15/5/20

#MesDasLetras 2020: Suxestións para moz@s e adult@s

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-32010.pdf 

 Neste atípico #MesDasLetras 2020 adicado ao polígrafo ferrolán Ricardo Carvalho Calero ofrecemos esta guía de lecturas para mozos/as e adultos/as con 24 suxestións que -agora sí- xa podes levar á casa. 

Lembra pedir cita previa por teléfono ou e-mail no teu Biblioleiros máis cercano, toma as túas precaucións e... achégate á biblioteca!

Recomendacións en Radioleiros: 15 maio 2020 #MesDasLetras

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/comunicacion/radio/podcast/todo-esta-nos-libros
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1472590&branch_group_limit_txt=Oleiros-Bibliotecas%20P%C3%BAblicas%20Municipais&branch_group_limit=multibranchlimit-OLE- Xuvenil:
"O caso do falso accidente" de Jordi Sierra i Fabra, en Galaxia.
Berta Mir terá que investigar o intento de asasinato do seu pai. Unha trama con varias persoas implicadas nos ambientes perigosos de Barcelona.
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1429666&branch_group_limit_txt=Oleiros-Bibliotecas%20P%C3%BAblicas%20Municipais&branch_group_limit=multibranchlimit-OLE


- Mozas-os e adultas-os:
"A crueldade de  abril" de Diego Ameixeiras, editado por Xerais.
Un incendio nunha casa abandonada ábrenos o mundo das-dos sen teito, persoas que viven nunha realidade escura e opresiva.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Abrimos a nosa fiestra á lectura compartida de textos de Carvalho Calero! #MesDasLetras

https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/letras-galegas-2020-ricardo-carvalho-calero-lectura-compartida-en-lina
A celebración das Letras Galegas dedicadas en 2020 a Ricardo Carvalho Calero vai ter unha morea de actividades en toda Galicia. As iniciativas sucédense a través da Rede e neste caso é o Gaiás Cidade da Cultura que fixo un convite para realizar unha peza audiovisual con textos do autor ferrolán. A Cidade da Cultura fai, cada 17 de maio, unha lectura participativa, que neste ano se celebrará no espazo virtual. 
Esta acción convidaba, a quen quixer, á gravación da lectura dun texto do escritor de Scórpio, de entre unha escolma realizada pola poeta Pilar Pallarés, recoñecida en 2019 co Premio Nacional de Poesía polo seu libro "Tempo Fósil". A escolla incluía textos de Carvalho Calero de poesía, teatro, ensaio ou narrativa. Con estas lecturas compartidas elaborarase un vídeo de creación colectiva que poderemos ver na web da Cidade da Cultura e as súas redes sociais (Facebook, Twitter, Instagram) o 17 de maio de 2020. Fonte: CidadeDaCultura
Podes consultar as obras dispoñibles nas Bibliotecas Municipais de Oleiros do autor homenaxeado nas Letras Galegas 2020, nesta ligazón. Xa sabes, para levar materiais en préstamo ou para facer devolucións, has de pedir cita previa.

14/5/20

A Biblioteca Virtual Galega ábrenos a súa fiestra! #MesDasLetras

https://carvalhocalero.lbd.org.es
A Biblioteca Virtual Galega (BVG), coa colaboración da Vicerreitoría de Estudantes, Participación e Empregabilidade da UDC, elaborou un Especial Día das Letras Galegas 2020, dedicado a Ricardo Carvalho Calero. Nesta magnífica web podemos encontrar información sobre a súa vida, obra, unha relación dos traballos dedicados á análise da súa produción, así como das iniciativas que se desenvolveron na honra do profesor ferrolán.
Presenta unha ampla escolma de textos que permiten a achega á súa produción literaria e ensaística. Dá tamén acceso a unha extensa galería de fotos e unha escolla de vídeos pendurados na Rede nos que podemos escoitar a súa voz ou a algunhas mostras das versións musicadas dos seus poemas. Sen dúbida, esta web monográfica axudaranos a coñecer a creación de Carvalho Calero así como para manter a memoria e difundir a obra do autor, entre outras obras, de novelas como Scórpio (a túa disposición nas Bibliotecas Municipais de Oleiros, lembra que con cita previa).
Fonte: Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega (ILLA)

