Na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro" de Santa Cruz.
De 18,30 a 20 horas.
- Comentario da obra "Todo cuanto amé" de Siri Hustvedt.
- Entrega de "A miña planta de laranxa lima" de José Mauro de Vasconcelos.
Obras de Siri Hustvedt nas bibliotecas do Concello de Oleiros.
Con esta sesión rematamos o 1º trimestre. Tra-la pausa de Nadal retomaráse a tertulia o luns 14 de xaneiro no horario habitual.
7/12/12
Recomendacións en Radioleiros: 7 de decembro
Supervivente das dúas últimas ediciós dos "Xogos da Fame", a Katniss Everdeen tócalle agora liderar o movemento revolucionario dos diferentes distritos de Panem contra a cruel tiranía do Capitolio.
Editado por Kailas
Con grandes doses de humor, Mo yan, vai novelando a vida dunha humilde familia chinesa ao longo do turbulento século XX, dende o imperialismo feudal da dinastía Qing ao comunismo.
A Mo Yan foille concedido o Premio Nobel de Literatura do ano 2012.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
Hora do conto: 12 e 14 de decembro
Aquí tes a programación da hora do conto de 12 e 14 de decembro. Todas as sesións darán comezo ás 18:30 horas.
Mércores 12 de decembro
CONTACONTOS: Marisa Irimia
TÍTULOS: Contos ás escuras: "Monstro, vasme comer?", "A estrela de mazapán"
Venres 14 de decembro
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULOS: “A lei do bosque iluminado”, “O gran baile”, “Engurras”
(AVISO: Os títulos programados poden sufrir variacións en función do público asistente)
5/12/12
Actos do Centenario Rialeda 1912-2012
Eis a programación dos actos para conmemorar o centenario de Rialeda e aos que estades convidadas/os (todos terán lugar na Biblioteca Central Rialeda, en Perillo):
- ACTIVIDADES INFANTÍS:
Todas as actividades para nenas e nenos serán ás 18:30 horas
Luns, 10 de decembro: Contacontos a cargo da actriz Soledad Felloza
“Ventá máxica”. Para menores de 4 anos.
Martes, 11 de decembro: Contacontos a cargo da actriz Paula Carballeira
“Contos para unha tarde de outono”. Para menores de 8 anos.
Xoves, 13 de decembro: Espectáculo de maxia a cargo do mago Chrystyan Magic
“Atrapado na torre”. Para nenas/os a partir de 10 anos.
Venres, 14 de decembro: Contos e cancións a cargo da Compañía Migallas
“Cantacontos”. Para nenas/os a partir de 8 anos.
- ACTIVIDADES PARA MOZAS/OS E ADULTAS/OS:
Mércores, 12 de decembro, ás 20 horas
Mesa redonda: Ángel García Seoane, alcalde de Oleiros; Henrique Seoane, arquitecto, coa presentación titulada “Rafael González Villar e a súa elegante arquitectura" e o escritor Manuel Rivas, co relatorio titulado “Resistencia erótica do libro”, e a actuación do Trío de Vento de Alumnos/as da Escola Municipal de Música do Concello de Oleiros.
3/12/12
Tertulia literaria en Rialeda: 5 de decembro (Grupo B)
Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.
Comentario da obra "Nada" de Carmen Laforet.
Documentación
Obras de Carmen Laforet nas nosas bibliotecas.
Entregaráse a obra "Os vellos non deben de namorarse" de Castelao.
Hora: 17,30 a 19,30 h.
Comentario da obra "Nada" de Carmen Laforet.
Documentación
Obras de Carmen Laforet nas nosas bibliotecas.
Entregaráse a obra "Os vellos non deben de namorarse" de Castelao.
2/12/12
Hora do conto: 4 e 5 de decembro
Aquí tes a programación da hora do conto de 4 e 5 de decembro. Todas as sesións darán comezo ás 18:30 horas.
Martes 4 de decembro
CONTACONTOS: Caxoto
TÍTULOS: Contos para un Nadal cheo de agasallos
Mércores 5 de decembro
CONTACONTOS: Rato Camifuco da Compañía do Trinke Trinke
TÍTULOS: Que traballo dan os pequenos!: “Un cuíño independente”, “Julieta estate quieta”
Mércores 5 de decembro
CONTACONTOS: Inés Cuadrado
TÍTULOS: O bosque máxico das palabras: “O conto de Tino”, “O temido inimigo”
(AVISO: Os títulos programados poden sufrir variacións en función do público asistente)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)