27/4/12

Recomendacións en Radioleiros: 27 de abril

- Infantil (de 12 anos en adiante):
"Oksa Pollock y el descubrimiento de Edefia" de Anne Plichota e Cendrine Wolf, en Planeta.
"Oksa Pollock sempre pensou que era unha rapaza de 13 anos coma outra calquera, non podía estar máis equivocada!"
- Mozos/as e adultos/as:
"Némesis" de Philip Roth, editado por Mondadori.
"Newark (EEUU), 1944. Bucky Cantor, profesor de deportes nunha escola de verán de barrio, asiste impotente aos estragos causados pola epidemia de "polio" entre o seu alumnado."

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

25/4/12

Ler para saber A CIENCIA: 27 de abril

Esperámoste na Biblioteca Central Rialeda (2º andar), o venres 27 de abril ás 18:30, para participar nesta actividade dirixida a nenos e nenas a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.

Xurxo Mariño Alfonso, profesor contratado da UDC, Departamento de Medicina. Investigador en Neurofisioloxía (Grupo Neurocom), divulgador e membro do Consello da Cultura Galega, e autor do libro "Po de estrelas: novas receitas científicas de Os dados do reloxeiro", falará nesta charla científica de “Unha viaxe á máquina da mente”.
Seleccionamos para ti libros e DVD para esta charla científica.



24/4/12

Biblioteca de Santa Cruz: Exposición bibliográfica sobre Agustín Fernández Paz

No Concello de Boborás fallouse onte a 27 edición do premio Antón Losada Diéguez que na modalidade de Creación Literaria recaeu na obra «Non hai noite tan longa», de Agustín Fernández Paz.
O xurado destacou que este traballo nos reconcilia coa nosa memoria.

Na modalidade Investigación e Ensaio resultou galardoada a obra «Anibal Otero. Lingüística e política», de Xesús Alonso Montero. O xurado valorou que esta obra rescata unha figura importante da cultura galega do pasado século. As dúas obras premiadas foron editadas por Xerais.
O premio consiste na entrega de 6.000 euros.

«Non hai noite tan longa», de Agustín Fernández Paz, recibe dous premios o mesmo día: o Lousada Diéguez á mellor obra de ficción de 2011 e o Irmandade do Libro ao mellor libro de 2011

Obras nas Bibliotecas de Oleiros

  • A cidade dos desexos, 1989 (novela juvenil)
  • As flores radiactivas, 1990 (novela juvenil)
  • Contos por palabras, 1991 (narrativa juvenil). Premio Lazarillo. Seleccionada por la Fundación Germán Sánchez Ruipérez como una de las cien mejores obras de la literatura infantil española del siglo XX.
  • Lonxe do mar, 1991 (narrativa juvenil)
  • O tesouro do dragón Smaug, 1993 (narrativa juvenil)
  • Raparigas, 1993 (narrativa juvenil)
  • Unha lúa na fiestra, 1994 (narrativa juvenil)
  • As tundas do corredor, 1993 (narrativa infantil)
  • Trece anos de Branca, 1994 (novela juvenil)
  • Cartas de inverno, 1995 (novela juvenil)
  • Amor dos quince anos, Marilyn, 1995 (novela juvenil)
  • O centro do labirinto, 1997 (novela juvenil)
  • A néboa escura, 1998 (narrativa infantil)
  • O laboratorio do doutor Nogueira, 1998 (novela juvenil)
  • Noite de voraces sombras, 2002 (novela juvenil)
  • Un tren cargado de misterios
  • Tres pasos polo misterio, 2004
  • A escola dos piratas, 2005 Premio Edebé de Literatura Infantil y Juvenil
  • Aire negro, 2006
  • Corredores de sombra, 2006 (Novela juvenil)
  • O único que queda é o amor, 2007 Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil
  • Lúa do Senegal, 2009
  • A dama da Luz, 2009 (Album realizado junto a Jorge Magutis)
  • Non hai noite tan longa, 2011

Tertulia literaria en Rialeda: mércores 25 de abril (Grupo B)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comentaráse a obra "Viajes con Heródoto" de Ryszard Kapuściński
Documentación
Obras de Ryszard Kapuściński nas nosas bibliotecas

Obradoiro de Creación Literaria na Biblioteca Central Rialeda (8ª sesión): martes 24 de abril

O día 24 de abril, ás 18.30 horas, na Biblioteca Central Rialeda, terá lugar a 8º sesión do Obradoiro de creación literaria impartido polo escritor e profesor Xavier Seoane
Está dirixido a mozas/os (a partir de 15 anos) e adultas/os, realizarase os martes e terá unha duración de dez sesións. 
As prazas son limitadas. É imprescindible inscribirse na biblioteca chamando ao teléfono 981 639 511 ou a través do correo electrónico biblioteca.rialeda@oleiros.org
Importante: esta actividade ten prezo público para as persoas non empadroadas no Concello de Oleiros.
É unha iniciativa da Concellería de Cultura de Oleiros e da Asociación de Escritores en Lingua Galega e con ela preténdese animar a escribir textos literarios mediante a manipulación de formas lingüísticas e a imitación de modelos expresivos da nosa tradición literaria, aos que podemos chegar mediante o xogo e a descuberta da nosa propia creatividade.

IMPORTANTE: A actividade realízase no 2º andar da biblioteca. Durante a mesma quedan fora de servizo os ordenadores da citada sala.

Biblioteca Central Rialeda ganou o premio Irmandade do Libro

A Biblioteca Central Rialeda ganou o premio Irmandade do Libro, na modalidade de Fomento da lectura, concedido pola Federación de Libreiros de Galicia.

O premio é unha escultura, dunha figura alegórica de bronce, realizada polo artista lucense Ismael López Fernández e foi entregado ao Alcalde, o sábado, día 21, na localidade de Lalín.

Ás Bibliotecas Municipais de Oleiros  xa lle concederan este premio no ano 1995, na modalidade de Institucións, e no ano 2009 na de fomento da lectura.

Este premio ten por obxecto premiar as actividades realizadas para a promoción e divulgación do libro e a lectura durante o ano 2011.

No apartado de Institucións recibiu o premio a Real Academia Galega, recoñeceron como libro do ano "Non hai noite tan longa" de Agustín Fernández Paz, mentres que Gonzalo Navaza levou o galardón ao mellor autor. A Mitoloxía de Galiza, de Vítor Vaqueiro foi recoñecida como obra editorial 2011, o CEIP Riomaior de Pontevedra na categoría de centros de ensino e a Libraría Cartabón de Vigo na de librarías.

Desde as Bibliotecas Municipais de Oleiros damos as grazas á Federación de Libreiros de Galicia polo premio e ao Xurado por valorar positivamente o noso proxecto de fomento da lectura.

Unha vez máis desexamos compartir este premio coas veciñas e veciños de Oleiros, coas persoas, institucións, entidades, asociacións e centros  educativos que colaboran coas bibliotecas, coas usuarias e usuarios que participan nas nosas actividades, a todas e todos expresámoslles o noso agradecemento. Grazas por facer posible que Oleiros sexa un referente a nivel de toda Galicia na promoción lectora cun servizo bibliotecario eficiente e de calidade.