13/5/20

As-os nenas-os abrimos a fiestra a... Carvalho Calero! #MesDasLetras

http://primaveradasletras.gal
Nenas-os, coñecede a vida de Ricardo Carvalho Calero, autor ao que a Real Academia Galega dedica o Día das Letras Galegas 2020 a través destes entretidos materiais!: descargables, actividades interactivas, debuxos para colorear, marcapáxinas ou chapas que poderás facer en homenaxe ao autor nacido en Ferrol a través da web da Real Academia Galega, que vos propón, ademáis, un concurso: "Contádenos o voso Día das Letras".
A RAG pon á vosa disposición estes formidables recursos para iniciar a que "para moitas e moitos de vós esta será a primeira das viaxes; para outras-os, as-os máis experimentados, unha continuación da aventura. Sexa como for, nesta nave collemos todos. Porque estades na Primavera das Letras, a base de lanzamento da celebración do Día das Letras Galegas da Real Academia Galega para as nenas e nenos que cursades infantil e primaria. Dende aquí espallamos o Día das Letras por todo o planeta, por toda a galaxia! Nesta singradura coñeceremos a vida e a obra de Ricardo Carballo Calero (Ferrol, 1910 – Santiago de Compostela, 1990). O autor é unha figura indispensable para coñecer a historia da lingua e da literatura de noso ao longo do século XX. Notable poeta, dramaturgo, narrador e ensaísta, publicou ademais manuais que aínda hoxe son unha referencia para as-os estudosas-os. Participou dende novo nos movementos políticos e culturais impulsados polo galeguismo, foi o primeiro catedrático universitario de Lingüística e Literatura Galega da historia e, xa na madurez, defendeu o achegamento do noso idioma ao portugués. Estes son só algúns apuntamentos rápidos da súa vida e obra. Para termos o carné de persoas exploradoras é indispensable completar a misión.
Pero todo iso será cando regresedes, cosmonautas. Agora xa non hai tempo… Comeza a conta atrás: cinco, catro, tres, dous, un…"
Imos aló!!!
Fonte: Real Academia Galega
#MesDasLetras

12/5/20

Grazas polo voso traballo, enfermeiras-os!!! Hoxe é o Día Internacional da Enfermaría!!!

https://theconversation.com/un-ano-atipico-para-celebrar-el-dia-internacional-de-la-enfermeria-138224
2020 é o Ano Internacional do Persoal de Enfermaría e Partería e hoxe 12 de maio é o Día Internacional da Enfermaría.
Enfermeiras e enfermeiros son a columna vertebral de todos os sistemas de saúde, desempregan unha función crucial na prestación dos servizos sanitarios, proporciónannos os coidados e técnicas de saúde necesarios para curarnos e realizan a educación sanitaria esencial para a prevención de enfermidades e a mellora da nosa saúde. En moitos casos, soen ser o primeiro e único elo de atención dispoñible nas súas comunidades. A fin de lograr a cobertura sanitaria universal, o mundo necesita que o persoal de enfermaría e partería aumente en 9 millóns. Nun día como hoxe pois,  recoñecemos e celebramos o inmenso labor do personal de enfermaría, poñendo de relevo as difíciles condicións de traballo que enfrontan nestes momentos. 
Hoxe ás 20:00 aplaudiremos, aínda máis alto, por ese gran colectivo de profesionais que traballan pola saúde de todas-os nós! 
Queremos recomendar dúas obras sobre Isabel Zendal, galega de Ordes, considerada pola OMS como a primeira enfermeira en misión internacional da Historia. "Novo mundo, Isabel Zendal na expedición da vacina" de El primo Ramón (Recomendado en Radioleiros) e "Os nenos da varíola" de María Solar, a túa disposición na Biblioteca Central Rialeda, lembra que con cita previa. En GaliciaLe, podes gozar da ironía e humor de "Suero de una noche de verano" de Enfermera saturada.
Ilustración deste post: Ignasi Blanch