5/6/15

Concerto e presentación do DVD “Viernes de cantautar": xoves 11 de xuño

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-21719.jpg
No Teatro As Torres de Santa Cruz, o xoves 11 de xuño ás 20 horas.
Espectáculo musical no que actuarán Carlos Colino, César de Centi, Xurxo Mares e Paris Joel.
Cancións que unen poesía, sentimento e palabras cunha mensaxe. Un espectáculo ao vivo, aberto e participativo.
Carlos Colino: o seu estilo persoal bebe directamente da Nova Trova Cubana. 
César de Centi: leva máis de 15 anos neste oficio revolucionando a escena local. 
Xurxo Mares: forma parte da historia da música galega como membro do Movemento Popular da Canción Galega. 
Paris Joel: técnico de son e locutor de Radioleiros, cantautor de vocación, con cancións cheas de vida e sentimento e unha música que engaiola.

A Asociación Cultural Viernes de Cantautar leva dous anos en funcionamento desde a súa constitución oficial pero moitos máis como colectivo independente de cantautores. A súa historia xurde cando un grupo de amigos cantores despois de facer unha exitosa homenaxe a Silvio Rodríguez na sala LaTuerka 27 d' A Coruña decide aunar esforzos para dar a coñecer o xénero da canción de autor en Galicia. Nese momento, amparados polo éxito desa homenaxe a Silvio Rodríguez, son chamados para ofrecer un concerto mensual na sala La Tuerka e outro na sala Bâbâ Bar de A Coruña, concertos onde tributan cancións aos grandes cantautores e onde tamén presentan as súas composicións. Desa actividade nace a idea de constituírse oficialmente como asociación e instalan a súa base de operacións definitiva na sala Bâbâ Bar e no Concello de Sada onde tamén ofrecen actividades mensuais coma as súas Sesións de Guitarra Aberta ou os seus Concertos de Ocasión onde, grazas a eles, trouxeron cantautores doutras latitudes como Cataluña, Cuba ou Colombia. É a única asociación de cantautores activa de toda Galicia e está a presentar o seu primeiro traballo, un DVD gravado en directo na sala Bâbâ Bar de A Coruña onde participaron 16 cantautores-as de distintas cidades galegas, un directo onde se pode apreciar, como son os seus espectáculos, sempre abertos e participativos. Un deuvedé cuxo obxectivo é levalo a todos os recunchos da xeografía galega para que se saiba que a canción de autor está máis viva ca nunca.

Presentación de "O punto de maduración" con Mª Luisa Abad en Santa Cruz: venres 12 de xuño

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-21668.pdf
Venres, 12 de xuño ás 18:30
Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz).
Luisa Abad, naceu en A Coruña e licenciouse en Pedagoxía pola Universidade de Barcelona. Mestra, profesora de Educación Infantil e Primaria e Secundaria durante 40 anos en A Coruña, Barcelona e Vigo. Foi asesora de Formación Permanente de Educación Infantil e de Coeducación durante nove anos no Centro de Formación Continuada do Profesorado de Vigo. Con posterioridade orientadora nos institutos Valentín Paz Andrade de Vigo e no Zalaeta d'A Coruña.
Unha vez xubilada decide asistir a obradoiros literarios con Dores Tembrás, Xavier Seoane, Yolanda Castaño e especialmente con Antía Otero. Con ela leva traballando catro cursos. Este é o seu primeiro poemario.


MJ Pérez é unha nova artista do panorama actual da música en galego. Compositora e intérprete dos seus propios temas, agora estrea o seu segundo álbum: “Guerrilleira”. Con pouco máis dun ano sobre as tablas, leva máis de 20 concertos ás súas costas. MJ foi finalista do “I Certame de música de Autor” do Concello de Teo e compartíu escenario con diversos artistas como Superoito, Mäbu, Silvia Penide ou Ivy Moon.
Tamén adoita estar presente en actos de carácter literario: MJ acompañou en varias ocasións a Mercedes Leobalde en diversas presentacións do seu poemario “Chamádeme Eva” e do seu libro “Funambulistas”.
A música de MJ está dispoñible no seu perfil de bandcamp (mjperez.bandcamp.com) e na súa canle de Youtube. Tamén podes seguila en Facebook (MJPerezmusic) ou en Twitter (@chamanmeMJ).

Tertulia literaria en Rialeda: 10 de xuño (Grupo A). Final da tempada 2014-2015

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas/actividades/promo-lectura/tertulias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-21726.pdfNa Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Atención: cambio de hora, de 18 a 20 h.

Comentario de "Cometas en el cielo" de Khaled Hosseini.
Documentación
Obras de Khaled Hosseini nas nosas bibliotecas.

Con esta sesión remata a tempada 2014-2015 na tertulia literaria en Rialeda. Queremos dar as grazas a todas as persoas que participaron nesta actividade ao longo destos 9 meses.

Recomendacións en Radioleiros: 5 de xuño

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/comunicacion/radio/podcast/todo-esta-nos-libros
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=3406- Infantil (nenas-os maiores de 8 anos):
"Mi tío Andy" de James Warhola, en Serres.
O autor do libro, James Warhola, sobriño do artista Andy Warhol, conta a visita que regularmente facía a súa familia,
desde Pittsburgh, de onde procedían, a Nova York, á casa do seu tío. Alí James, que xa daba os seus primeiros pasiños co debuxo, e os seus irmáns, descobren os obxectos cotiáns que serven de fonte de inspiración ao seu tío Andy, creador e impulsor do Pop-art, como as moreas de caixas de latas de sopa Campbell's, ou os retratos de Elvis e Marilyn, iconas que o fixeron famoso.
 

- Mozas-os e adultas-os:
"Onde o aire non era brisa" de María Victoria Moreno, editado por Galaxia.
O relato, traducido por Xavier Senín, está baseado nas experiencias dunha mestra nova, http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=88023 Elena que chega a unha vila de caciques, na Castela da década dos 60, na que terá que lidar coas conspiracións, a pobreza, o poder eclesiástico e político e o analfabetismo, unha vida dura para todas-os. O máis reconfortante para ela serán as relacións coas-cos poucas-os alumnas-os que asisten con certa regularidade á escola. Única novela escrita en castelán na xuventude da escritora, que despois fixo seu o idioma galego.
Este ano adícaselle o II Día das Galegas nas Letras, promovido pola Plataforma de crítica literaria A Sega.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

2/6/15

3 de xuño: Contacontos "La verdadera historia del lobo" por Jimena Manzano en Santa Cruz

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=116884Mércores 3 de xuño ás 18:30 h.
Biblioteca de Santa Cruz

Dirixido a nenas e nenos maiores de 3 anos. Entrada libre.

Despois de moitos anos pensando que o lobo de Carapuchiña Vermella era o malo, agora poderemos descubrir "que non todo é o que parece". Unha historia na que  coñeceremos as aventuras que sufriu o lobo, cun final inesperado.

A través da lectura de "La verdadera historia del lobo" as nenas e os nenos aprenderán a valorar diferentes opcións e a comprender que a veces hai outras posibilidades.

Tertulia literaria en Rialeda: 3 de xuño (Grupo B). Final da tempada 2014-2015.

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas/actividades/promo-lectura/tertulias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-21679.pdfNa Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comentario de "El ruido de las cosas al caer" de Juan Gabriel Vásquez.
Documentación
Obras de Juan Gabriel Vásquez nas nosas bibliotecas.

Con esta sesión remata a tempada 2014-2015 neste grupo da tertulia literaria en Rialeda. Queremos dar as grazas a todas as persoas que participaron nel ao longo destos 9 meses.