9/9/11

Recomendacións en Radioleiros: 9 de setembro

Libros recomendados o 9 de setembro:

- Infantil (para menores de 6 anos):

"Cantas pingas na cidade!", de Eva Montanari
Editado por OQO
Unhas pingas de auga debaten sobre se caer na cidade. Cando o deciden, percorren un itinerario visitando diferentes lugares e persoas.
Libro fundamentalmente visual cunha grande calidade estética e de edición. Moi pouco texto. A consellábel para que os pais o compartan co neno.

- Para mozos-as e adultos-as:

"Diario de un ama de casa desquiciada" de Sue Kaufman
Editado por Libros del Asteroide
Tina Balser é unha sofisticada ama de casa no Manhattan dos anos sesenta. Teóricamente ten todo canto pode desexar pero hai algo que non funciona.
Un libro que reflicte a infelicidade como a serie de televisión "Mad Men" e abriu un novo camiño na literatura norteamericana escrita por mulleres.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes escoitar en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

5/9/11

Unha oleirense soñadora

Ben sabido é que Oleiros é terra fértil en imaxinación, e así faino notar a nosa amiga Marisol Mejuto, unha oleirense soñadora como ela mesmo se considera. O seu relato "A terra que me inspira" foi seleccionado no concurso "Relatos de Verán" de La Voz de Galicia, sendo publicado nas dúas edicións, impresa e dixital.

Dende as Bibliotecas Municipais de Oleiros queremos felicitar e dar un pulo ás inquedanzas creadoras de Marisol, e animamos a todos e todas a apoiala como se merece participando nas votacións que podedes realizar a través dos cupóns que entrega o xornal.


"A terra que me inspira"

Unha leve brisa fai ondear os meus cabelos, o canto dun paxaro marabilla os meus oídos, a fragrancia das flores embriaga o meu olfato, a vista da posta de sol faime sentir libre, o lixeiro contacto da fina herba co cantil faime rir. Unha aura máxica envolve o ambiente, non deixa dúbidas, é a miña terra ... (segue lendo)