- Infantil (crianzas a partir de 6 anos):
Nuna sabe leer la mente, de Orit Gidali
Birabiro
A Nuna non lle gustou que no cole outro neno lle diga que ten pernas de flamenco. Por sorte, a súa mamá ten a solución: unhas lentes máxicas. A través delas, Nuna descobre que ás veces, as persoas non din o que pensan. Un conto divertido que nos anima a intentar resolver os conflitos cotiáns indo máis aló das simples aparencias e palabras.
- Mocidade e persoas adultas:
En la boca del lobo, de Elvira Lindo
Seix Barral
Versión dixital e Audiolibro en eBiblio
Julieta e a súa nai Guillermina chegan a pasar o verán en La Sabina. Dalí saíu Guillermina sendo moi nova, con apenas quince anos e agora volve para facerse cargo dunha pequena casa familiar que o seu único tío lle deixou en herdanza. Nese pobo da España baleirada, os segredos que esconden ambas sairán á luz, descubriremos como ás veces a infancia é demasiado vulnerable e que os lobos feroces de carne e óso están a axexar non só nos bosques.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
26/1/24
23/1/24
Ler para saber A CIENCIA 2024: charlas de divulgación científica na Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Realizamos unha nova programación de “Ler para saber A CIENCIA: charlas de divulgación científica” para os meses de febreiro a maio. Son seis charlas sobre temas científicos dirixidas a nenas e a nenos (a partir de 10 anos de idade), adolescentes e público en xeral, que terán lugar na Biblioteca Central Rialeda (Perillo), os venres 2 e 23 de febreiro, 15 de marzo, 19 de abril, 10 e 24 de maio, ás 18:30 horas.
Os obxectivos que se pretenden conseguir son achegar a ciencia a todas as persoas, ampliar os coñecementos sobre temas científicos de importancia na vida diaria, fomentar o coñecemento específico dunha materia determinada, dinamizar os fondos bibliográficos sobre estes temas, atraer á biblioteca a un público interesado pola ciencia e, en definitiva, fomentar a lectura e a consulta de libros que traten estas temáticas.
Programáronse charlas ou obradoiros sobre aspectos diferentes para atraer a un publico de gustos diversos e variados:
- 2 de febreiro
A ciencia na arte
Gemma Andújar Santos. Profesora de Educación Secundaria
- 1 de marzo
A importancia da conservación dos océanos
Sebastián Losada Figueiras. Ecoloxista e activista. Licenciado en Ciencias do Mar. Asesor de Greenpeace Internacional
- 15 de marzo
Construímos unha nave espacial
Alejandro Cardesín Moinelo. Enxeñeiro e científico de Misións Planetarias
- 19 de abril
O corazón: función, patoloxías e coidados
Enrique Iglesias Río. Cardiólogo no CHUAC e no Hospital San Rafael
- 10 de maio
Investigación sobre microalgas
Carmen Rioboo Blanco. Profesora de Microbioloxía na Universidade da Coruña
- 24 de maio
Arquitectura sostible: casa bioclimática e casa ecolóxica
Marcos Álvarez Montes e Susana Moriyón Romero. Arquitectos.
Desde a Biblioteca Central Rialeda invítase a todas as persoas que desexen asistir.
Publicado por
Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais do Concello de Oleiros
en
17:06
No hay comentarios:
Etiquetas:
Biblioteca Central Rialeda,
Ler para Saber
Tertulia literaria en Rialeda: mércores 24 xaneiro 2024 (Grupo A)
Biblioteca Central Rialeda. Perillo.
17:30 a 19:30 h.
Sesión moderada por Cecilia Monllor.
Comentario de "Volver la vista atrás" de Juan Gabriel Vásquez.
Documentación.
Ao remate da sesión entregaráse a seguinte lectura: "Lejos", de Rosa Ribas.
17:30 a 19:30 h.
Sesión moderada por Cecilia Monllor.
Comentario de "Volver la vista atrás" de Juan Gabriel Vásquez.
Documentación.
Ao remate da sesión entregaráse a seguinte lectura: "Lejos", de Rosa Ribas.
22/1/24
Tertulia literaria en Santa Cruz: martes 23 xaneiro 2024 (Grupo C)
Biblioteca e Centro de Documentación da Muller
"Rosalía de Castro". Santa Cruz
11 a 12:30 h.
Sesión moderada por Silvia Salgado.
Comentario de "Tierra desacostumbrada" de Jhumpa Lahiri.
Documentación.
Ao remate da sesión entregaráse a seguinte lectura: "República luminosa" de Andrés Barba.
"Rosalía de Castro". Santa Cruz
11 a 12:30 h.
Sesión moderada por Silvia Salgado.
Comentario de "Tierra desacostumbrada" de Jhumpa Lahiri.
Documentación.
Ao remate da sesión entregaráse a seguinte lectura: "República luminosa" de Andrés Barba.
Tertulia literaria en Santa Cruz: martes 23 xaneiro 2024 (Grupo A)
Biblioteca e Centro de Documentación da Muller
"Rosalía de Castro". Santa Cruz.
17:30 a 19 h.
"Rosalía de Castro". Santa Cruz.
17:30 a 19 h.
Sesión moderada por Cecilia Monllor.
Comentario de "La impaciencia del corazón" de Stefan Zweig.
Documentación.
Ao remate da sesión entregaráse a seguinte lectura: "La ley del menor" de Ian McEwan.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)