23, na Biblioteca de Oleiros, o ilustrador Manel Cráneo impartirá  "Obradoiros de iniciación ao debuxo", tamén para alumnado de 4º de primaria do CEIP Rabadeira


http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-21135.pdfO xoves 23, no Teatro As Torres de Santa Cruz, festa especial cun espectáculo interactivo de música, poesía, pintura e danza,  titulado “Hip Hop Poema Pop”  a cargo de Modestos Contos de Broadway, dirixido a alumnado de 5º de primaria do CEIP Rabadeira.

Tertulia literaria en Rialeda: 22 de abril (Grupo B)

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas/actividades/promo-lectura/tertulias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=36737&name=DLFE-21418.pdfNa Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comentario de "La invención de Morel" de Adolfo Bioy Casares.
Documentación
Obras de Adolfo Bioy Casares nas nosas bibliotecas.

A seguinte obra programada é "La firma de todas las cosas" de Elizabeth Gilbert.

Durante esta sesión celebraremos o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor/a. Para elo animamos aos/ás participantes a traer - a xeito de agasallo - libros (preferentemente non lidos) que serán repartidos entre tod@s seguindo o xogo do "amigo invisible". Cada participante deberá poñer en común o porqué da súa escolla.

20/4/15

Presentación do libro "Bibliotecarias e bibliotecarios "infames" na Biblioteca de Santa Cruz: 20 de abril

https://busc.wordpress.com/2014/09/08/falando-con-fran-redondo-sobre-bibliotecarias-e-bibliotecarios-infames/

Presenta o seu último libro "Bibliotecarias e bibliotecarios “infames”, o 20 de abril ás 18:00 horas na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz). Neste interesante título, Francisco X. Redondo Abal, fai un xusto exercicio de reparación da memoria de figuras da nosa cultura como Teresa Vaamonde, Luisa Cuesta, María Brey, Nicéforo Cocho, Ramón Iglesia, Juan Vicens, María Muñoz e Juana Capdevielle.